"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

    1. Superficie de segundo grao ou cuádrica que, ao ser cortada por calquera dos seus puntos por un plano adecuado, dá unha parábola.

    2. Paraboloide que xera unha parábola que xira arredor do seu eixe de simetría.

    3. Paraboloide de ecuación x 2 /a 2 + y 2 /b 2 = 2z, en que a e b son constantes. A súa intersección cun plano que conteña o eixe de simetría é unha parábola, mentres que a intersección cun plano perpendicular ao anterior dá unha elipse.

    4. Paraboloide de ecuación x 2 /a 2 - y 2 /b 2 = 2z, en que a e b son constantes. A súa intersección cun plano que conteña o eixe de simetría é unha parábola e a intersección cun plano perpendicular ao anterior é unha hipérbole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lámina de vidro, ou doutro material transparente, que vai na parte dianteira dun automóbil ou doutro vehículo, e que protexe os pasaxeiros da chuvia ou do vento sen dificultar a visibilidade do condutor. Adoita estar fabricado de xeito que, se rompe, non deixe anacos de arestas cortantes, e leva incorporado un ou dous limpadores para facilitar a visibilidade en caso de chuvia ou de neve, ademais de dispoñer dun sistema de calefacción que elimina o bafo interior e desfai o xeo que se forma sobre a superficie exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos accipítridos, ao que pertence a especie P. unicinctus, que se caracteriza por ter a plumaxe de cor parda tirando a negra, cola con base e punta branca, peteiro gris e patas amarelas. Aliméntase de pequenos mamíferos, aves, réptiles e invertebrados. Habita en América do Sur desde o nivel do mar ata os 1.800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político de ámbito estatal creado en 1979 da fusión do Partido del Trabajo de España (PTE) e a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT). Contaba con organizacións autónomas nas diversas comunidades. O seu programa, moderado e parlamentarista, apoiaba a consolidación democrática. A precariedade desta fusión e unha forte crise interna provocaron a súa desaparición a mediados da década de 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político procedente, en 1967, dunha escisión esquerdista do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Esta escisión deu lugar ao PCE (internacional) que, despois de sufrir a separación do sector máis radical (1971), se converteu en PTE (1975). Propugnaba unha Fronte Democrática para a ruptura co Franquismo. Promoveu a Confederación de Sindicatos Unitarios de Trabajadores (CSUT) e creou a Joven Guardia Roja. En 1977 absorbeu o Partido Comunista de Unificación. Dirixido por Eladio García Castro, fundiuse coa Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) no Partido de los Trabajadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Montboissier, Auvernia 1092? - Cluny 1156) Relixioso. Membro da nobre familia dos Montboissier, foi prior de Vézelay e oitavo abade de Cluny (1122-1156). O seu equilibrio manifestouse na polémica que mantivo co seu amigo Bernaldo de Claraval respecto á vida monástica. Moi estimado por reis e papas, foi embaixador papal en Aquitania, Italia e Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Vilaformán (Trabada) e Vilaouruz (A Pontenova). O seu cumio acada os 541 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación granítica da Costa da Morte que se estende entre as parroquias de Traba (Laxe) e Carantoña (Vimianzo), e constitúe o extremo oriental da serra de Pena Forcada. A súa litoloxía e xeomorfoloxía confírenlle á formación un modelado, produto da meteorización e alteración dos bloques diaclasados, de xeito que os cumios se resolven nunha sucesión de castelos. Culmina nos 300 m de altitude do alto de Rascabolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é penetrable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode penetrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de perdurable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dura sempre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser perforado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado á beira do Guadiana e regado polo río Bullaque (4.671 h [2001]). No sector primario destaca a explotación forestal, a agricultura e a gandaría. Ademais das industris derivadas e dos tradicionais curtidoiros, tamén existen empresas vinculadas coa electrónica e a metalurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cónsul romano. Cuestor en Sardeña e pretor, foi nomeado cónsul en 89 a C despois de obter diversas vitorias durante a guerra social. Outorgou coa lex pompeia o dereito latino ás cidades de Transpadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é susceptible de ser pesado.

    2. Que é digno de ser ponderado.

    VER O DETALLE DO TERMO