"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • GALICIA

    Fotógrafo. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi redactor xefe de fotografía de La Voz de Galicia e responsable do seu Arquivo Gráfico. Dirixiu cursos de fotoxornalismo na UIMP. Colaborador en medios como El País, El Periódico, La Vanguardia ou Cover, as súas obras, que pertencen ás coleccións de Unión Fenosa, do Museo Reina Sofía ou do IVAN, apareceron en libros de G. Torrente Ballester, Manuel Rivas ou Suso de Toro. Participou en exposicións fotográficas en Nova York, París, Stutgart, Chicago ou Londres e en publicacións colectivas como Galicia a pié de foto (1987), A memoria recobrada (1998) ou Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003). Recibiu o Premio da Crítica na sección de Ciencias e Artes da Representación (1991), o Premio Compostela’93 , o Premio Ortega y Gasset de fotoxornalismo (2003) e o Premio Doñana (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santo André de Boimente (Viveiro). O seu cumio acada os 640 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa conserveira fundada en 1994 na Pobra do Caramiñal co obxectivo de crear produtos de calidade. Dedícase á produción de conservas artesanais de produtos do mar e ten como especialidade as delicatessen. Traballa para o mercado estatal, aínda que tamén distribúe os seus produtos nalgúns países da Unión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista. Discípulo de Carissimi, o Rei Luís XIV nomeouno director do teatro musical. Introduciu o recitativo, simple ou acompañado de instrumentos. Iniciou a forma musical coñecida co nome de obertura á francesa cara a 1660, e foi o creador da gran ópera francesa, con obras como Alceste (1674) e Armida (1686).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asalto a Madrid por parte das forzas do xeneral Franco durante a Guerra Civil Española (1936-1939). A batalla tivo tres fases. Primeiro, o ataque á cidade polo S (7-23 de novembro de 1936) pero as tropas non puideron atravesar a Ciudad Universitaria. Despois, do 29 de novembro de 1936 ao 16 de xaneiro de 1937, as tropas franquistas fracasaron no intento de ocupar Madrid polo O, e en febreiro e marzo de 1937 non puideron illar a cidade atacada polo E. Durante esta terceira fase tiveron lugar a Batalla do Jarama e a de Guadalajara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla librada en Magnesia en 190 -189 a C entre os romanos e Antíoco III de Siria. Os romanos conseguiron romper a liña defensiva dos seléucidas grazas á axuda do seu aliado Eumenes II de Pérgamo e tamén a superioridade dos seus lexionarios sobre as falanxes de Antíoco. Este retirouse a Apamea e perdeu o dominio de Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar en Malplaquet, Normandie, o 11 de setembro de 1709 durante a Guerra de Sucesión Española. As tropas da Gran Alianza da Haia derrotaron os franceses, feito que levou a Luís XIV a considerar a posibilidade de firmar a paz e abandonar a causa de Filipe V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Loita naval na illa de Malta que tivo lugar o 3 de maio de 1283, entre a flota catalana, comandada por Roger de Lloria, e a de Carlos I de Nápoles. Supuxo a anexión de Malta e Gozo á Coroa de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla librada na chaira de Maratón, no démoi da costa NL da Ática, en setembro de 490 a C. Os persas, que desexaban castigar os atenienses polo seu apoio á rebelión das cidades xónicas, desembarcaron na zona norte da chaira. Os seus opoñentes atenienses atacáronos sen agardar polos reforzos espartanos e obrigáronos a embarcar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla librada o 14 de xuño de 1800 na chaira de Marengo, preto de Alexandría (Piemonte) entre as tropas francesas, dirixidas por Napoleón I Bonaparte, e as austríacas, apostadas na rexión piemontesa-ligur. Bonaparte dirixiu a ofensiva contra os austríacos que, aínda que nun primeiro momento afundiron as liñas francesas, foron derrotados por aquelas no contraataque, coa chegada de novas tropas de apoio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla librada en Marignano, actual Melegnano (Lombardia), entre as tropas franco-venecianas e as do Imperio os días 13 e 14 de setembro de 1515. Despois dunha dura loita, os exércitos franco-venecianos impuxéronse ás tropas imperiais de Maximiliano Sforza nunha batalla que trouxo consigo o establecemento dos franceses en Lombardia (Tratado de Noyon, 1516).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. A súa poesía influíu notablemente na literatura italiana da súa época. A súa obra máis destacada é Adone (1623), poema mitolóxico escrito en oitavas, onde trata o amor de Venus e Adonis. Postumamente foi publicado o seu poema relixioso La strage degli innocenti (1632), sobre tema bíblico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de conflitos armados desenvolvidos durante a Primeira Guerra Mundial nos arredores do río Marne. A primeira batalla enfrontou os franceses e os aliados contra os alemáns en setembro de 1914. Os alemáns, que lanzaran unha ofensiva en dirección a París, encontráronse co intento do xeneral J. Joffre de restablecer a fronte na liña Somme-Verdun, mais a derrota do corpo expedicionario inglés en Cateau obrigouno a repregarse. O primeiro exército alemán de von Kluck aproveitou este momento para atravesar o Marne, pero Joffre reaccionou e obrigounos a retroceder e a retirarse cara ao N. Durante a segunda batalla, librada en xullo de 1918, os alemáns cruzaron novamente o Marne ao L de Château-Thierry (nome con que tamén se coñece esta batalla), pero o contraataque dos exércitos franceses dos xenerais Mangin e Degoutte conseguiu unha nova e efectiva derrota sobre aqueles, que resultou decisiva na contenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico que tivo lugar en Marston Moor, no condado de York, o 2 de xullo de 1644, durante a Revolución Inglesa. As forzas parlamentarias, dirixidas por Thomas Fairfax, derrotaron as forzas de Carlos I de Inglaterra, que dirixiu o príncipe Ruperto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, teórico e historiador da música italiano. En 1729 ingresou na orde franciscana e tivo como discípulos a Jommelli, Grétry, J. Ch. Bach e Mozart. Publicou unha Storia della musica (1757-1781), que non chegou a acabar, e varias obras teóricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Filipinas, situada fronte á costa S de Luzón (4.048 km2; 584.520 h [1980]). A capital é Masbate (52.944 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á masturbación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento que tivo lugar no contexto dos últimos anos das Guerras Cántabras (29-19 a C), que se desenvolveu no monte Medulio (Mons Medullius), entre os romanos e os pobos do norte peninsular (galaicos, cántabros e ástures). As tropas romanas foron dirixidas polos legados M. V. Agripa, C. Furnio e P. Carisio xunto con C. Antistio, baixo as ordes de Octavio Augusto. Escavaron un foso como sistema de asedio e os peninsulares ao verse sometidos, suicidáronse en masa para evitar a escravitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios urodelos da familia dos criptobranquios que comprende as especies M.davidianus, que pode chegar a medir 1 m de lonxitude total e que é propia de China e de Tibet, e M. japonicus, que habita soamente na illa de Honshū e que pode alcanzar os 160 cm de lonxitude. Ambas as dúas especies son típicas de zonas montañosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar en Melegnano (Lombardia) o 18 de xuño de 1859 contra o dominio austríaco, no transcurso das guerras pola independencia italiana. Concluíu coa vitoria dos piemonteses, que contaron co apoio francés para derrotar os austríacos.

    VER O DETALLE DO TERMO