"Mir" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • PERSOEIRO

    Rei de León, Asturias e Galicia (966-985), fillo e sucesor de Sancho I. Accedeu ao trono cando era menor de idade e exerceron a rexencia a súa tía, Elvira de León e a súa nai, Tareixa Ansúrez (966-975). Neste período os magnates de Galicia, Portugal e Tierra de Campos actuaron con case total independencia. En 968 enfrontouse a un ataque normando e en 974, cunha coalición de navarros, casteláns e leoneses, foi derrotado por Galib, xeneral do califa al-Hakam II. Dous anos máis tarde, Almanzor dirixiu unha primeira expedición contra o reino leonés e en 981 os sarracenos destruíron Zamora. Enfrontado novamente a Almanzor, foi derrotado en Rueda en 981. Estes fracasos militares desprestixiárono, e o seu curmán Vermudo II foi coroado rei en Santiago de Compostela polos nobres galegos en 982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - León s VI) Mártir. Morreu asasinado polos arianos, xunto con outros doce monxes, no mosteiro de San Claudio. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asumir de novo, especialmente un cargo ou responsabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Liberar a un cativo pagando un rescate.

      2. Liberar a alguén de algo que causa dano, sufrimento ou dor.

      1. Liberar algo dunha obriga mediante o pagamento dunha cantidade.

      2. Recuperar unha cousa, volver a tomar a posesión ou comprala de novo, mediante o pagamento dun prezo estipulado.

      3. Liberar un ben dun vínculo que grava, como unha hipoteca ou unha multa.

      1. Levar a cabo Xesús Cristo a obra da redención.

      2. Liberar a alguén do pecado ou dun vicio, e facer volver ao bo camiño.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver imprimir.

    2. olver publicar tipograficamente unha obra sen correccións importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de remirar ou remirarse.

    2. Que pon gran coidado ou atención naquilo que fai ou que di.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mirar de novo.

      2. Mirar insistentemente e con grande atención.

    1. Poñer moito esmero naquilo que se fai.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Impedir que algo ou alguén se manifeste por consideralo excesivo.

      2. Someter a alguén ou a algunha cousa a represión.

    1. Reprimir un mesmo os seus propios impulsos ou desexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir ou abreviar algo atendendo ao máis esencial.

    2. Resolverse unha cousa noutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Profesora de historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en arte galega. Publicou Aportaciones al barroco gallego: un gran mecenazgo, Algunas transformaciones realizadas en la Catedral de Santiago en el siglo XVII y principios del XVIII (1986), Documentos sobre arte gallego (1986) e Nuevas aportaciones a la arquitectura civil compostelana en el siglo XVIII (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Presidiu a derradeira Duma (1911-1917) e, ao producirse a Revolución de Febreiro de 1917, buscou a abdicación do tsar e un pacto cos socialistas. O triunfo bolchevique fíxoo fuxir a Serbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Politicólogo e sociólogo. Catedrático de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Vigo, destacan os seus estudos sobre o proceso de construción europea desde a perspectiva federalista, a Europa das rexións, e a gobernabilidade global. Escribiu As Mocedades Galeguistas (1987), O Galeguismo a través dos seus Textos e Documentos políticos (1989), La regionalización del Estado en la Europa Comunitaria (1991), El significado y las posibilidades de la autonomía y de la regionalización política (1992), La exigencia de participación regional en la Unión Europea (1996) e El modelo federalista de integración europea: La Europa de los Estados y de las Regiones (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Despois de residir en Italia (1521-1526), onde coñeceu a Bembo, Sannazaro e Ariosto, introduciu as formas renacentistas italianizantes en Portugal con Fábula de Mondego e a égloga Alexo (1527). A súa tarefa innovadora concretouse na introdución da comedia en prosa e na adaptación de novas estrofas e novos subxéneros. Escribiu tamén obras de tipo tradicional e alternou as linguas portuguesa e castelá, debido á pertenza, nesa época, de Portugal á coroa castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta, duque de Rivas. Liberal, fuxiu a Londres (1823), Italia (1825) e Malta. Amnistiado en 1834, volveuse conservador e tivo que fuxir novamente (1837). Foi embaixador en Nápoles e París, e presidente do Consello do Estado (1863). Nas primeiras obras evidenciou influencias neoclásicas, pero os contactos que mantivo durante os seus exilios, sobre todo en Malta, convertérono nun romántico apaixonado. Das súas obras destacan a obra poética El Moro Expósito (1834) e Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835), unha das obras clave do teatro romántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos placentarios, da familia dos cébidos, da orde dos primates, caracterizados polo alongamento do cranio, especialmente da rexión occipital, o gran desenvolvemento dos cairos e a posición vertical dos dentes incisivos. A súa distribución vai desde Costa Rica ata o NL de Brasil e Bolivia. A especie máis común e máis coñecida é S. sciureus, de distribución suramericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político israelí. En 1970 ingresou no Herut e foi nomeado presidente do seu comité executivo (1975). Deputado desde 1973, ocupou os cargos de ministro de Asuntos Estranxeiros (1890-1983 e 1984-1986), viceprimeiro ministro (1984-1986) e primeiro ministro (1983-1984 e 1986-1992, polo Likud). En 1992 publicou as súas memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    *Baleiro*

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor israelí. De moi novo participou activamente no movemento sionista, militancia que determinou toda a súa produción, da que destaca Hubala ba-Sadot (Atravesou os campos, 1947), Ha-Gěvul (A fronteira, 1966) e Ḥ ayai im Ismael (A vida con Ismael, 1969). Escribiu tamén novelas de tema histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada entre as puntas Pepiño e A Falcoeira, na parroquia de Cambre (Malpica de Bergantiños).

    VER O DETALLE DO TERMO