"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
PERSOEIRO
Violinista. Discípulo de Bordas e mais de Arbós, realizou estudios de violín no Conservatorio Superior de Música de Madrid e foi profesor da Orquesta Sinfónica Nacional. De ideas republicanas, exiliouse a México e alí foi presidente do Patronato de Cultura Gallega. Participou no libro colectivo Presencia de Galicia en México (1954) e obtivo o Premio Sarasate.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa Inglaterra de Francia, cunha lonxitude de 35 km e que comunica o canal da Mancha co mar do Norte. É un paso cun elevado tráfico marítimo.
-
PERSOEIRO
Arabista holandés. Especializouse en estudios sobre a dominación musulmá na Península Ibérica. Escribiu Histoire des musulmans d’Espagne jusqu’à la conquête de l’Andalousie par les almoravides, 711-1110 (Historia dos musulmáns de España ata a conquista de Andalucía polos almorábides, 711-1110, 1860) e Le Cid d’après nouveaux documents (O Cid segundo novos documentos, 1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo para representar as conformacións moleculares no que cada átomo está representado por unhas barriñas de aceiro cos diferentes ángulos de enlace e as lonxitudes de enlace a escala.
-
PERSOEIRO
Pintora e promotora de arte. Formouse no Brooklyn Art School e no Prat Institute. En 1920 fundou con M. Duchamp e M. Ray a Societé Anonyme dedicada á promoción da arte moderna. Promoveu publicacións, conferencias e exhibicións, entre as que destaca a International Exhibition of Modern Art no Brooklyn Museum (1926). En 1941 doou a súa colección de arte á Yale University. Entre os seus escritos destaca Western art and the new era; an introdution to modern art (Arte occidental e nova era; unha introdución á arte moderna, 1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Representante do naturalismo norteamericano, a súa primeira novela Sister Carrie (Irmá Carrie, 1900) causou un grande escándalo pola súa crueza. Co personaxe de Frank Cowperword emprendeu unha ambiciosa pintura do capitalismo norteamericano ao longo de diversas novelas. Da súa produción destacan The Genius (O xenio, 1915) e An America Tragedy (A traxedia de América, 1935). En 1982 a Universidade de Pennsilvania publicou os seus American Diaries (Diarios americanos).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bivalvos ao que pertence o mexillón cebra.
-
REINOS
Reino formado pola unión dos reinos de Nápoles e Sicilia. Esta unión produciuse en 1442 baixo o reinado de Afonso V de Aragón e disgregouse á súa morte (1458). Tralo Congreso de Viena (1815), volveuse unir baixo o reinado de Fernando I das Dúas Sicilias, da casa de Borbón, e perdurou ata a incorporación ao Reino de Italia en 1860.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor de teatro e televisión. Coñecido como Morris, foi membro fundador do grupo vigués Artello, co que representou diferentes obras, como Morte e vida de Severina (1978), Pic-nic (1979), As nubes (1980), Celtas sen filtro (1983), Gulliver F.M. (1985), Gran venda décimo aniversario (1988), Batea (1990) ou A matanza dos seixas (1993). Colaborou tamén con diversas compañías galegas, entre elas, Teatro do Noroeste, coa que interpretou papeis en diversos espectáculos, como Galicia S.L. e con Encuadre Producións protagonizou Ministros pola cara (1997). Participou tamén en numerosas montaxes do Centro Dramático Galego, entre as que destacan Woyzeck (1984), Os vellos non deben de namorarse (1985), O enfermo imaxinario (1986), Valle-Inclán 98 (1998), Se o vello Simbad volvese ás illas (1999) ou Calígula (2000). Destaca tamén a súa actividade como...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Traxedia de Sófocles, representada antes do 425 a C, prototipo da obra tráxica. En Tebas, o oráculo délfico di que para frear a peste hai que castigar o asasino de Laio. Edipo preséntase como asasino e incestuoso. Iocasta suicídase e Edipo saca os ollos. Esta obra tivo moita trascendencia no desenvolvemento posterior do teatro tráxico e foi unha das máis representadas do mundo clásico.
-
-
ariante non etimolóxica do apelido de orixe toponímica Hedreira.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, unha coroa de ouro.
-
-
GALICIA
Director coral e compositor. Na Coruña dirixiu o Orfeón La Aurora e a Coral Polifónica El Eco. O 7 de xullo de 1923 debutou á fronte do Coro Toxos e Froles no Salón Círculo Recreativo de Redes coa estrea da súa obra Orballeiras, colectivo que dirixiu ata a súa morte; e o día 15 do mesmo mes actuaron nunha homenaxe a emigrantes galegos que chegaron dende La Habana. Así mesmo, dirixiu a agrupación en numerosas actuacións en Ferrol, Betanzos, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Noia, etc. O 17 de abril de 1925 estreou o pasodobre Toxos e Froles, para seis voces mixtas, e o 15 de outubro e o 22 de decembro de 1926 Gaitiña mía, para piano e canto, e A neve, todas elas da súa autoría. Da súa produción destacan, ademais, numerosas obras para piano, guitarra e orquestra, e tamén un arranxo de Negra sombra e as pezas A volta da feira de Portomarín, A festa dos mariñeiros, A volta do emigrante, Pastoriza e Na festa do Patrón,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Loroño (Zas). Pertenceu aos Bermúdez Araujo e Rodríguez de Leis. Ten planta rectangular cun corpo de maior altura, a torre, cuberta a catro augas, e cun menor con cuberta a dúas augas. Pegada á torre sitúase a capela de planta rectangular. Na parte posterior conserva a solaina á que se accede por unha escaleira situada no centro do corpo. Posúe hórreo e pombal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída en Madrid o 16 de marzo de 1997 baixo a presidencia de honra de Dorinda Ramos Ramos e presidida por María Luz Barreiros, filla de Eduardo Barreiros. Entre os seus obxectivos destacan a promoción do coñecemento e a divulgación da historia do deseño industrial, como parte do patrimonio cultural dos pobos, a promoción e a investigación no campo da tecnoloxía da automoción e dos motores para todo tipo de vehículos, o fomento da investigación, o estudo e a experimentación de novos métodos e técnicas relacionadas cos anteriores, e a institución e dotación do Premio Eduardo Barreiros, que recoñece publicamente os méritos daqueles traballos de investigación no campo que constitúe o obxecto da fundación. Para o cumprimento destes obxectivos desenvolvéronse diferentes actividades, entre as que sobresaen o sostemento do Museo Eduardo Barreiros, que acolle a colección Barreiros; a realización de seminarios, coloquios e conferencias; a edición de publicacións;...
-
PERSOEIRO
Etnólogo. Nas súas expedicións estudiou os indios de América do Sur, especialmente os pobos do Brasil. Entre as súas obras destacan Beiträge zur Völkerkunde Brasiliens (Contribucións á etnoloxía do Brasil, 1891) e Antropologische Studien über die Urbewohner Brasiliens (Estudios antropolóxicos sobre os aborixes do Brasil, 1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Feixe pequeno de herba, leña ou calquera outra cousa.
-
-
Dirixir algo ou a alguén cara a un sitio.
-
Dirixir a alguén para acadar un determinado fin.
-
Indicar a alguén o camiño que debe seguir para chegar a un lugar.
-
Dirixirse algo ou alguén cara a un lugar.
-
Dirixirse algo ou alguén cara a un obxectivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de endereitar ou endereitarse.
-
-
Poñer dereito o que está torcido ou inclinado.
-
-
Facer que a marcha de algo vaia ben.
-
Facer que alguén perda os vicios ou malos costumes.
-
-
Poñerse dereito o que estaba torcido ou inclinado.
-
-
Arranxarse a marcha de algo que non vai por bo camiño.
-
Corrixir alguén os seus vicios ou malos costumes.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás rexións que desaugan cara a unha conca pechada.