"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina e sistemas socioeconómicos baseados na constitución xerarquizada de asociacións profesionais (patronais e obreiras) para controlar os problemas económicos e laborais. Xurdiu en contra do individualismo do estado liberal e contra o sindicalismo de clases, inspirado nos gremios medievais e coa intención de evitar, coa intervención do Estado, a loita de clases. Promovido polo movemento social católico do s XIX (conde de Le Mun, La Tour du Pin e Ketteler, entre outros), reflectiuse nos documentos pontificios sobre a cuestión social, sobre todo de León XIII e Pío XI. Institucionalizouno o fascismo ao establecer unha correlación entre o estado fascista e o estado corporativo. No período de entreguerras desenvolveron esta tendencia Mussolini en Italia, Primo de Rivera en España e Dollfus en Austria. Trala Segunda Guerra Mundial, desenvolveuse en Portugal con Oliveira Salazar e nos primeiros quince anos da posguerra en España.
-
-
Doutrina que defende un sistema penitenciario e penal que pretende a corrección e a readaptación social do delincuente a través da educación en establecementos especializados.
-
Escola xurídico-penal liderada por Roeder. En España desenvolveuse no s XIX a través de Concepción Arenal.
-
-
-
Calidade de cosmopolita.
-
Teoría que considera o home como cidadán do mundo, sen distinción de razas nin nacionalidades. Esta liña de pensamento, que na civilización grega estivo presente nas escolas estoica e cínica, recolleuna o iluminismo, que predicaba a instauración dunha orde universal capaz de garantir a liberdade e o progreso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición literaria ou plástica de ambientes e personaxes, dunha maneira tipificada. Na literatura, as primeiras producións costumistas coinciden co inicio da expansión industrial, fenómeno ante o que adoptan unha actitude máis ou menos satírica ou crítica. Este movemento xurdiu no s XIX a partir do romanticismo, que engloba unha ampla variedade de textos breves, escritos en prosa ou verso e definidos pola súa temática relativa á descrición de personaxes típicos, costumes, ambientes, institucións, modos de ser ou usos, que pertencen normalmente á época do autor. Responden a distintos propósitos, que poden ser de tipo didáctico, satírico, humorístico, de reforma social ou moral, de evasión ou entretemento, etc. Adoitan construírse a partir da descrición directa, na que se intercalan breves diálogos exemplificadores do costume ou do medio de vida presentado, mentres que a acción se reduce ao mínimo ou mesmo desaparece. Combina elementos do relato breve e do ensaio, e na literatura española...
-
-
Sistema de crenzas desenvolvidas a partir dos textos bíblicos, sobre todo da Xénese, e relativas ao Universo, á vida e á humanidade, que se basea na existencia dun creador eterno. A tradición cristiá, dende Clemente de Alexandría, Oríxenes, Tertulio e Agostiño, recoñeceu a veracidade da Xénese e defendeu como válida a crenza de que Deus creou a materia ex nihilo (‘dende a nada’); que Deus creou primeiro a Terra e despois a Lúa, o sistema solar, as galaxias e todos os demais sistemas de estrelas; que creou os animais; que o home é o obxectivo de Deus na creación; que Deus formou o home de po da terra e, despois de soprarlle no nariz o alento da vida (a alma), tornouse persoa viva; e que Deus creou primeiro o home (Adán), e despois, a partir dunha costela, a muller (Eva). De acordo con eses principios esenciais desenvolveuse o fixismo e o catastrofismo, estableceuse unha cronoloxía da creación, e elaborouse unha Escala da Natureza na que as especies eran inmutables....
-
Movemento literario de vangarda xurdido na primeira metade do s XX. Os seus iniciadores foron Vicente Huidobro e Paul Reverdy, que se disputaron a súa paternidade. O seu pulo definitivo data da estancia de Huidobro en París en 1916, onde se relacionou coas diferentes propostas de vangarda e colaborou na revista Nord-Sud (1916-1918), fundada por Reverdy e voceiro das novas tendencias, xunto cos poetas Max Jacob e Guillaume Apollinaire,. Non obstante , Huidobro afirmou posteriormente no escrito Manifestos (1925) que traballara nel desde 1912. O nome da tendencia partiu, segundo Huidobro, dunha conferencia pronunciada no Ateneo de Bos Aires en 1916: “fue allí donde se me bautizó como creacionista, por haber dicho en mi conferencia que la primera condición del poeta es crear, la segunda, crear, y la tercera, crear”. A súa premisa fundamental é a consideración da creación artística con total independencia respecto dos modelos que ofrece a realidade, de xeito que o poema non imite o mundo, senón...
-
-
-
Enfermidade infantil provocada por unha deficiencia de tiroxina que ocasiona retardo mental e ananismo, entre outros efectos. Pode estar causado por unha ausencia conxénita de glándula tiroide, por defectos conxénitos na síntese da hormona ou por falta endémica de iodo na alimentación de determinadas poboacións. Tamén se denomina hipotiroidismo infantil.
-
Calidade ou modos de cretino.
-
-
-
Corrente literaria que reivindica as peculiaridades dos crioulos. O termo agrupou diversas correntes da literatura latinoamericana, pero o seu momento máis importante foi entre 1890 e 1910. Influíu en novelistas como Rivera, Icaza, Alegría e Asturias, ou nos sencillistas da poesía arxentina.
-
Palabra ou característica idiomática propia dun crioulo presente noutra lingua.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter das rexións onde a rede hidrográfica é case exclusivamente subterránea.
-
-
Aceite mesturado con bálsamo ou con calquera outra materia aromática, consagrado polo bispo na misa do Xoves Santo e empregado nalgúns sacramentos (bautismo e confirmación) e nas bendicións da consagración (altares, templos, etc).
-
Cabeza dunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de crismar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao crisma.
-
-
Unxir co crisma no sacramento do bautismo ou da confirmación.
-
Darlle golpes a alguén e deixarlle sinais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nicho situado preto da pía bautismal onde se gardaba o aceite para a unción despois do bautismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monograma do nome de Cristo formado polo enlazamento das dúas primeiras letras (X e P da palabra grega χριστός ‘unxido’). Ás veces presenta forma de cruz e adoita aparecer acompañado dun A e dun Ω. Gravado xa en moedas de Constantino dende o 315 e situado na parte superior do seu estandarte, foi motivo decorativo en sarcófagos e outros monumentos. Na Idade Media empregouse na escritura de documentos. No Museo Diocesano de Lugo consérvase o crismón de Quiroga.
-
-
Fe e doutrina que se inspira na revelación que Deus realizou en Cristo.
-
Conxunto de igrexas que se consideran a si mesmas como seguidoras de Xesús de Nazaret, ao que invocan como fundamento da súa confesión de fe.
Orixe do cristianismo
O cristianismo xurdiu historicamente no marco do xudaísmo, ao proclamar un reducido grupo de crentes a resurrección de Xesús de Nazaret (profeta acusado polas autoridades relixiosas hebreas e crucificado polos gobernadores romanos no s I) e identificalo co Mesías anunciado nas escrituras bíblicas. A súa ambivalente relación coa tradición do xudaísmo ata ese momento, é un dos trazos característicos e, simultaneamente, máis difíciles de definir do cristianismo. Coincidentes ambos nun estricto monoteísmo, diferéncianse radicalmente a partir das súas respectivas interpretacións do feito de Xesús e da súa comprensión de Deus. Así se manifestou no longo proceso de reflexión cristiá que levou á formulación do misterio trinitario, segundo o que Deus é un e trino, integrado por tres persoas que son o Pai,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento integrado por cristiáns (principalmente católicos), que cren compatible a súa fe coa teoría e a práctica marxistas, sen que iso signifique ningunha vinculación a un partido político determinado. Nacido en Chile, onde o movemento celebrou un congreso nacional en 1972, estendeuse logo a Arxentina, Perú, México e outros países de América Central. O movemento contribuíu á elaboración da teoloxía da liberación e finalmente, chegou a Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente teolóxica e actitude crente que insiste no lugar central de Cristo dentro da fe.
-
-
Corrente filosófica que considera a teoría ou crítica do coñecemento como condición de toda investigación filosófica.
-
Nome co que se denomina a teoría do coñecemento de Kant que estudia as formas a priori que fan posible o coñecemento.
-
-
-
Calidade de cromático.
-
Coloración anormal das estruturas vexetais que normalmente son verdes ou brancas.
-
Procedemento musical consistente na alteración nun semitón descendente ou ascendente dunha nota ou máis dunha escala diatónica. Pode presentarse tanto na harmonía como na melodía. Con Gesualdo e Monteverdi, conseguiu unha complexidade e unha riqueza comparables só á dalgúns compositores románticos, especialmente Wagner, Liszt e Strauss. Posteriormente, Schönberg deulles ás doce notas da escala cromática o mesmo valor; deste xeito, estableceu o total cromático, base do método dodecatónico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento e doutrina dos cuáqueros.