"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado o pai da poesía castelá, a súa obra literaria sitúase dentro da temática e o estilo do mester de clerecía. A súa produción abarca tres temas: vidas de santos, obras marianas e composicións doutrinais. As primeiras son obras haxiográficas de distribución tripartita. A obra mariana máis famosa, Milagros de Nuestra Señora, consta dunha introdución de tipo alegórico e de vinte e cinco milagres, feitos por intercesión de María. Dentro da tradición mariana medieval escribiu Loores a Nuestra Señora. Na métrica preferiu o uso do alexandrino. Empregou unha linguaxe variada e áxil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Conde de Berchtold. Foi ministro de Asuntos Exteriores entre 1912 e 1915, dende onde promoveu a intervención austríaca nos Balcáns e o acordo co Imperio Alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dumbría baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que explica como a presenza de cristais de xeo no interior dunha nube formada por pequenas gotas de auga arrefriadas provoca unha rápida condensación do vapor de auga enriba dos cristais de xeo, que, ao medrar en espesura, transfórmanse en folerpas de neve. O esquema proposto por Alfred Wegener en 1911 foi desenvolvido por T. Bergeron e W. Findeisen. Tamén recibe o nome de teoría de Wegener-Bergeron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo protestante inglés. Foi bispo de Cloyne desde 1734. Formulou unha filosofía estruturada ao redor dunha análise do coñecemento, que, influída por Descartes e Malebranche, levou ao límite os resultados de Locke. A sensación, único medio polo que o espírito se pon en contacto coas cousas, é aquilo que as constitúe ontoloxicamente como tales (esse est percipi); todo o que é (e só é iso que se percibe) ten que ser necesariamente espiritual. A filosofía de Berkeley pódese resumir en catro teses fundamentais: a que sostén que a materia non é senón o conxunto das ideas; a que indica que a idea abstracta é un sinxelo flatus vocis e, por conseguinte, defende un nominalismo sobre o que se apoiará o posterior inmanentismo científico; a que opón o espiritualismo e o voluntarismo a un materialismo que identifica a materia coa realidade racional, e a que defende o teísmo fronte ao deísmo e ao ateísmo. Formulou as teses fundamentais do seu pensamento en Essay towards a New...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Bizkaia, Euskadi, situado á beira do Mar Cantábrico, ao NO da ría de Gernika (17.176 h [1996]). Porto pesqueiro cunha importante industria conserveira. Semella que a colonia de Flaviobriga, mencionada por Plinio, é o Bermeo actual. É vila dende 1236, cando recibiu a carta foral de Lope Díaz de Haro, señor de Bizkaia. Durante a Baixa Idade Media o seu porto consolidouna como o principal centro comercial do territorio biscaíño. Politicamente ostentou o título de Cabeza de Bizkaia e os seus representantes gozaron dun papel preeminente nas xuntas de Gernika. O auxe de Bilbao rematou por imporse e relegar a Bermeo a un plano subordinado. Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa gótica de Santa Eufemia e o convento de San Francisco (1357).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dedicouse ao xornalismo e tivo unha grande actividade como monárquico e católico intransixente. En 1926 publicou Sous le soleil de Satan (Baixo o sol de Satán) coa que obtivo un enorme éxito, e a continuación outras dúas novelas: La imposture (A impostura, 1927) e La joie (A ledicia, 1929). Instalouse en Mallorca en 1935 e en 1936 apareceu a súa obra mestra, Journal d’un curé de campagne (Xornal dun crego de aldea). Enfrontado aos acontecementos políticos e sociais dos anos trinta e corenta, escribiu: La grande peur des bienpensants (O gran medo dos conformistas, 1931); Les grands cimetières sous la lune (Os grandes cemiterios baixo a lúa, 1938), testemuño das execucións en Mallorca durante a Guerra Civil española; Lettre aux anglais (Carta aos ingleses, 1942) e La France contre les robots (Francia contra os robots, 1944). A súa peza teatral Dialogues des Carmélites (Diálogos dos Carmelitas, 1949)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Teorema establecido por Jakob Bernoulli segundo o que para un número ε pequeno, a probabilidade P de que a diferenza entre a frecuencia f do suceso favorable nunha serie de probas e a probabilidade p de que este feito sexa, en valor absoluto, superior a ε tende a cero ao aumentar indefinidamente o número de probas. Ou sexa:

    FORMULA

    Tamén se coñece como lei débil dos números grandes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, director e pianista. Realizou estudios en Harvard e foi discípulo de Sergey Koussevitzky no eido da dirección orquestral. Foi director da Orquestra Filharmónica de Israel (1947), da Orquestra Sinfónica de Boston e da Orquestra Filharmónica de Nova York (1958-1969); tamén dirixiu na Scala de Milán e en Viena. Da súa produción, que reflicte a influencia da música popular do seu país e do jazz, cómpre salientar os musicais On the town (Na cidade, 1944), Candide (1956) e West Side Story (A historia da parte oeste, 1957); os ballets Fancy Free (Capricho libre, 1944) e Facsimile (Facsímile, 1946); a peza teatral Mass (1971) e a sinfonía nº 1 Jeremiah (1942) e a nº 3 Kaddish (1963). Das súas derradeiras composicións destacan as pezas: Missa brevis (Misa breve, 1988) e Arias and barcarolles (Arias e barcarolas, 1988)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Trazo baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago de Compostela que abrangue as parroquias de Aldemunde (Carballo), Rodís e Xesteda (Cerceda), Parada (Ordes), Andoio, Bardaos, Cabaleiros, Castenda, Corgullos, Tordoia e Vilabade (Tordoia) e a totalidade das parroquias do concello de Trazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago de Compostela que abrangue as parroquias de Cerceda, As Encrobas, Meirama e Queixas (Cerceda), Bruma (Mesía), Ardemil, Buscás, Leira, Lesta, Mercurín, Montaos, Ordes, Pereira e Poulo (Ordes) e Deixebre, Oroso e Trasmonte (Oroso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. De tendencia modernista, traballou na Coruña. Entre as súas principais construcións destacan a igrexa dos xesuítas, o colexio Labaca (1915), o Banco da Coruña (1923) ou o edificio Liñares Rivas (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro francés, posiblemente orixinario do Rossellón. Entrou na Península Ibérica cos exércitos de Napoleón e serviu de espía a favor dos rebeldes. Permaneceu en Barcelona, onde no 1821 organizou un complot republicano. Posteriormente, pasou a defender a Fernando VII e converteuse en caudillo absolutista. Unha sinalada vitoria en Guadalajara valeulle o ascenso a xeneral. No 1825 organizou unha revolta ultrarrealista en Brihuega (Castela) e, despois de ser feito prisioneiro, foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista alemán. Foi ministro do Interior de Prusia (1905-1907) e chanceller do Imperio (1909-1917). Deixou escritas as súas memorias: Betrachtungen zum Weltkrieg (Reflexións sobre a Guerra Mundial, 1919-1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos betsileos.

    2. Individuo dun pobo betsileo do grupo malgache.

    3. Pobo do grupo malgache instalado no centro de Madagascar. A base económica tradicional do millón de individuos que integran o grupo é a agricultura, fundamentalmente de arroz, que cultivan mediante un sistema de regadío por canles. Así mesmo, destacan como artesáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás betuláceas.

    2. Planta leñosa, árbore ou arbusto da familia das betuláceas.

    3. Familia de plantas leñosas, árbores ou arbustos, que comprende unhas 70 especies, da orde das fagais. As flores dispóñense en amentos masculinos e femininos. A planta monoica florece antes da saída das follas. Danse nos países temperados e fríos do hemisferio norte, aínda que hai algunhas especies na alta montaña tropical de América e Asia. Gran parte das betuláceas proporcionan madeira, moi apreciada na construción de mobles. A esta familia pertencen o amieiro, o bidueiro e a abeleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bexiatoáceas.

    2. Bacteria da familia das bexiatoáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das bexiatoais formada por organismos microaerófilos que oxidan o ácido sulfhídrico, como as do xénero Beggiatoa. Viven preto das fontes sulfurosas e na superficie dos lodos negros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo calvinista e historiador francés. Foi profesor de Teoloxía na academia protestante de Xenebra e, á morte de Calvino, foi nomeado rector. Participou no coloquio de Poissy (1561). Escribiu a encomiástica Vita Calvini (A vida de Calvino, 1564) e Histoire eclésiastique des Églises réformées au royaume de France (Historia eclesiástica das Igrexas reformadas no Reino de Francia, 1580). Publicou o texto grego do Novo Testamento (1565), considerado como a primeira edición crítica, e unha segunda edición, na que empregou o Codex Bezae descuberto por el mesmo en Lyon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que o número de solucións dun sistema de n ecuacións en n variables, de graos respectivos m1,...,mn é o produto destes, é dicir, é N = m1 m2...mn.

    VER O DETALLE DO TERMO