"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • PERSOEIRO

    Erudito e historiador. Relixioso agostiño, publicou obras de teoloxía escolástica. No eido da historia concebiu La España Sagrada, obra da que escribiu os primeiros volumes. Tamén publicou, entre outras obras, Viaje de Ambrosio de Morales por orden de Felipe II... (1765) e Memoria de las reinas católicas; historia genealógica de la casa real de Castilla y León (1761).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta colombiano. Lírico posromántico. Da súa produción destacan Horas (1893), Cardos y Lirios (1905), Fronda lírica (1908) e a póstuma Oro y ébano (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘flor’. Ex: floricultor, floricultura. Tamén se emprega como sufixo coa forma floro-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín Florianus, derivado de Florius e este de Floro, masculino de Flora. Presenta a variante Floriano. San Floriano, mártir no 304 en Lauriacum (actual Lorch, Austria). A súa festividade celébrase o 4 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo Florián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (276), irmán do Emperador Tácito. Foi prefecto do pretorio co seu irmán e sucedeuno no trono. Derrotado en Tapso polas tropas de Probo, morreu asasinado polos seus soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Santa Catarina, Brasil, na costa oriental da illa de Santa Catarina, no Atlántico (254.994 h [1991]. Exporta os produtos das súas terras e ten industria azucreira e de conservas. Fundada en 1675 por Francisco Dias Velho co nome de Nossa Senhora do Desterro, converteuse en 1726 en vila. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o edificio da antiga Aduana e as igrexas de São Sebastião, Nossa Senhora da Conceição e Nossa Senhora da Lapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que habita nas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á floricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da horticultura que trata do cultivo das plantas para a obtención de flores destinadas, sobre todo, á ornamentación. Ocúpase de aspectos diversos, como o estudo das condicións climáticas e edáficas óptimas para o desenvolvemento de cada unha das especies, o coñecemento das enfermidades máis frecuentes e os métodos de prevención e curación, o melloramento das variedades xa existentes e a obtención doutras novas, etc. Os problemas cos que se atopa o floricultor son moi numerosos. En primeiro lugar, cómpre conseguir reunir nunha mesma variedade as características máis apreciadas que presentan variedades diversas, como o tamaño da flor, a variedade dos pétalos, ou a máxima conservación das flores xa cortadas. Tamén é conveniente dispoñer de variedades que permitan prover o mercado durante unha temporada longa, para isto son moi apreciadas as plantas que florecen gradualmente ou aquelas nas que é factible a indución artificial da floración. A causa das variacións climatolóxicas estacionais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península do SL de América do Norte, situada á beira do Océano Atlántico, separada de Cuba e das Bahamas polo canal homónimo. É unha plataforma cárstica recuberta de sedimentos cretáceos, cuns sectores deprimidos invadidos polas augas freáticas. O litoral atlántico é rectilíneo, regularizado por dunas e cordóns litorais. O golfo é máis abrupto e ten algúns portos naturais, como Charlotte Bay e Tampa Bay. Administrativamente, está comprendida dentro do estado de Florida. Descuberta por Vicente Yáñez Pinzón e A. Vespucci en 1498, Juan Ponce de León tomou posesión dela para Castela no 1513. Despois dos fracasos na conquista das expedicións de Pánfilo de Narváez (1528) e Hernando de Soto (1539-1540), Pedro Menéndez de Áviles fundou a cidade de San Agustín (1565) e marcou o comezo da ocupación efectiva. Dende o s XVII foi fortificada para protexela dos indios do interior e combater os piratas do golfo de México. Cedida ao Reino Unido en 1763, foi devolta a España pola Paz de Versailles (1783)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Urugüay (10.417 km2; 68.257 h [1996]). A capital é Florida (28.560 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado dos EE UU, situado entre o Atlántico, ao L, e o golfo de México, ao O, e os estados de Georgia e Alabama, ao N (151.939 km2; 15.982.378 h [2000]). A capital é Tallahassee. Comprende a totalidade da península de Florida e mais un sector continental que forma parte da chaira aluvial do golfo de México. O clima é semitropical, máis suave ao N, e con chuvias de verán, acompañadas de tifóns. A vexetación dominante é o bosque, de caducifolias ao N e de especies tropicais ao S. A poboación concéntrase nas costas, especialmente na oriental. As principais aglomeracións son Miami, Tampa, San Petersburgo, Jacksonville e Port Lauderdale. A economía ten como ingreso principal o turismo, especialmente interior. A produción agrícola ocupa un lugar destacado no total dos EE UU. En canto á industria destacan a extracción de fosfatos e as industrias alimentaria, química, de confección e aeroespacial (Cabo Kennedy).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia urbana do concello de Vigo baixo a advocación de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sanxenxo. Pertenceu aos señores do pazo da Torre de Miraflores, aos duques de Terranava e aos marqueses de Llanos. Ten planta rectangular con baixo e piso. Na fachada L destaca unha escaleira que conduce a unha galería arquitrabada, que na parte baixa forma un soportal con tres arcos. Está rodeada por un muro de pedra con dous portais de acceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Camos (Nigrán). Ten planta en escuadro con baixo e piso. Conserva unha escaleira con patín. Na fachada destaca o escudo coas armas dos Troncoso e Soutomaior. Ten un portón arquitrabado con ameas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que comunica o golfo de México co Atlántico, situado entre a península de Florida, nos EE UU, e as illas de Cuba e das Bahamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Censo de Floridablanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título señorial concedido en 1773 a José Moñino y Redondo. En 1809 engadíuselle a grandeza de España en favor de María Vicenta Moñino y Pontejos, quen, ao herdar o marquesado de Casa Pontejos, cedeulle o condado ao seu sobriño José María de Castillejo y Moñino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Moniño y Redondo.

    VER O DETALLE DO TERMO