"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede de Martinus ‘relativo ou dedicado a Marte’, nome romano derivado de Marte ‘deus Marte’. Presenta a variante Martín, forma proclítica na Idade Media. Dos hipocorísticos da forma masculina destacan Tiño, Tiñolo e Martiñoco. Deu lugar aos apelidos patronímicos Martínez, Martíns, Martís e Martín. Con este nome destacan san Martiño de Tours, que se celebra o 11 de novembro; san Martiño de Dumio, apóstolo dos suevos de Galicia, celebrado o 20 de marzo; e santa Martiña de Roma, que se celebra o 30 de xaneiro.
-
GALICIA
Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en pediatría e medicina intensiva. Foi xefe do servizo de Críticos, Intermedios e Urxencias Pediátricas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e membro fundador da European Society of Pedriatic Intensive Care.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro. Abandonou o convento franciscano de Szászvár e viaxou a París, onde se adheriu ás ideas democráticas de Jean-Jacques Rousseau. Membro dos Xacobinos Húngaros, organizou unha conxuración para derrocar o absolutismo en Hungría. Detido en Viena (1794), foi decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Foi impulsor do coñecemento da cultura castrexa coas escavacións da citania de Briteiros, comezadas en 1874. Da súa produción destacan Os gregos no noroeste da Ibéria (1876) e Os lusitanos (1880) e na súa honra fundouse, en 1881, o museo que leva o seu nome en Guimarães.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Deputado e ministro de Facenda (1892), escribiu obras de socioloxía, economía e historia. Destacan Os Lusíadas. Ensaio sobre Camões e a sua Obra, em relação à Sociedade Portuguesa e ao Movimento da Renascença (1872), A Teoria do Socialismo, Evolução Política e Económica das Sociedades da Europa (1872), História de Portugal (1879) e Os filhos de D. João I (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre e escritor portugués. Especialista en literatura medieval, os seus estudios centráronse no home, nas súas relacións e vivencias e na procura de establecer conexións entre o individuo da Idade Media e o de épocas anteriores e posteriores. Da súa produción destacan Correntes da Filosofía Religiosa em Braga nos séculos IV-VII (1950), Estudos de Literatura Medieval (1956) e a triloxía Estudos de Cultura Medieval (1969, 1980 e 1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e poeta sueco. Describiu as experiencias dunha infancia difícil en Nässlorna blomma (As ortigas florecen, 1935) e despois dunha viaxe por Brasil e India comezou a elaborar libros de poemas como Nomad (Nómade, 1931) e Aniara (1956). Tamén fixo obras en prosa, das que destaca Resor utan mål (Viaxe sen fin, 1932). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1974), xunto con E. Johnson.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor checo. Realizou obras na liña de Dvořák e dos impresionistas franceses, e frecuentou o grupo dos Seis. Deixou compostas unhas 400 obras de todos os xéneros instrumentais, vocais e teatrais, como La bagarre (1927) e Rhapsody concerto (1953). Da súa produción destacan óperas, como Julietta (1938) e Griechische Passion (A paixón grega, 1961) composicións radiofónicas e televisivas, sinfonías e bandas sonoras para películas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro. Foi conselleiro do rei de Hungría Jan Zápolya, que o nomeou bispo de Nagyvárad e titor e ministro do seu fillo Xoán Sexismundo (1540). Designado cardeal, tentou desenvolver unha política de compromiso cos turcos, o que provocou o seu asasinato.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi un dos fundadores da revista de vangarda Hèlix (1929) e de Destino. Coñeceu en París a Breton, e foi un dos introdutores do surrealismo na Península. Publicou Guía de Roma e itinerarios de Italia (1950) e Antología poética de Ausias March (1981). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Galeguista. En 1922 emigrou a Bos Aires onde foi o secretario da Organización Republicana Nacionalista Autónoma Galega, que se converteu na delegación do Partido Galeguista en Arxentina. Participou na fundación do xornal España Republicana e tivo unha columna chamada Rataplán, onde asinaba co pseudónimo Tatarí. Foi un activo participante das Irmandades Galegas. Participou na creación de Galeuzca, no Congreso da Emigración Galega (Bos Aires, 1956) e foi cofundador e presidente do Patronato da Cultura Galega (1968). Recibiu a Medalla Castelao (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, marqués de Melgar. Ao estoupar a Terceira Guerra Carlista (1872-1876), incorporouse ao bando do pretendente ao trono Carlos María das Dores de Borbón e de Austria-Leste, de quen foi secretario entre 1880 e 1900. Escribiu Veinte años con don Carlos (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Foi director xeral do Instituto Social de la Marina (1983-1987), director xeral do Instituto Nacional de la Seguridad Social (1987-1993), conselleiro da Organización Iberoamericana de la Seguridad Social (1986-1993) e secretario de estado para as Administracións Públicas (1994-1995). Foi deputado por Pontevedra no Congreso polo PSOE (1993-1996) e dirixiu as revistas Mar e Noray.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cartógrafo e urbanista. Da súa produción destacan Cartografía de Galicia 1522-1900, Evolución de la morfología urbana de Pontevedra hasta 1900 e Cadernos de Educación Ambiental.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada na Mezquita. Este templo pode corresponderse coa antiga capela do pazo de San Martiño, pola existencia de dous escudos de armas que loce na fachada. Ten unha soa nave e no interior destaca o retablo neoclásico de X. A. Ferreiro. A fachada, tamén neoclásica, acolle a porta flanqueada por columnas acaroadas baixo tímpano. O campanario, austero nas formas, compón o terceiro corpo da fachada construído en cantaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Moaña. A edificación primitiva era de estilo románico (s XII), pero foi reformada no s XVIII. Con planta de cruz latina, da primitiva fábrica consérvase a nave principal e a fachada occidental que presenta arquivoltas semicirculares que cinguen o tímpano co baixorrelevo de san Martiño. Sobre o conxunto destaca un topete apoiado en dúas esveltas columnas e nunha fileira de canzorros. A torre, situada no ángulo, é de estilo barroco (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Melide. Construída en estilo románico (finais s XII-comenzos s XIII), presenta unha nave única rectangular e capela cadrada na cabeceira, á que se accede a través dun arco de medio punto. A portada principal leva tripla arquivolta e tímpano historiado, con labra moi tosca en dous planos, técnica que se repite na portada do lateral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor dinamarqués. Marcou a transición entre o romanticismo e o realismo poético no seu país. Fixo traducións de Homero, escribiu algúns poemas épicos e a novela En Dansk students eventyr (Aventura dun estudante dinamarqués, 1893)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto monástico situado en Foz. A súa orixe non se coñece con exactitude pero si se sabe que foi refuxio de san Martiño de Dumio. Foi sé episcopal da diocese do N de Galicia ata a construción da catedral de Mondoñedo no s XII. Distínguense tres etapas construtivas no templo: iniciouse entre os ss V e VI en estilo prerrománico, do que quedan restos de muros, columnas e capiteis; no s XI comezou a influencia románica, que se observa na cabeceira de tres ábsidas semicirculares cubertas no exterior por arcos de medio punto; e xa no s XV, engadiuse unha torre no lado sur. A igrexa ten tres naves e a ábsida central leva contrafortes no exterior. No seu interior destacan as tallas dos capiteis historiados e os frontais do altar, ademais das pinturas murais. Na fachada presenta unha arquivolta semicircular e o lintel historiado. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.
-
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Alonso Martínez, foi mestre de Francisco de Moure. Desenvolveu a súa actividade en Ourense, onde se estableceu na última década do s XVI. Caracterizouse como un manierista pleno. As súas imaxes manifestaban o interese pola tridimensionalidade, pola representación real do vulto. Marcou as liñas e estableceu ritmos contrapostos, que deran sensación dun pregado en movemento. Identificouse como o autor do cadeirado do coro do mosteiro de Santa María de Montederramo, así como dos taboleiros decorativos do mesmo nos que se representaban imaxes do Antigo e do Novo Testamento. Foi o continuador do retablo de Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior, que deixara sen rematar Juan de Angés o Mozo, e realizou gran parte das esculturas que rematan as reixas da catedral de Ourense. Destaca a imaxe da Virxe da Esperanza, que realizou para a catedral de Tui.
VER O DETALLE DO TERMO