"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Mosteiro situado no concello de Meis. A súa fundación, na aba do monte Castrove, atribúese ao seu primeiro abade, Ero de Armenteira, nobre galego que abandonou a vida cortesá polo retiro espiritual. Foi fundado no 1150 e rematado de construír no 1212. En 1162 pasou a depender da Orde do Císter. Recibiu numerosas doazóns territoriais, fundamentalmente nos ss XII-XIII, sobre todo por parte dos monarcas, testemuñadas en documentos reais de Afonso VII e Fernando II, así como en confirmacións pontificias de Anastasio IV e Alexandre III. Chegou a abranguer un amplo territorio que incluía o couto que rodeaba o mosteiro, e se estendía polo val do Salnés ata a vila de Cambados. Así mesmo, grazas ao favor real co que contaba, gozaba de prebendas á hora de acoller vasalos propios ou de permanecer exento do pagamento de tributos. Consérvanse no Arquivo Histórico Nacional de Madrid un total de 636 pergamiños dos ss XII-XV con documentación relativa a este mosteiro en lingua latina e romance, na súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na Guerra Carlista no bando isabelino, destacándose no sitio de Bilbao. En 1838 iniciou a súa carreira política como deputado electo por Sevilla. En 1844-1846 ocupou o ministerio da Mariña nos gobernos de Narváez e Istúriz, e a vicepresidencia do Senado entre 1852-1853. En outubro de 1857 asumiu o goberno, manténdose ata xaneiro de 1858.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formado na Escola de Arquitectura de Barcelona, na súa práctica profesional optou pola defensa dunha arquitectura racional en equilibrio coa realidade do medio. O exemplo máis salientable do seu facer arquitectónico é a Casa de Vilasouto, no Incio (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista dende 1947. Foi redactor-xefe do diario El Progreso, fundador e director de La Hoja del Lunes de Lugo, e subdirector e director do Faro de Vigo e do Faro deportivo. Colaborou coa BBC durante a súa estadía en Londres, foi asesor de información das embaixadas de España en Italia e na Santa Sé e director da axencia Efe dende 1969. Ocupou o cargo de profesor na Escola Oficial de Xornalismo e foi asesor nacional de Prensa. Colaborou en numerosos xornais españois e obtivo os premios África, o nacional do Ministerio de Información, o de xornalismo do Centro Galego de Bos Aires, o da Casa de Galicia de Nova York e outros moitos recoñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, director da Universidade Popular en Vigo e técnico superior do concello da mesma cidade. Foi secretario da Asociación da Prensa de Vigo e presidente da Unión de Periodistas de Pontevedra. No eido da comunicación desempeñou os postos de director do semanario El Pope, redactor-xefe da Hoja del Lunes de Vigo e redactor-xefe e director do Faro de Vigo. Ademais da súa experiencia como director do Museo de Castrelos de Vigo e como redactor no xornal El Pueblo Gallego, foi correspondente de diversas axencias de información. Obtivo o Premio da Crítica Galicia no apartado de ensaio e foi finalista do Premio Nacional de Literatura de Ensayo. Publicou, entre outras obras, Álvaro Cunqueiro: unha biografía e Cunqueiro, un fabulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Especialista en expresión vogal e en produción teatral. Participou na creación de Teatro do Adro, co que dirixiu o espectáculo Petición de man (1995), a partir do texto homónimo de Anton Pavlovič Čekhov. Tamén realizou diversos traballos como axudante de dirección en espectáculos como Un refaixo para Celestina (1993) e Viaxe e fin de Don Frontán, producidos polo Centro Dramático Galego; A noite das tríbades (1996) e Vellos Tempos (1998), realizados por Teatro do Atlántico; Ministros pola cara (1997), de Encuadre Producións; ou Lugar Común, estreado por Teatro de Ningures en 1999. Tamén ten realizado diversos traballos para cine, participando como axudante de dirección na película A noiva de medianoite (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político. Fundou La Revista, un dos primeiros periódicos de Pontevedra e, en 1859, El Propagandista. Foi colaborador de numerosos xornais de corte progresista como El Progreso, La Voz del Pueblo e El Derecho. Fundou o Partido Republicano de Pontevedra. Máis tarde trasladouse a Madrid, onde escribiu artigos para varios xornais e traballou como redactor de La Capital de Pi i Margall. Militou no Partido Liberal de Sagasta e ocupou o cargo de gobernador civil en Ourense, Girona, Alacant, Córdoba e Donostia, ademais de deputado en varias lexislaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, autor teatral e guionista cinematográfico. Destaca polo tratamento, nos seus filmes, de asuntos insólitos. Na súa traxectoria cómpre destacar Mi querida señorita (1971), El nido (1980), protagonizada por Héctor Alterio, Stico (1984), coa interpretación de Fernando Fernán Gómez, Mi general (1987), Una gloria nacional (1991), Al otro lado del túnel (1994) e El palomo cojo (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Arminius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario da doutrina de Arminius.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Armórica.

    2. Oroxenia herciniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Unidade xeolóxica situada ao NO de Francia, que se estende pola Bretaña, Vendée, Anjou, o baixo Maine e polo O de Normandía. Está formado basicamente por xistos cristalinos do Precámbrico pregados en dirección O-NO-L-SL, dirección chamada armoricana. Intensamente erosionados, estes materiais forman unha penechaira de formas suaves e monótonas, e que non exceden os 417 m. As rochas duras forman os relevos cunha disposición alongada; os xistos forman sucos e concas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica. Comezou a súa carreira dirixindo curtametraxes e documentais. O seu filme My briliant career (1979) conseguiu once premios do Instituto de cine de Canadá, incluíndo o de mellor directora e mellor película. Coa súa nova versión de Little women (Mulleriñas, 1994) baseada na novela homónima de Louise May Alcott, consolidouse en Hollywood. Dirixiu, entre outros filmes, High tide (En busca do pasado, 1986) e The last days chez nous (Os últimos días nos que permanecemos xuntos, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou un figurativismo esquemático e totémico (1942-1952) que desembocou nunha abstracción lírica que, despois dunha estadía en Tahití, evolucionou cara á alusión de fetiches.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dourador manierista de retablos portugués, relacionado co núcleo de Braga, que en 1592 se estableceu en Ourense, onde acadou gran sona. A súa obra concrétase en tres traballos de interese: retablo da Nosa Señora do Rosario, na Catedral de Ourense (1592), realizado por encargo de Xoán Novoa Millamarín, tesoureiro catedralicio en Sevilla; retablos de Santo Estevo de Ribas de Sil; e decoración mural do Claustro dos Bispos (Santo Estevo de Ribas de Sil). Así mesmo, en colaboración con Juan Martínez Español, é autor da pintura do retablo da capela das Neves (1596), na Catedral de Ourense. Forma parte dos artistas portugueses que, instalados en Galicia entre finais do s XVI e principios do XVII, centraron a súa actividade en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. O seu nome, como o das súas irmás Agnès de Saint-Paul e Angélique-Marie de Sainte-Madeleine, abadesas do mosteiro de Port-Royal, vai ligado ao Xansenismo. As súas obras De la fréquente communion (Da frecuente comuñón, 1643) e Lettres à une personne de condition (Cartas a unha persoa de condición, 1655) valéronlle a expulsión da Universidade de París. Escribiu coa colaboración de Lancelot unha Grammaire générale et raissonnée (Gramática xeral e razoada, 1690) e dous anos despois, coa de Nicole, Logique de Port-Royal (Lóxica de Port-Royal). No ano 1667 publicou tamén uns Nouveaux éléments de géometrie (Novos elementos de xeometría). Cando o Xansenismo foi condenado por Alexandre VIII (1690), fuxiu a Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador provenzal activo entre 1220-1253. Durante moito tempo pensouse que era de orixe catalana, pero logo se demostrou que este dato non era certo; de feito, a liñaxe dos Catalan estaba moi estendida no Reino de Tolouse. A súa biografía constrúese, sobre todo, a partir das súas composicións. Así, pódese admitir que entre 1220 e 1245 frecuentou a corte do conde provenzal Berenguer IV, xa que en catro das súas cinco cançós fai referencia a Beatriz de Savoia, muller coa que casou o conde en 1219 ou 1220. Tamén se corrobora esta estadía nunha tenzón, así como nunha doazón feita polo conde na corte de Aix en 1241, na que o trobador asina como testemuña. Entre a produción literaria de Afonso X conservada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, atópase unha tenzón bilingüe (“Sénher, ara ie·us vein quer[er]”) entre o Rei e un tal Arnaldo -que a crítica identifica co trobador provenzal- na que, como é preceptivo neste tipo de composicións, se establece un diálogo entre os dous...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador provenzal. Foi a figura máis representativa do trobar rico. As súas singularidades expresivas acadaron a miúdo unha rara beleza. Está considerado como o creador da sextina, combinación estrófica usada desde Dante a Ezra Pound.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo priorado pertencente ao mosteiro bieito de San Salvador de Celanova. Conserva o edificio monacal, hoxe casa rectoral, e unha interesante igrexa parroquial románica. No seu interior consérvase un retablo maior obra do entallador local Benito Arez González (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico norteamericano de orixe polonesa. Destacou no estudo da fotosíntese, campo en que descubriu, no ano 1954, a transformación da enerxía lumínica en enerxía química utilizable (ATP). Describiu tamén algúns dos intermediarios do esquema Z, modelo de transporte de electróns da fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO