"bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada no concello de Muxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deporte de pelota practicado entre dous equipos de seis xogadores que consiste en facer pasar a pelota ao campo contrario por riba dunha rede situada no medio da pista a 2,43 m de altura, no caso do voleibol masculino, e a 2,24 m no feminino. Xógase nunha pista rectangular de 18 m por 9 m. A pelota pode golpearse con calquera parte do corpo de cintura para arriba. Se a pelota toca o chan significa un punto en contra do equipo que debía devolvela. Un xogador non pode tocar a pelota dúas veces seguidas nin un equipo pode tocala máis de tres veces sen pasala ao campo contrario. O primeiro equipo en facer 15 puntos adxudícase o set, se ten dous puntos de vantaxe sobre o equipo contrario. O partido remata cando un equipo gaña tres sets. Figurou por primeira vez no programa olímpico en 1963.

    2. ariante de voleibol que se practica na praia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 30 de agosto de 1969. Non cesou antes de 1978. Subtitulada “Órgao do Partido Comunista de Galicia”, do que foi voceiro, a partir de 1977 incluíu a tira cómica “O fillo de Breogán”, de Pepe Carreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome ruso de Viipuri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Londres 20.4.1796 - Wellington, Nova Zelanda 16.5.1862) Colonizador. En 1830 iniciou a colonización de Australia Meridional, que orientou cara á gandaría, e en 1837 a   de Nova Zelanda (1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo alemán. Coñecido como Eberhard Foerster e Christian Munk, a súa obra ofrece unha temática histórica e de crítica social. Destaca o drama Die Illegalen (Os ilegais, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Desde a base do realismo de G. Coubert, pasou por unha etapa impresionista, a partir da que chegou a unha síntese de impresionismo, simbolismo e estampa xaponesa. Destacan The princess of the land of Porcelain (1864) e Miss Cicely Alexander (1872-1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico sueco. Cultivou a sátira, o conflito social e a historia romántica en películas como Barnvagnen (O pecado sueco, 1963), Adalen 31 (1969, Gran Premio do Xurado en Cannes), Mannen frän Mallorca (O home de Mallorca, 1984) e Lust och fägring stor (1995, Silberner Bär en 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estoxo de diferentes materiais, que se emprega para colocar ou gardar o xabón para o aseo persoal e que pode estar disposto como un accesorio fixo do mobiliario do baño.

    2. herba concheira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao xabón.

    2. Persoa que fabrica ou vende xabón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación xenérica dos deterxentes constituídos por un sal metálico alcalino, amónico ou alquilamónico dun ácido graxo. A súa produción é coñecida desde hai máis de 2000 anos. Orixinariamente empregáronse desde o punto de vista médico e non adquiriron importancia coma axentes limpadores ata os primeiros séculos da era moderna. Problamente, os primeiros fabricantes de xabón empregaron graxas animais engadidas a unha dispersión acuosa de madeira ou cinzas de plantas, que contiña carbonato potásico. Ao ferver a mestura e evaporarse a auga diversas veces, prodúcese unha descomposición natural das graxas, e o ácido graxo constituínte reacciona co carbonato alcalino para formar o xabón. Aínda se seguen fabricando os xabóns por saponificación de aceites e graxas vexetais con hidróxido sódico ou potásico, aínda que na composición final entren outros aditivos. Os xabóns teñen aplicacións na limpeza doméstica, pero tamén como deterxentes na industria téxtil, na do metal e na do papel, aínda que...

    2. Esteatita pulverizada e comprimida, de diversas cores, que empregan os xastres para facer marcas na roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (16.389 km2; 293.300 h [estim 1995]). A súa capital é Muang Xaignabouri (13.775 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete que corresponde á voz ‘testa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete que corresponde á voz ‘topenear’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e humorista. De nome Tomás Ares Pena, debutou en Madrid con comedias de Adolfo Torrado. Desde a década de 1940 participou nos filmes Polizón a bordo (1941), Un marido de ida y vuelta (1957), La gran familia (1962), Volvoreta (1976) ou Mi hija Hildegart (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz, do latín dos chafoutas, da verba dos arxinas e do verbo dos daordes que corresponde ás voces ‘pai’ e ‘vello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten xenofobia. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da botánica que estuda os aspectos descritivos e causais da distribución xeográfica dos vexetais. O seu campo de estudo coincide parcialmente cos da fitoxeografía e a ecoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO