"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • Frederic Ernest McIntyre Bickel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Loitador e adestrador. Especialista en loita libre, foi 17 veces campión de España, ademais de practicar loita grecorromana e sambo. Foi campión galego en varias ocasións desde 1977 e participou nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988). Gañou a medalla de ouro no Torneo de Lisboa (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, erudito e pedagogo. Formado nos obradoiros de Eusebi Arnau, viaxou por Roma, Florencia, París e Bruxelas ata que estableceu o seu taller en Barcelona. Foi considerado un dos principais especialistas españois en estatuaria monumental (Vitòria 1932-1940). Foi presidente da Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi. Participou na Exposición Internacional de 1929 e en diversas actuacións en Montjuïc e a Plaça de Catalunya. En 1946 fundou en Barcelona, con fondos da súa colección particular, o museo que leva o seu nome, declarado Ben de Interese Cultural en 1962. Publicou El mundo fascinante del coleccionismo y de las antigüedades (1977) e Informes sobre monumentos catalanes (1984). Recibiu a medalla de ouro da Generalitat (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Acompañou a Napoleón I Bonaparte nas campañas de Italia e Exipto. Gobernador de Dalmacia e duque de Ragusa (1808), ascendeu a mariscal (1809) e substituíu a Masséna en Portugal (1811), pero foi derrotado por Wellington na Batalla dos Arapiles (1812). En 1814 asinou a capitulación de Essonnes. A Revolución de 1830 obrigouno a exiliarse en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Foi o fundador da escola neoclásica. Introduciu diversos conceptos, como a elasticidade da demanda, economías internas e externas, e excedente do consumidor, de grande importancia para posteriores estudios económicos. A súa principal obra, Principles of Economics (1890), enlaza, mediante a introdución do factor dos tempos, o estudo dos custos de produción co principio de utilidade marxinal formulada por William S. Jevons, K. Menger e Léon M. E. Walras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.050 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. De nome Alfredo Fernández Martínez, converteuse na década de 1940 no galán de moda grazas a filmes como Escuadrilla (1941) e A mi la legión (1942), ás que seguiron outros como El último cuplé (1957), Pippermint frappé (1967) e Patrimonio nacional (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e político. Participou nas expedicións de Xoán de Lángara (1772 e 1774) e en 1783 ascendeu a xefe de escuadra. Defendeu Cádiz (1797) contra a escuadra de Horatio Nelson e en 1801 foi separado do servicio, a petición de Napoleón I Bonaparte, por opoñerse aos seus plans navais. En 1808 Xosé I Bonaparte nomeouno ministro de Mariña e en 1809 delegado rexio para organizar Galicia. Na Coruña anunciou o resarcimento dos gastos ocasionados pola guerra e os abusos franceses, pero o seu labor diplomático foi inútil e tivo que fuxir xunto cos franceses cando os exércitos populares se fixeron coa situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Fredric March, aproveitou a súa versatilidade para protagonizar papeis de galán e outros personaxes máis complexos. Participou nos filmes Dr Jekyll and Mr Hyde (1931, Oscar ao mellor actor 1932), Anna Karenina (1935), A Star is Born (1937) e The Best Years of Our Lives (1946, Oscar ao mellor actor 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. De nome Farrokh Bulsara, destacou pola súa voz e a teatralidade das súas actuacións. Formou parte dos grupos Ibex, Sour Milk Sea e Wreckage, ata que se integrou en 1970 na banda Smile, xunto a Brian May e Roger Taylor. Anos despois, coa chegada de John Deacon, formarían a banda Queen (1973). Da súa discografía en solitario destacan I Can Hear Music (1973) e Barcelona (1988), en colaboración con Montserrat Caballé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista inglés. Escritor dunha gran penetración psicolóxica e unha visión moi subxectiva da vida, iniciouse na poesía coa compilación Poems (1851), á que seguiron Modern Love (1862) e Ballads and Poems of Tragic Life (1887). Das novelas destacan The Ordeal of Richard Feverel (1859), Vittoria (1867) e Egoist (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Utilizou o ferro e o vidro e creou as fachadas de cristal cunha concepción basicamente funcional, que deu lugar ao estilo dos almacéns modernos (Wertheim, Berlín, 1896). Fixo o museo de Darmstadt e o palacio Cohn-Oppenheim, en Dessau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Alto comisario de África do Sur (1897-1905), foi un dos instigadores da guerra contra os bóers cos que asinou a paz (1902). Foi gobernador dos territorios anexionados do Transvaal e de Orange (1902-1905). Retornou a Reino Unido e foi ministro de Guerra (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. En 1851 comezou a escribir poemas, publicados no recompilatorio Lei Provençalas, e en 1854, xunto a outros poetas, estableceu as bases do felibrismo en Fontsegunho. A guerra de 1879 marcou un cambio político, desde o que Mistral tranquilizou o nacionalismo francés, converténdose no poeta da tradición católica e menosprezando o progreso social. De 1852 a 1859 traballou no poema épico rural Mirèio (1859), a súa obra máis destacada. Tamén publicou La Coumtesso (1866), Calendau (1867), Lis Isclo d’or (1875), que recolle unha produción lírica abundante, Nerto (1884), a traxedia La Rèino Jano (1890) e o Pouèmo dóu Rose (1897). Traballou na recompilación de material para Lou Tresor dóu Felibrige (1878-1886), instrumento para o coñecemento do occitano. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1905), compartido con José Echegaray. Na literatura galega, as influencias de Mistral e da literatura occitana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame literario de narracións breves creado en 1976 polo Padroado Pedrón de Ouro en memoria do que fora presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Modesto Rodríguez Figueiredo. O seu obxectivo é promover a literatura narrativa en lingua galega, ademais de homenaxear ao patricio pontevedrés. Algúns dos gañadores deste certame foron Tucho Calvo, Rosa Aneiros, Víctor Fernández Freixanes, Miro Villar e Xoán Ignacio Taibo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Estudou no Museo de Historia Natural e na Escola de Farmacia de París. Foi profesor de Toxicoloxía, Química Inorgánica e Farmacia. Conseguiu illar o flúor mediante electrólise e en 1892, inventou un forno eléctrico, o forno de Moissan, que permite fundir óxidos metálicos e que fixo progresar extraordinariamente á industria siderúrxica. Con este forno descubriu o punto de ebulición dos metais coñecidos e como actúan as aliaxes a altas temperaturas. En 1906 recibiu o Premio Nobel de Química, por ambos os dous descubrimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Especializouse en dereito marítimo e foi fundador do comité coordinador dos portos do nordés do Mediterráneo (1970). En 1977 creou a Confederación Española de Organizaciones Empresariales e participou na reconstrución de Fomento del Trabajo Nacional, institución que presidiu desde 1978 ata 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. A súa obra está caracterizada polo misticismo, a fantasía e o seu estilo sinxelo. Da súa produción destacan Der himmlische Zecher (O bebedor celestial, 1909), a triloxía dramática Äon (1907-1911), Der Held der Erde (O heroe da terra, 1919) e Atair (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. A súa música, á marxe de escolas e técnicas, caracterizouse pola súa expresión lírica directa. Das súas obras para piano destacan Scènes d’enfants (1915-1918), Charmes (1920-1921), Música callada (1959-1967), e das súas obras para canto e piano destaca o ciclo Combat del somni (1942-1951). Compuxo obras corais como Cantar del alma (1951) e Ultreia (1962-1966), e para guitarra Suite Compostelana (1962). Foi nomeado Académico de Honor da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1973) e recibiu numerosos premios, como a Medalla al Mérito en las Bellas Artes (1980) e a Medalla de Oro da SGAE (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista, conde de Floridablanca. Doutor en Leis pola Universad Pontificia de Salamanca, foi nomeado fiscal de asuntos criminais do Consello de Castela (1766), a instancias do conde de Aranda. Foi embaixador en Roma (1772) e conseguiu a extinción da Compañía de Xesús (1773), recibindo como recompensa o título de conde de Floridablanca. Foi nomeado secretario de Estado (1777) e impuxo uns criterios de reformismo moderado. Desde a súa creación en 1787, dirixiu a Xunta de Estado. Alarmado pola Revolución Francesa, a partir de 1790 iniciou unha forte reacción, especialmente na censura e na represión contra os reformistas máis destacados. En 1792 foi destituído, desterrado, encarcerado polo conde de Aranda e procesado; pero Godoy, ao subir ao Goberno, absolveuno das responsabilidades políticas (1794-1795).

    VER O DETALLE DO TERMO