"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Escritor salvadoreño. Militante activo contra a opresión política do seu país, publicou, entre outras obras, La ventana en el rostro (1961), Los testimonios (1964), Taberna y otros lugares (Premio Casa de las Américas, 1969) e Pobrecito poeta que era yo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría elaborada por J. Dalton coa finalidade de poder interpretar todo un conxunto de feitos experimentais, como por exemplo as relacións ponderais sinxelas entre os compostos químicos. Unha das principais proposicións da teoría afirma que todos os elementos químicos están constituídos por partículas moi pequenas, os átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas. Tamén postula que o átomo ten un conxunto de propiedades, entre as que se atopa a masa atómica que é característica de cada elemento. Sostén, así mesmo, que cando dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes. Finalmente, di que a cantidade mínima dun composto é a molécula e que esta ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan. Esta teoría foi o fundamento de posteriores hipóteses físicas e químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao daltonismo.

    2. Que ou quen padece daltonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que ten unha composición constante, por oposición a bertholido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Discromatopsia na que hai unha cegueira conxénita para algunhas cores, descrita e sufrida por J. Dalton. Caracterízase pola falta de percepción dunha ou dúas cores, mentres se conservan as outras funcións oculares. As cores máis afectadas son a vermella e a verde. Polo xeral aféctalle aos dous ollos e é máis frecuente no home ca na muller, xa que se transmite por un xene recesivo ligado ao cromosoma X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Caria. Como consecuencia dun naufraxio, chegou ao reino un médico chamado Polidario que curou a filla do rei, Sirna, dunha grave enfermidade. En agradecemento, Dameto concedeulle a man da princesa e regaloulle unha península.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. A súa infancia transcorreu en Curtis ata que en 1939 se trasladou á Coruña, onde comezou a debuxar e pintar da man de Dolores Díaz Baliño. As súas primeiras obras foron retratos, paisaxes e naturezas mortas realizadas coa técnica da acuarela. En 1950 fixo a súa primeira exposición e en 1952, tralo seu casamento co xornalista Celso Collazo, trasladouse a Madrid, onde estudiou no Círculo de Bellas Artes e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Ampliou a súa formación coas bolsas do ministerio de Educación Nacional (1954) e da Fundació Joan March (1959) e viaxou a Italia. Influenciada pola Escuela de Madrid, centrouse na paisaxe e, en concreto, na galega, tanto rural coma mariñeira. Ademais realizou tipoloxías populares e temas aldeáns, retratos e pequenas escenas portuarias. Nas súas primeiras obras empregou a acuarela, despois traballou o óleo. A súa pintura caracterizouse pola sinxeleza, por unha linguaxe elemental, na que utilizou cores vermellas, azuis e amarelas de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado francés. Foi procurador do Consello do Rei (1785-1791), pero dende 1789 participou nos movementos revolucionarios e alistouse dende o primeiro momento na Garda Nacional. Foi nomeado presidente do distrito de Cordeliers e fundou, xunto con Marat e Desmoulins, entre outros, a Sociedade dos Dereitos do Home e do Cidadán (1790), que se transformou posteriormente no Club dos Cordeliers. Formou parte da Comuna de París e do Directorio do departamento de París, desde o que encabezou a revolta republicana que se produciu despois da fuxida do monarca Luís XVI e culminou na matanza do Campo de Marte. Despois deste suceso exiliouse por pouco tempo no Reino Unido, pero ao seu regreso a París participou na revolución do 10 de agosto de 1792. A Asemblea decretou a suspensión do rei e nomeouse un Comité Executivo, en substitución do goberno, no que Danton foi nomeado ministro de Xustiza. Elixido deputado por París para a Convención Nacional, en setembro de 1792, foi un dos xefes do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Iniciou a súa carreira militar como oficial de artillería no norte de África. De regreso á Península participou na guerra contra Francia (1793-1794) e na defensa de Cádiz (1797). Ascendeu a capitán (1798) e en 1808 foi destinado a Madrid. Con Velarde, encabezou a insurrección popular de Madrid do 2 de maio fronte aos franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Catedrático de Xeometría Superior na Université de la Sorbonne. Publicou memorias sobre o estudo das superficies ortogonais, ecuacións diferenciais de segunda orde en derivadas parciais, aproximación de funcións, funcións descontinuas, etc. A súa obra Leçon sur la théorie générale des surfaces et les applications géométriques du calcul infinitésimal (Lección sobre a teoría xeral das superficies e as aplicacións xeométricas do cálculo infinitesimal, 1887-1896) constitúe unha síntese de traballos realizados nos campos da xeometría e do cálculo durante o s XIX. Desenvolveu tamén unha nova teoría sobre as superficies alxébricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, Reino Unido, no condado de Durham, nos contrafortes orientais dos Pennines e drenada polo río Tees (101.100 h [1996]). Do seu patrimonio destaca a igrexa gótica de Saint Cuthbert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo inglés. Catedrático de Botánica da Oxford University desde 1953, fixo numerosas investigacións sobre citoloxía, xenética e evolución. Da súa obra destacan Evolution on Genetic Systems (Evolución sobre sistemas xenéticos, 1958), Genetics and Man (A xenética e o home, 1964), Cytology (Citoloxía, 1965) e The Little Universe of Man (O pequeno universo do home, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circuíto electrónico constituído por dous transistores en configuración do tipo en colector común, conectados en fervenza. Caracterízase por ter unha ganancia de intensidade moi elevada, unha impedancia de entrada moi alta e unha impedancia de saída moi baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas insectívoras, da familia das sarraceniáceas, propias de California.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeroxerador inventado polo francés G. Darrieus no ano 1931. Consiste nun conxunto de pas de perfil simétrico biconvexo, rixidamente unidas, que xiran arredor dun eixe vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plexo de fibras musculares lisas situadas inmediatamente debaixo da pel do escroto no home e dos labios maiores da vulva da muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que se ocupa da dirección das cortas dos montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xulio Martínez Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos tiranosauros de ata 8,5 m e 3,6 toneladas de peso, mandíbulas curtas de dentes moi grandes e de bordo serrado, con garras moi grandes. Depredaba grandes dinosauros herbívoros, como os ceratopsios. Propios de finais do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en Norteamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña (1948-1956) e trasladouse a Madrid como bolseiro pola Deputación da Coruña. En Madrid estudiou na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (1956-1961), centro no que foi profesor de colorido e composición (1969-1976). Foi catedrático de Pintura da facultade de Bellas Artes da Universidad Complutense de Madrid. Recibiu unha bolsa do ministerio de Asuntos Exteriores e trasladouse a Venecia, onde estudiou pintura mural con Bruno Saetti (1961-1962). Entre 1965 e 1968 recibiu unha pensión da Academia Española de Bellas Artes de Roma. A súa estética transcorreu dende o neorrealismo á abstracción máis absoluta e achegouse a propostas próximas á pop art, nas que as súas visións persoais se mesturan con imaxes de prensa e tipografías diversas, pero sen perder o poder da mancha e do debuxo. Nas súas obras o feo, o pobre, o mundo dos desapercibidos e do suburbio adquiren unha dimensión nova. Nun primeiro momento, as súas pinceladas tinguiron...

    VER O DETALLE DO TERMO