"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Montevideo a partir do 22 de febreiro de 1931. Subtitulouse “Semanario popular da colectividade galega no Uruguai”. Fundado por X. Silva Barros e A. San Román, contou coa colaboración de destacados intelectuais e escritores galegos. Incluíu artigos sobre literatura hispanoamericana, teatro e información xeral de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada dende 1995 polo Centro Galego de Lisboa “Xuventude da Galiza”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter sindicalista editada a partir de setembro de 1968. Subtitulouse “Órgano das Comisións Obreiras”. Tentou ser un instrumento de comunicación para os traballadores no que se promovía a oposición ao réxime franquista e ao capitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter político aparecida na Coruña a partir de 1977. Editada inicialmente polo Partido do Traballo de España e órgano do comité nacional de Galicia, co tempo pasou a depender do Partido do Traballo de Galicia. Dirixida por Xosé A. Caramés, a partir de abril de 1977 ocupou ese cargo Xosé L. Burgos. Incluíu artigos referidos aos problemas económicos e políticos de Galicia, así como referencias á universidade galega e temas de carácter social. No seu interior, inseriu un informe referido a diversos sectores económicos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de TVE Internacional que comezou a súa emisión en xuño de 1993, o máis antigo de todos os programas en antena. Emítese os sábados por La 2, de TVE, en desconexión para Galicia, e os domingos por TVE-Canal América e TVE Internacional-Europa para o resto do mundo. Cun formato magazine, mestura entrevistas e reportaxes onde se tenta reflitir a riqueza paisaxística, gastronómica, lúdica e histórica de Galicia. Ademais, inclúe espacios dedicados á industria, á innovación empresarial e á cultura de Galicia, cos que se tenta achegar a realidade galega a todas as comunidades de emigrantes galegos espallados polo mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -Romero en Mondoñedo. Foi a substituta de El Eco de Puentedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario editado en Vilalba a partir de 1916. Cesou a súa edición en 1918. Subtitulouse “Revista pintoresca ilustrada” e contiña información sobre agricultura, turismo, socioloxía, arte e literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado en Vigo a finais do s XX e subtitulado “Revista del Ilustre Colegio Oficial de Químicos y de la AT de la ANQUE de Galicia”. Dirixida por F. J. Rey Losada, o seu comité de redacción estaba conformado por A. Astray, M. Canitrot, A. García, J. A. Gómez e M. C. Valdés. Ademais de información interna do propio colexio e outra relativa a congresos, cursos e seminarios do sector, incluíu artigos técnicos, referencias a personaxes históricos e bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Pontevedra a partir de 1931. Cesou probablemente en xullo de 1933. Subtitulouse “Órgano del Partido Republicano Radical de la provincia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de tendencia católica editada en Pontevedra a partir do 2 de febreiro de 1890. Entre novembro de 1891 e marzo de 1892 sufriu unha pequena interrupción. Cesou probablemente o 26 de novembro de 1892. Subtitulouse “Semanario popular-Utile et Dulce”. Dirixiuna Hipólito Codesido Sánchez e imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos herdeiros de Madrigal. Incluíu información de actualidade, agás política, xunto con retratos de persoeiros públicos, poemas e textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter político editada a partir de outubro de 1977. Subtitulouse “Sindicato Nacional de CC OO de Galicia”. Dirixida por Xesús Abuín Redondo e Leonardo Baltanás, incluíu información sobre reivindicacións, congresos e aspectos laborais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia católica editado en Vigo a partir do 10 de xaneiro de 1919. Cesou probablemente o 3 de febreiro de 1968 (nº 2.636). Subtitulouse “Publicación semanal. Órgano de las instituciones sociales y sindicatos católicos de la diócesis de Tuy”. Dirixírona F. Castro Ferrer, ata 1922, e Victoriano Ballesteros. Ademais dos contidos relixiosos, promocionou o turismo en Galicia e ofreceu información deportiva. Dende agosto de 1936 apoiou o réxime franquista. No apartado literario, cómpre salientar algunhas poesías relixiosas e contos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia conservadora editada en Mondoñedo a partir de xullo de 1930. Subtitulouse “Revista mensual. De la Unión Regional de Federaciones de Sindicatos Agrícolas”. Dirixiuna Antonio Maseda Bouso. Incluíu información referida á agricultura, sobre todo coñecementos útiles e aspectos técnicos, e datos sobre o traballo desenvolvido polas federacións adscritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter político editada a partir de xuño de 1969. Subtitulouse “Voceiro do Partido Socialista Galego”. En 1976 comezou unha segunda época, na que tivo dúas etapas diferenciadas; a primeira, na clandestinidade, vai ata maio de 1977 (nº 7), e a segunda dende xuño de 1977, que coincidiu coa legalización do partido. Ademais de información política e de actualidade, incluíu temas culturais e técnicos. Realizou as súas reivindicacións dende unha óptica socialista e nacionalista. Nalgúns dos seus números fíxose eco da polémica que suscitou a inclusión do partido no PSdeG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado na Coruña a partir do 29 de xullo de 1907. Cesou a súa edición en decembro de 1908. Exerceu como voceiro do sector republicano e esquerdista de Solidaridad Gallega. Dirixiuno Xosé Rodríguez Martínez. Ademais da información política, incluíu numerosas poesías de destacados autores galegos e o Catecismo solidario, un documento reivindicativo na liña do Catecismo do Labrego de Lamas Carvajal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario deportivo ilustrado editado en Vigo a partir do 8 de decembro de 1918. Cesou a súa edición en 1919. Dirixiuno Manuel Bezares e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Concordia. Incluíu, ademais de información deportiva, en especial a dedicada ao fútbol, notas de actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual deportiva editada en Vigo a partir de abril de 1991. Editada por Pro-Racquets SL, actuou como máximo responsable Fernando Rey Tapias. Incluíu, ademais de reportaxes sobre tenis, baloncesto, ciclismo, automobilismo e fútbol, entrevistas, noticias e artigos de opinión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Vigo a partir do 2 de marzo de 1990. Editado por Public Print, da súa dirección encargábase Mª Isabel Alambiaga Iseli. Subtitulouse nos seus comezos “Semanario independiente del sur de Galicia” e posteriormente “Vanguardia de una época”. Incluíu información de actualidade, novas culturais sobre arte rupestre, pintura e teatro, e artigos onde se trataban temas relacionados coa ecoloxía, a educación, a saúde, o motor, os deportes e a música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir dos anos sesenta do s XX. Subtitulouse “Revista anual de turismo” e dende 1984 “Publicación de la Consellería de Turismo, Juventud y Deportes en colaboración con CEHOSGA”. Dirixido por José L. Dorrego, dende 1984 ocupou o cargo Ezequiel Pérez Montes. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Ideal Gallego. Incluíu información sobre turismo, museos e gastronomía, ademais dunha guía de cámpings e hoteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de información xeral e cultural editada en Ourense a partir do 15 de xullo de 1984. Cesou a súa edición en maio de 1987. Editada por Aurea de Comunicaciones, foi dirixida sucesivamente por Roberto Cid e Manuel Montes. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región e tiña unha tiraxe de 22.000 exemplares. Ademais da información de actualidade, incluíu artigos sobre política, economía, sociedade, cultura e deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO