"Manu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • PERSOEIRO

    Poeta grego. É autor dunha descrición dunha peste que asolou a illa de Rodas entre 1448-1450 e dunha versión da lenda de Belisario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Elixido concelleiro pola Coruña nas eleccións municipais de 1931, foi alcalde da cidade entre 1932-1933. Nas eleccións xerais de 1933 elixírono deputado pola Coruña polo Partido Republicano Gallego e foi nomeado fiscal xeral da República, en xaneiro de 1936. Tralo franquismo retomou a actividade política como senador na lexislatura constituínte pola Candidatura Democrática Galega, pasando a mediados da lexislatura ás filas da UCD, agrupación pola que foi senador durante a I lexislatura, e por Coalición Popular na III. No Parlamento galego foi deputado pola Coruña na I lexislatura por UCD e durante parte da II por Coalición Popular. No campo empresarial ocupou diversos cargos como presidente de Frigoríficos del Noroeste SA e secretario xeral de Industria Ballenera Española SA. Foi presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e foi condecorado coa Legión de Honor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xondo, realizou unha obra desde o surrealismo ata a desnaturalización. Destacan entre outras, Elementos e Arca de Noé. Tamén fixo retratos de embaixadores e artistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. É licenciado en Ciencias da Información. Redactor de Faro de Vigo, publicou, entre outras obras, Cierto olor a cuerno quemado (1967), Asreveiv (1976), Pensamiento de Mi-Au (1979), Retorno a Panolilandia (1980) Inédito-2 (1982) e Os cabalos de troula (1990?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Dirixente do PNV, foi elixido deputado en 1936. Durante a Guerra Civil foi ministro dos gobernos de F. Largo Caballero (setembro 1936-maio 1937) e de J. Negrín (maio 1937-agosto 1938), e dimitiu como protesta pola persecución de que foron obxecto os militantes do POUM. Ocupou diversos cargos no goberno republicano no exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De formación autodidacta, reside en Vigo desde 1971. Comezou cunha linguaxe figurativa que evolucionou cara ao surrealismo, o expresionismo, a abstracción e a abstracción xeométrica. Traballou o óleo, a acuarela, o acrílico, os pigmentos naturais e as colaxes. Na década de 1990 comezou a realización de móbiles interactivos, nos que o espectador intervén de forma directa na obra. Realizou exposición individuais en Vigo, La Rioja, Zamora e Madrid e participou en numerosas colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador gráfico e fotógrafo. Provinte do ámbito teórico da semioloxía, do cine e da fotografía, en 1978 fundou o primeiro estudo profesional de deseño en Galicia. Profesor de imaxe no colexio Martín Códax, foi membro da comisión de Deseño do Consello da Cultura Galega. Integrante dos consellos de redacción da Revista Galega de Educación e La Pizarra, publicou Primera edad e Poemas sobreros. Ademais, é autor da campaña “Fálalle Galego”, realizada pola Xunta de Galicia (1984) e das imaxes corporativas das editoriais Galaxia e Gredos, da Real Academia Galega e da Fundación Carlos Casares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Doutor en Dereito (1953), despois dun breve período como ministro de Traballo (1977-1978) foi nomeado embaixador de España ante a OIT en Xenebra. Membro do Tribunal Constitucional desde 1995, en 2001 foi designado presidente do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Presidente fundador de FADESA. Exerceu como presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña, e foi membro do comité executivo da Asociación Nacional de Promotores de España, membro do comité organizador de Barcelona Meeting Point e membro do comité organizador do Salón Inmobiliario de Madrid. Conseguiu situar a FADESA entre as principais inmobiliarias de España. En 2001 foi galardoado co premio ao mellor Empresario Inmobiliario Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Sobriño de Afonso X o Sabio, entregouse ás letras, ás armas e á política. Deulle un pulo decisivo á prosa en castelá. Destacan as súas obras Libro del cavallero et del escudero, Libro de la caza, Libro de los estados e, sobre todo, Libro de los enxiemplos del Conde Lucanor et de Patronio, un conxunto de 51 apólogos de intencionalidade didáctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Pasou toda a vida na súa cidade natal, onde estudiou e foi catedrático na súa universidade. Atraído pola teoloxía, a matemática e a física de Newton, na súa primeira época (1747-1770) dedicouse aos problemas das ciencias, en relación cos sistemas de Leibniz e Wolff, e elaborou unha teoría sobre a orixe do sistema solar, a teoría de Kant-Laplace. A disertación De mundi sensibilis atque intelligibilis forma et principiis (1770) puxo fin a este período e iniciou unha nova etapa, que se estendeu ata 1780, caracterizada pola ausencia de publicacións. En 1781 iniciouse o período crítico, no que elaborou o seu sistema, o idealismo transcendental, que expuso nas súas obras principais: Kritik der reinen Vernunft (Crítica da razón pura, 1781 e 1787), Prolegomena zu einer jeden künftigen Metaphysik (Prolegómenos a calquera metafísica futura, 1783), Kritik der praktischen Vernunft (Crítica da razón práctica, 1788), Kritik der...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Burgo de Osma (1909-1916) e Tui (1916-1923), e arcebispo de Santiago de Compostela (1924-1925). Doutor en Teoloxía, foi membro da Xunta Rexionalista de Tui e participou nos Xogos Florais celebrados en 1891. Posuía unha boa formación clásica e interese pola investigación histórica e a paleografía. Foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Escribiu Calabazas e El nombre de Jesús. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filatélico. Dedicouse á investigación da historia postal de Galicia e xuntou coleccións galardoadas en numerosas exposicións e campionatos internacionais. Membro fundador e bibliotecario da Federación Española de Sociedades Filatélicas, socio fundador, secretario e presidente do Grupo Filatélico de Vigo, foi presidente do Club Filatélico y Numismático El Castro. Escribiu Prefilatelia de Vigo 1716-1849: apuntes históricos postales (1995), Numismática y medallística de Vigo (1997?) e Carlos Gardel, entorno histórico y filatélico (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e botánico. Realizou varios traballos sobre a flora, especialmente a de Galicia, que apareceron en diversas publicacións especializadas. Destacan os seus traballos “Adiciones a la Flora de Galicia” (1952), “Las ciencias” (1954) e os fascículos de “Aportaciones al conocimiento de la flora gallega” (1955-1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. En 1973 participou na mostra de pintura ao aire libre da praza da Princesa en Vigo e ao ano seguinte presentou a súa primeira exposición individual. En 1980 integrouse en Atlántica. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e do concello de Lalín (1976-1978) e do ministerio de Cultura (1980-1981). A súa obra evolucionou dunha figuración expresionista, con personaxes nacidos da tradición galega, a un informalismo que se caracteriza polos grandes espacios negros e pola estrutura xeométrica no que se interesou pola superficie e a textura pictórica e nas que desapareceu toda referencia á figuración para acadar o protagonismo a materia. Desde os seus inicios utilizou como soporte distintos materiais como o cartón, as táboas, as caixas de madeira ou materiais de refugallo. Destacan, entre outras, as series Letanías (1988-1991), Gracias vagabundas (1992-1993), Eidos de Rosalía (1996-1997) e Milonga (2001). Participou en diversas convocatorias de ARCO...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrado. Bacharel en Artes e Teoloxía, foi profesor suplente das cátedras de Teoloxía, Matemáticas e Física en Santiago de Compostela. Exerceu como mestre na Escola Eclesial compostelá de San Filipe Neri, informador do Santo Oficio durante o sexenio absolutista e párroco das parroquias de San Xoán Bautista, San Fructuoso e Santa Susana (1812-1831). En 1789 creou en Santiago de Compostela unha pupilaxe para nenos distinguidos. Escribiu Plan y Método de Educación (1799).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse co seu avó, o pintor Filipe Bolaño, e traballou como policromador con Xosé Ferreiro. Destacou no dominio do debuxo. Entre as súas obras destacan as pinturas das portas da antesancristía de San Martiño Pinario, nas que representou as armas da Congregación de Valladolid e as alegorías da temperanza e a Igrexa triunfante, inspiradas en modelos italianos. Realizou tamén Xesús camiño do Calvario e Erección da cruz, situados no retablo maior da capela de San Froitoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo portugués. Investigador na área de literatura medieval, destacan os seus estudios sobre a lírica galego-portuguesa. Foi un dos fundadores do Centro de Estudos Filológicos (1932), o actual CLUL. Publicou A Cultura Moral e o Ensino da Lingua Francesa (1921), a súa tese Das origens da poesía lírica em Portugal na Idade Média (1929), obra na que defende a tese litúrxica como orixe do lirismo románico, e Lições de Literatura Portuguesa. Época medieval (1934), e en 1940 elaborou as antoloxías Crestomatia Arcaica e D. Duarte e os Prosadores da Casa de Aviz. É autor tamén de Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses (1965), cunha segunda reedición en 1970 á que lle engadiu materiais procedentes doutras edicións monográficas e tres cantigas; do estudo “A recuperação literária do galego” (1973), considerado fundacional na defensa da asunción do portugués como lingua culta dos galegos; e de Estudos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor. Despois da Guerra Civil (1936-1939) instalouse en Barcelona, onde levou a cabo o seu labor editorial. Fundou a Editorial Planeta en 1949, que publica preferentemente obras de autores en lingua castelá, e en 1952, instituíu o Premio Planeta, un dos máis importantes do mundo da literatura castelá. Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito Cultural da Deputación de Barcelona e a Creu de San Jordi da Generalitat de Catalunya (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1995), iniciou a súa formación na Escola de Artes Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e co pintor Fernando Artal. Ampliou a súa formación no ámbito do deseño. Realizou unha obra de carácter conceptual e informalista que mostra o seu interese pola xeometría. Realizou as ilustracións de A casa da madriña (1993), de L. Bojunga. Participou, entre outras, na Bienal Caricatura Galega (Ourense, 1991) e na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra e no Salón de Outono da Coruña (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO