"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou con G. Fauré e sucedeu a P. Dukas como profesor de composición no Conservatorio de París. É autor de pezas para piano, obras sinfónicas e vocais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Director do Musée de Versailles, especializouse na arte do retrato. Realizou, entre outros retratos, os de Luís XVI, Jacques Necker, Christophe Gabriel Allegrain e Pío VII. Foi membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alphonsine Plessis.
-
PERSOEIRO
Político e avogado canadense. Foi xefe do Partido Conservador da provincia de Québec (1933-1935) e fundou a Union Nationale, partido co que foi primeiro ministro do goberno da provincia (1936-1939 e 1944-1959). Defendeu unha actitude autonomista fronte ao goberno de Ottawa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Realizou gravados sobre feitos acontecidos durante a Revolución Francesa. Destaca, entre outros, A execución de Luís XVI. Realizou tamén ilustracións para libros de viaxes por Italia, Grecia e Exipto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Philippe de Mornay.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo e orientalista. Participou en campañas arqueolóxicas no Líbano e Siria. Foi profesor na École d’Antropologie e na École du Louvre, e conservador do departamento de antigüidades orientais do Musée du Louvre dende 1928. Publicou a revista Syria. Escribiu, entre outras obras, Les civilisations préhelléniques dans le bassin de la mer Égée, études de protohistoire orientale (As civilizacións prehelénicas do Mar Exeo, estudios de protohistoria oriental, 1910) e L’Art phénicien du IIe millénaire (A arte fenicia do segundo milenio, 1949). Membro do Institut de France, nomeárono secretario perpetuo en 1937.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada nas marxes do Rin (570.969 h [estim 1998]). É un importante centro comercial e manufactureiro do Ruhr. Posúe industrias de produtos químicos e de cristal. Tamén é famosa a súa cervexa, que se elabora nas oito fábricas que existen na cidade. Considérase como a cidade máis rica do país, onde se concentran as principais fortunas. Mencionada xa en documentos do s XI, a súa carta municipal data de 1288. Foi a capital do ducado de Berg (1511-1609) e en 1814 incorporouse a Prusia. Durante a Segunda Guerra Mundial foi un dos centros da industria bélica alemá e os bombardeos aliados destruírona nunhas tres cuartas partes. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar a torre Schkissturn do antigo castelo medieval, a igrexa de San Lamber e o castelo Jägerhof. Entre as institucións culturais destaca a Academia Nacional de Arte onde en 1818 se reorganizou a academia de pintura fundada no s XVIII polo elector Carlos Teodoro, coñecida...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Comunista Italiano (PCI) desde 1968, foi elixido secretario xeral das Xuventudes Comunistas en 1975. Deputado desde 1987 e director do diario comunista L’Unità (1988-1990), foi un dos artífices da transformación do PCI no Partido Democrático della Sinistra (PDS) en 1991, do que se converteu en secretario xeral en 1994. O obxectivo de D’Alema era formar unha coalición democrática de centroesquerda coa que acadar o poder. Con esta intención xurdiu L’Olivo, liderada por Romano Prodi, primeiro ministro desde 1996 ata a súa dimisión en 1998. O 9 de outubro de 1998, a coalición propuxo a D’Alema como candidato para a executiva. O 21 de outubro presentoulle ao presidente da República o seu goberno, composto por unha nova coalición de centroesquerda, Democratici di Sinistra (DS), e o día 23 gañou a moción de confianza na Cámara dos Deputados; converteuse así en primeiro ministro, ao tempo que cesaba na secretaría do seu partido. As disensións internas da coalición...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico e historiador da literatura. Foi profesor de literatura na Università di Pisa (1860), onde ensinou o método histórico e crítico. Escribiu, entre outras obras, Sacre rappresentazioni dei secoli XIV-XVI (Representacións sacras dos ss XIV-XVI, 1873), Le origini del teatro in Italia (A orixe do teatro en Italia, 1877) e Scritti danteschi (Escritos dantescos, 1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo do artista M. Barrias. Formouse en París (1947-1950), onde acudía á École du Louvre e onde entrou en contacto co estudo de Léger e Jean Cassou, con quen estudiou historia da arte. De regreso a Portugal, comezou a expoñer desde 1958 e converteuse nun dos representantes do movemento surrealista portugués. Na súa obra perdura a abstracción lírica e a variedade cromática. Destacan as obras Homenagem a Paul Eluard (1955), Génesis (1958) e Espaço-Deus (1960). Está representado, entre outros, no Museu de Arte Contemporânea de Lisboa e na Fundação Serralves de Porto. O seu fillo, Alberto D’Assumpção (Lisboa 1956) tamén é pintor.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (1.795 km2; 730.900 h [estim 1995]). A súa capital é Lewes (14.499 h [1991]). A industria e o turismo son as principais bases da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herbácea, de ata 15 cm de alto, densamente cuberta de pelos brancos, con roseta de follas prateadas, carnosas e peludas, e capítulos pequenos de flores amarelas. Propia das paredes das montañas, está presente nas grandes cordilleiras alpinas (Pireneos, Alpes, Karakorum, Tien Shan e Himalaia, entre outras), onde chega a alcanzar máis de 5.000 m de altitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade siria que se corresponde coa cidade turca de Urfa. Fundada no s IV a C, foi colonizada polos gregos e adoptou o seu nome baixo o macedonio Seleuco I. A partir do ano 137 a C foi centro do principado independente de Osroene e, máis tarde, formou parte do Imperio Romano. Dende o s II d C converteuse nun dos centros de difusión do cristianismo e foi sede metropolitana no s IV, onde se desenvolveu unha escola de estudios teolóxicos e filosóficos. Ocupada polos árabes no 638, permaneceu no seu poder ata que foi conquistada polos cruzados en 1098. Foi capital do condado establecido polos cruzados, reconquistárona os árabes no 1144 e en 1637 pasou a poder dos turcos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro estado latino creado na Primeira Cruzada, ao conquistar Balduíno de Boulogne a cidade de Edessa (1098). Logo da súa elección como rei de Xerusalén (1100), sucedeuno o seu curmán Balduíno II, e máis tarde, Joscelín de Courtenay (1118-1131). O derradeiro conde foi Joscelín II, que foi derrotado e perdeu o condado fronte ao sultán de Mossul ‘Imad-al-Din Zinki I (1144).
-
PERSOEIRO
Rei de Mercia e Northumbria (957-975) e de Wessex (959-975). Sucedeu o seu irmán Eadwig no trono de Wessex e converteuse no primeiro gobernante da Inglaterra anglosaxona unida. Coroado no 973, recibiu a submisión cerimonial dos outros monarcas de Gran Bretaña. Consolidou a autoridade da monarquía e emprendeu diversas reformas administrativas, como a división do país en condados. Promoveu unha importante reforma monástica e outorgoulle a san Dunstan o arcebispado de Canterbury.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Wessex (1016) e sucesor de Etelred II. Coñecido como ironside (costela de ferro), proclamouno rei unha asemblea reunida en Londres, ao mesmo tempo que outra en Southampton elixía o rei danés Canuto II. Enfrontáronse en Oxford, Kent e Ashingdon, pero tralo acordo de Deerhurst, Canuto II recoñeceuno como rei do Sur de Inglaterra (Wessex) e decidiron que o monarca que sobrevivise acadaría a totalidade do reino. Despois da súa morte, Canuto II converteuse en rei de Inglaterra e Dinamarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Wessex (946-955), fillo de Eduardo I o Vello. Sucesor do seu irmán Edmundo I, fíxolles fronte ás invasións dinamarquesas de Northumbria ata que no 954 puxo fin ao derradeiro reino escandinavo en Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Wessex (899-924), sucesor do seu pai, Alfredo I o Grande. Unificou a maior parte de Inglaterra ao S do río Humber nunha serie de campañas contra os daneses, coa axuda do seu cuñado Ethelred, rei de Mercia. Trala morte do seu cuñado e da súa irmá, Aethelflaed, incorporou Mercia aos seus reinos. No 920 recibiu a submisión do Rei Reagnald de York e doutros pequenos reinos da Nortumbria, Gales e Escocia. Estableceu unha administración unificada sobre os seus territorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Wessex (975-978), fillo e sucesor de Edgar I de Wessex. Coñecido como san Duarte ou Eduardo o Mártir, foi asasinado na súa infancia pola súa madrasta. A súa festividade celébrase o 18 de marzo e o 13 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO