"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación creada o 14 de xuño de 1914 no concello de Cuntis para asistir gratuitamente os pobres que acudían a tomar baños ás termas de Caldas e Cuntis.
-
PERSOEIRO
Compositor, director de orquestra e violonchelista. Estudiou na Escola Municipal de Música de Barcelona, en Madrid, Bruxelas e París, grazas á protección do conde de Morphy e recomendado por Albéniz. O éxito da súa carreira internacional comezou en París en 1899. Ademais das súas actividades como solista (a través das que revolucionou o concepto técnico e expresivo do violonchelo) e de carácter docente, cómpre destacar a súa dedicación á música de cámara, que ten como expoñente máximo o trío que constituíu xunto con J. Thibaut e A. Cortot. Entre outras das súas iniciativas destacan as fundacións, en Barcelona, da Orquestra Pau Casals (1920-1939) e da Asociació Obreira de Concerts (1926-1939). A súa vida experimentou un cambio importante a raíz da Guerra Civil española e da Segunda Guerra Mundial: exiliado voluntariamente en Prada (Conflent), o seu silencio só se rompeu (á parte de excepcionais actuacións individuais) cos festivais de Prada (1950-1966) e, desde 1960, coa difusión para...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Casa pequena e algo desfeita ou en ruínas.
-
Aldea pequena onde as casas están construídas con materiais de baixa calidade e algunhas medio arruinadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cascabullo.
-
-
Anacos de calquera material duro, especialmente de pedra.
-
Conxunto de cascas.
-
Cápsula dalgúns froitos como as landras.
-
Envoltura dalgunhas sementes, especialmente a dos cereais.
-
-
-
-
Fragmentos miúdos de calquera cousa dura.
-
Fragmentos ou residuos que quedan despois de derrubar un edificio ou calquera outra construción.
-
Pedras esmagadas utilizadas para construír pavimentos.
-
Pedra miúda e area grosa que hai nun lugar, especialmente nos ríos ou nas praias.
-
-
Calquera cousa vella e sen utilidade.
-
Cartos en moeda.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, situada na comarca de La Plana Alta (135.729 h [1996]). Esténdese entre o mar e os últimos contrafortes do Sistema Ibérico. A parte interior do termo é montañosa aínda que cara á costa se estende unha enorme chaira, limitada ao N pola chegada da serra de Oropesa ao mar e, ao S, polo delta do río Mijares. Un posible movemento de submersión do litoral determinou a existencia dunha zona pantanosa ao longo da costa, separada do mar por unha franxa de dunas. Neste lugar hai arrozais, pero en regresión por mor da drenaxe do terreo que se está a converter en terra de horta. O 77% da superficie municipal está cultivada e nela predomina claramente o regadío, sector que xunto co da pesca conforma a súa base económica. Ademais das industrias tradicionais de cerámicas e de tecidos, destaca a construción mecánica e a industria química, así como o desenvolvemento do turismo. O núcleo urbano concentra o 90% da poboación municipal. En...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa da Comunitat Valenciana, con capital na cidade de Castelló de la Plana, constituída por tres partidos xudiciais e 135 municipios (6.679 km2; 456.727 h [1996]). Creada no 1822, correspondía aproximadamente á antiga gobernación do mesmo nome que incluía tamén terras aragonesas. No 1833 a nova división provincial conservou a provincia de Castelló e volveu aos límites históricos de València.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado na chaira aluvial da confluencia dos ríos Xúquer e Albaida (7.089 h [1996]). A agricultura de regadío e a gandería, sobre todo porcina, son as principais actividades económicas, aínda que tamén hai industria de conservas, de papel, de mobles e de materiais de construción. De orixe islámica, foi lugar real desde a conquista e Xaime I de Aragón incorporouna a Xàtiva. Foi independente, administrativamente, entre 1587 e 1708, data na que perdeu esa condición ata 1731 por apoiar o candidato austríaco durante a Guerra de Sucesión. A igrexa parroquial da Asunción, probablemente do s XV, reconstruíuse despois do terremoto de 1748. En 1901 inaugurouse o asilo de Sant Domènec cunha igrexa neogótica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (2.069 h [1996]). As actividades agropecuarias constitúen a súa base económica, especialmente a agricultura, ao destacaren o cultivo de vide, oliveiras e árbores froiteiras; na gandería sobresaen o armentío porcino e as explotacións avícolas. Pertencente á baronía de Rugat, nun principio, e aos duques de Gandía, despois, foi un foco de poboación mourisca. A igrexa parroquial da Asunción iniciouse en 1536.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, siyuado na comarca do Empordà (4.830 h [1996]). Destacan as actividades agropecuarias (cultivos de cereais, forraxeiras e froiteiras, e a cría de gando bovino e porcino). A industria máis importante é a láctea e a principal actividade económica é o turismo. O conde Gausfred I (931-991) converteuno en capital do condado de Empúries. En 1168 establecéronse os templarios, que organizaron a encomenda de Castelló; estes foron substituídos polos hospitaleiros que se mantiveron ata 1804. A finais do s XI construíronse as murallas. A igrexa parroquial de Santa María conserva da primitiva construción, dos séculos XI e XII, o campanario da torre cadrada; o corpo principal de tres naves é dos ss XIV e XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Vicente López, recibiu os favores do Rei Carlos IV e exerceu a docencia na Acadèmia de San Carles. É autor de pinturas murais e de flores, de naturezas mortas, de retratos e de pinturas históricas. Da súa pradución destaca o retrato O escultor Josep Cloostermans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi cirurxián da familia real e catedrático de Obstetricia do Real Colegio de San Carlos de Madrid (1814). Destituído en 1824 polas súas opinións políticas, foi rehabilitado tempo despois. Impulsou o plan de reforma do ano 1827 que uniu as ensinanzas de medicina e cirurxía. Entre os seus escritos destaca Memoria sobre el arreglo de la ciencia de curar (1836). En 1846 outorgóuselle o título de marqués de la Salud.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor italiano. Coñecido como o Bergamasco, construíu numerosos edificios en Xénova, como o palacio Podestá (1563) ou o palacio Doria (1564). En 1567 trasladouse a España, onde foi arquitecto e pintor de Filipe II. Traballou nos alcázares de Madrid e Toledo, e proxectou o palacio do Viso del Marqués en Ciudad Real.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural do Val de Lemos. As súas armas levan, en campo de sinople, dous castelos de prata, unha espada crebada no medio deles, e tres lises no alto.
-
PERSOEIRO
Músico e guitarrista. Coñecido como Sabicas ou Niño Sabicas, creou a chamada escola flamenca do sabiquismo. Debutou aos dez anos en Madrid con grande éxito e logo incorporouse á compañía da bailarina Carmen Amaya, coa que actuou por todo o mundo, ata se instalar finalmente en Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Castelló de la Plana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Castelló de la Plana.
-
-
PERSOEIRO
Biólogo. Licenciado en Farmacia, doutor en Bioloxía e profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela. As súas principais obras son Pulmonados desnudos de Galicia (1981), Caracoles terrestres de Galicia (1983) e Babosas de la Península Ibérica y Baleares (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma castelá correspondente ao apelido galego Castelo.
-
Liñaxe que se estableceu en Cambados. As súas armas levan, en campo de goles, un castelo de prata, superado dunha flor de lis, do mesmo metal, e, tapando a porta do castelo, unha árbore de sinople e dous cans de prata, atados ao seu tronco con cadeas.
-
-
SEMANARIOS
Semanario deportivo que naceu na cidade de Vilalba o 18 de marzo de 1950. Os seus fundadores foron Zoilo López Ron e Xosé Lois García Mato. Entre os seus colaboradores destacan Xosé Burgo Otero, Álvarez Mosquera Bouzo ou Xosé Fernández.
VER O DETALLE DO TERMO