"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Conxunto de regras e convencións das corridas de touros orixinadas en Castela e establececidas a finais do s XVII que rexen nas prazas de touros españolas e de diversos países de América Latina. A corrida está composta por varios terzos, no primeiro a misión do toureiro é a de parar o touro, chamando a súa atención para que reduza a velocidade e turre contra o capote. A seguinte fase é a dos picadores, no segundo terzo, na que interveñen os banderilleiros. No terceiro terzo vén o toureo de muleta, que é a parte central do espectáculo, na que o toureiro efectúa as mellores posicións de lucimento, para acabar coa estocada da espada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de gravados de temática taurina realizados por Francisco de Goya á augaforte e augatinta. Foron feitos entre 1815 e 1816 e publicados en 1816. Baséanse en sanguinas, e consérvanse maioritariamente no Museo del Prado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de augatintas de Pablo Picasso editadas en Barcelona en 1959, acompañando o texto da obra homónima de José Delgado. Realizada en 1957, considérase unha das principais series de gravados realizados polo artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á tauromaquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (8.653 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tectibranquios.

    2. Gasterópodo da antiga orde dos tectibranquios.

    3. Antiga orde de gasterópodos, da subclase dos opistobranquios, coas branquias situadas no lado dereito da cavidade paleal e cunha cuncha, externa ou ben recuberta por manto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo artístico formado en Londres en 1932 por Berthold Lubetkin ao que pertencen Anthony Chity, Lindsay Drake, Michael Dugdale, Val Harding, Denis Lasdun e G. Samuel. Reformaron o zoolóxico de Londres e, das súas obras, dun racionalismo ortodoxo, cómpre destacar o Centro Sanitario (1938), as vivendas Spa Green e Priory Green (1951), en Finsbury ou os bloques Flats (1954), en Paddington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural protexido declarado Parque Nacional en 1954. Situado na illa de Tenerife, Canarias, abrangue 18.990 ha distribuídas nos municipios de La Orotava, Los Realejos, San Juan de la Rambla, La Guancha, Icod de los Vinos, Garachico, Santiago del Teide, Guía de Isora, Adeje, Vilaflor, Granadilla de Abona e Fasnia. Comprende o volcán Teide, de 3.718 m de altitude, e a caldeira volcánica de Las Cañadas. Xeomorfoloxicamente, toda a estrutura conta cunha gran variedade de formas como   covas ou domos. En canto á fauna as aves son o grupo máis representativo. Pódese atopar o lagarteiro, o pimpín azul do Teide, o canario, que forma grandes bandos en primavera e outono, o picanzo, a pomba brava, que habita de forma permanente, e a migratoria rula. Na primavera e no verán chegan bubelas, cirrios e outras especies. Existen unhas 400 especies de insectos, moitas delas endémicas, un único réptil (o lagarto tizón), e algunhas especies de morcegos e ourizos, que son os únicos mamíferos autóctonos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Coñecido como Teixeira de Pascoaes, foi inspirador do grupo Renascença Portuguesa e do seu voceiro, a revista A Águia, que dirixiu entre 1912 e 1917. Romántico serodio, a súa cosmovisión baséase no sentimento da saudade, elevada a teoría metafísica (saudosismo). Exerceu unha profunda influencia na lírica galega de principios de século. Destacan os seus libros Senhora da noite (1909), Marânus (1911), O doído e a morte (1913), Elegia da solidão (1920) e Versos pobres (1949). Escribiu tamén ensaios e biografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Raquel Welch, foi considerada un símbolo sexy na década de 1960. Da súa filmografía destacan The Fantastic Voyage (1965), One Million Years B.C. (1966), The Three Musketeers (1973), Scandal in a Small Town (1988) e Forget About It (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista fundada en 1960 en París, publicada por Éditions du Seuil ata 1983. Reuniu, ao redor de P. Sollers e J. Lristeva, un grupo de intelectuais, como Jean Ricardou, Denis Roche e Marcelin Pleynet, que, desde perspectivas diferentes, se interrogaron sobre os problemas da creación literaria, a función do intelectual e a posibilidade de romper cos moldes ideolóxicos e lingüísticos, coa crenza de que para renovar a humanidade era necesario, inicialmente, transformar a súa linguaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase inicial do crecemento das mamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teleférico en que o pasaxeiro se agarra a uns cabos elásticos que penduran do cable tractor para ser transportado á parte máis alta da pista de esquí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e político. Licenciado en Filosofía e Letras, foi secretario nacional da Unión de Traballadores do Ensino de Galicia (1978-1983). Militante do BN-PG desde 1979 e do BNG desde a súa fundación, foi deputado no Parlamento galego (1993-2002) e concelleiro no concello da Coruña desde 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, regado no sector SO polo río Algodor (2.165 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Dedicouse á reorganización hospitalaria ata 1792, e a partir de entón fixo investigacións anatómicas. Describiu a cápsula de Tenon, que envolve a parte fibrosa do globo ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Filipe IV en 1462 a Juan Fernández de Lima y Brito , vizconde de Vilanova de Cerveira e marido de Francisca Luisa de Sotomayor. Permaneceu unido ao ducado de Sotomayor e ao condado de Crecente ata o falecemento da VI duquesa de Sotomayor, Mariana Nin Zastrillas Sotomayor y Lima en 1847. Herdouno entón o seu neto Vicente de Alcántara y Vera de Aragón , VIII marqués de Tenorio (1867) e, sucesivamente, os seus descendentes: Santiago de Alcázar y del Nero (1879) e María de la Concepción del Alcázar y del Nero (1892). Unha das fillas desta, María de la Concepción Blanca de Collado y de Alcázar converteuse na XI marquesa de Tenorio en 1898. Morta sen descendencia, o título permaneceu vacante entre 1955 e 1984, cando foi rehabilitado pola súa sobriña--bisneta, María Eugenia Fitz-James Stuart , XII marquesa de Tenorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Antioquía. O seu pensamento está no inicio da teoloxía trinitaria e cristolóxica. Consérvanse os tres libros Ad autolycum, de carácter apoloxético. A súa festividade celébrase o 13 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das loitas entre deuses nas antigas mitoloxías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Miranda, Venezuela, situada 20 km ao SO de Caracas (172.815 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO