"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de renovar ou renovarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir do 1 de febreiro de 1918. Cesou o 28 de abril do mesmo ano (nº13). Subtitulouse “Semanario social-agrario. Órgano de la mayoría de las Sociedades del Partido Judicial de Pontevedra”. Saíu todos os domingos e incluíu artigos de carácter social e agrario, ademais de poesías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Mondoñedo a partir de xaneiro de 1926. Cesou o 25 de maio de 1929 (nº168). Subtitulado “Órgano de la Unión Patriótica en este Partido”, saíu os sábados e funcionou como voceiro desta organización. Incluíu algúns textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario editado en Ponteareas a partir de maio de 1931. Cesou en xullo de 1936, tras unha paréntese entre outubro de 1934 e agosto de 1935. De tendencia socialista, funcionou como voceiro da Casa do Pobo de Ponteareas. Estivo dirixido por Ramón Rodríguez e Benito Casanovas, edil do PSOE e deputado provincial, e colaboraron nel militantes da bisbarra do Tea e Vigo, como Henrique Heraclio Botana. O xornal recolleu abundante información sobre o partido, a UGT e a FNTT. Tras superar unha suspensión gobernativa, coñeceu unha notoria radicalización do seu contido, ao reclamar un achegamento ao Partido Comunista e a fusión de todas as organizacións proletarias, políticas e sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político conservador e monárquico fundado a partir de Acción Nacional en marzo de 1933 en Madrid. Estivo constituído por Antonio Goicoechea, Xosé Calvo Sotelo e Pedro Sainz Rodríguez, entre outros. Participou na sublevación do 18 de xullo de 1936. En Galicia está vinculado ao seu líder X. Calvo Sotelo. Na lexislatura 1933-1936 acadaron 7 actas de deputado: 3 por Ourense, 2 pola Coruña e 1 por Lugo e Pontevedra; e na lexislatura 1936-1939 acadou xunto co Bloque Nacional 3 deputados pola provincia de Ourense e 1 pola de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir do 3 de febreiro de 1921. Non cesou antes do 13 de marzo de 1924. Subtitulado “Semanario católico” e “Semanario social católico”, estivo promovido polo Círculo Antoniano. O seu redactor xefe foi Tomé Pedret e incluíu algunhas composicións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de renunciar a algunha cousa.

    2. Renuncia que se fai plenamente, sen reservar nin froitos nin títulos.

    3. Abnegación dun mesmo, da propia vontade ou dos propios intereses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de renunciar, en determinados xogos de cartas.

    2. Mentira ou contradición en que se colle a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reocupar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reordenar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reorganizar ou reorganizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reorientar ou reorientarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reparar.

    2. Restitución ou compensación en caso de inxuria persoal, detracción ou ofensa.

    3. Obriga que ten o que cometeu un dano de restablecer o equilibrio patrimonial roto. A responsabilidade civil orixina no prexudicado unha pretensión de resarcimento. O cumprimento da reparación pode ser efectuado pola restitución da cousa, o cumprimento da obriga ou por indemnización por danos e prexuízos.

    4. Contribución que debe satisfacer, unha vez rematada a guerra, o estado vencido con respecto ao vencedor, en concepto de resarcimento dos danos materiais da guerra. A reparación introduciuse como cláusula nos tratados de paz desde o s XVIII. A Conferencia de Yalta (1945) estableceu as reparacións a favor das nacións que máis perderan e a de Potsdam (1945) estableceu un sistema de reparacións en especie a base das confiscacións nas zonas ocupadas.

    5. Desagravio feito a Deus polas ofensas que se lle fan, por medio da pregaria e da penitencia.

    6. Restablecemento do home na súa integridade orixinal en virtude da redención e da aceptación dos sufrimentos como castigo polo pecado, que é un agravio a Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de repartir ou repartirse.

    2. partición.

    3. función de distribución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de repatriar ou repatriarse.

    2. Retorno dos capitais ao país de orixe. Adoita referirse ao proceso de liquidación de investimentos no estranxeiro e ao reinvestimento do produto no mesmo país investidor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de repaxinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de repetir ou repetirse.

    2. Dereito e acción de reclamar e de obter a reintegración de algo que foi pagado indebidamente ou por erro en beneficio doutro. O que cobrou inxustamente está obrigado á súa restitución.

    3. Fragmento dunha obra musical que se interpreta dúsa veces consecutivas.

    4. Figura de dicción que consiste en repetir unha palabra ou un grupo de palabras ao comezo de dúas ou máis cláusulas, dotando a expresión dunha certa énfase.

    5. Arma de fogo que pode efectuar varios disparos cunha soa alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de replantar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de repleto.

    2. Abundancia excesiva dun ou máis humores, e en particular de sangue.

    3. Estado dun órgano cheo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de replicar.

    2. Proceso de síntese do ADN que fai posible a transmisión da información xenética entre xeracións celulares. J. D. Watson e F. J. Crick propuxeron unha hipótese para explicala, denominada semiconservativa. Segundo eles, a dobre hélice do ADN proxenitor vaise desevolvendo en dúas cadeas sinxelas, cada unha das cales serve de resorte para o encaixe dunha nova cadea de ADN que se vai sintetizando. Ao final fórmanse dúas novas dobres hélices idénticas á do ADN orixinal, que conteñen exactamente a mesma información xenética. Esta hipótese foi comprobada experimentalmente por Meselson e Stalh.

    3. Proceso de copia da información xenética contida no ARN dun xenoma vírico.

    VER O DETALLE DO TERMO