"RAG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
GALICIA
Pintora, filla de Francisco Puy Muñoz. Licenciouse en Belas Artes na Universidad de Salamanca. Paisaxista, con doses de abstracción, recibiu a influencia do expresionismo e da pintura veneciana e pintou con manchas fugaces. Nas súas obras expresou un mundo persoal, humanizado, en violetas, azuis ou brancos. Participou en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, e da súa produción destacan Carballo viejo (1996) e Estanque de los peces rojos (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Encíclica que promulgou o Papa Pío XI en 1931 con motivo do cuadraxésimo aniversario da Rerum Novarum. Retomou e desenvolveu os temas principais desta, como a propiedade privada, a moderada intervención do estado, a distribución equitativa da riqueza e as sociedades corporativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor da gota que afecta ás mans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia Galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escala modal na música india que non se corresponde totalmente co mesmo concepto da música occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arakan Yoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2rapeiro.
-
PERSOEIRO
Crítico e historiador da arte italiano. Recibiu a influencia de B. Croce e K. Fiedler. Cofundou, xunto con R. Longhi e R. Bianchi Bandinelli, a revista La Critica d’Arte (1935), que tamén dirixiu. Promoveu e organizou institucións dedicadas á arte e publicou I Carracci e la critica d’arte nell’età barocca (1933), Cinema, arte figurativa (1952) e L’arte nella paleostoria dell’uomo (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor italiano. Coñecido como Il Lombardo, foi discípulo e colaborador de G. L. Bernini. Das súas obras destacan Noli me tangere (1649), La morte di Santa Cecilia (1660-1661) e os estucos da cúpula de Sant’Andrea al Quirinale en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Gabán con valoa cuxas mangas partían da base do colo en forma radial.
-
Mangas cortadas segundo a moda raglán.
-
-
PERSOEIRO
Mariscal británico. Durante as campañas napoleónicas foi axudante de campo do duque de Wellington. Comandou as tropas británicas na Guerra de Crimea (1853-1856) e faleceu no asedio a Sebastopol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mito escandinavo sobre a fin do mundo (‘destino final dos deuses’), emparentado cos cantos da Edda. Tras unha terrible loita dos deuses (Odín, Frey e Thor) cos espíritos malignos (Fenris, Surtur e a serpe de Midgard), morren os deuses e desaparece o mundo nun incendio. Non obstante, logo nace unha nova terra en que os superviventes recomezan unha vida fraterna e feliz.
-
PERSOEIRO
Cantante e actriz. Coñecida como Patachou, abriu un pequeno restaurante en Montmartre onde se iniciou como intérprete musical. Axudada por Maurice Chevalier, comezou a cantar en diversos cabarets e triunfou coa canción “Mon homme”. Gravou diversos discos de gran difusión e contribuíu á renovación da canción francesa. Participou nos filmes Dans les rues (1933) e Faubourg Saint-Martin (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo de música popular de EE UU, impulsado polo pianista Ben Harvey e, sobre todo, polo compositor Scott Joplin (1868-1917). De harmonía tradicional e ritmo vivo e sincopado, difundiuse moito entre 1895-1925 e influíu na formación do jazz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guiso que se fai con carne, patacas, cenorias e diversos legumes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome tradicional da cidade croata de Dubrovnik, situada na costa de Dalmacia. Fundada polos superviventes eslavos da antiga Epidauro e por un grupo de prófugos romanos a comezos do s VII, organizouse como república e converteuse nun importante porto comercial. Os venecianos impuxéronlle a súa soberanía (1205-1358), e despois formou parte do Reino Húngaro-croata (1358-1526). Foi tributaria dos turcos. O cambio de orientación do comercio marítimo trouxo a decadencia da cidade, á que tamén contribuíu un terremoto (1667). Napoleón I Bonaparte aboliu a república (1808) e pola Paz de Viena pasou ao Imperio Austrohúngaro. Desde 1918 formou parte de Iugoslavia e desde 1991 de Croacia, como Dubrovnik.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, na illa de Sicilia, Italia, situada ao SL da illa (68.346 h [2001]). A parte vella (Ragusa Inferior) está situada no lugar onde antigamente existiu un castelo bizantino. Tras o terremoto de 1693 foi construída nun altiplano situado a máis altitude, a Ragusa Superior. Na cidade vella consérvase o portal da igrexa de San Giorgio Vecchio e na nova cidade consérvanse monumentos barrocos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia (1.614 km2; 292.000 h [2001]). A súa capital é Ragusa.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Chamado por Benedito XIII, trasladouse a Roma onde construíu Santa Maria della Quercia (1727-1731) e a praza de Sant’Ignazio (1727-1728).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Martiño (O Bolo). O seu cumio acada os 1.225 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO