"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte. A súa obra é froito dun dilatado proceso de reelaboración de imaxes e signos con preferencia polo debuxo, empregando técnicas de moita precisión, como o aerógrafo. O resultado son obras que transmiten unha serenidade case mística. A súa investigación teórica céntrase na semiótica das artes icónicas. Foi profesor invitado nas Universidades de Madrid, Zaragoza e Santiago de Compostela. Expuxo en diferentes salas de España e Francia. En 1980, xunto con María José Moreno, fundou a Academia de Belas Artes de Vigo, onde se formaron moitos pintores vigueses.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, no val de Artana (1.909 h [1996]). A súa actividade industrial está baseada en recursos naturais, destacando o aceite, famoso pola súa calidade. Os restos do seu castelo conservan parte dunha antiga construción romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, actor, director e teórico teatral. Creador de diversas compañías de teatro de desigual fortuna, as súas achegas máis interesantes hai que situalas no eido da reflexión e das propostas de carácter teórico, sobre todo aquelas nas que enunciaba o Teatro da Crueldade, nas que reclamaba a recuperación dunha teatralidade renovada ou nas que mostraba a transcendencia doutras tradicións teatrais. Foi membro do grupo surrealista de Breton (1924), pero axiña rompeu con este para atacalo. Desta época son dous libros de poesías: L’ombilic des limbes (O embigo dos limbos, 1925) e Le Pèse-Nerfs (O Pesa-Nervios, 1927). Publicou L’art et la mort (A arte e a morte, 1929) e Le manifest du théâtre de la cruauté (O manifesto do teatro da crueldade, 1932), onde expuña a súa utopía dramática de influencia oriental. A única concreción das súas concepcións teóricas é Les Cenci, que foi un fracaso (1935). O seu libro El teatro y su doble, publicado orixinalmente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor xesuíta interesado pola música e a estética en xeral. Foi autor, entre outras obras, de Le rivoluzioni del teatro musicale, dalla sua origine fino al presente (A revolución do teatro musical, dende a súa orixe ata o presente, 1783), obra de fonda repercusión en Europa, na que exalta o drama musical metastasiano contrapoñéndoo ao melodrama vixente na época. Outra obra súa foi Investigaciones filosóficas sobre la belleza ideal considerada como objeto de todas las artes de imitación (1789), na que defende que a arte imita á natureza, pero non a copia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratados sobre a predicación que ofrecían as regras básicas para construír sermóns eficaces e elocuentes. Multiplicáronse entre os séculos XIII e XV, cando se empezou a considerar que a eficacia do sermón dependía en parte das calidades oratorias, das dotes do predicador e da división en partes do sermón, elementos que favorecían a comprensión das mensaxes polo público. Progresivamente deuse entrada nestes tratados ao sermón en lingua vulgar e á utilización de proverbios e exemplos co fin de clarificar os contidos. As artes sermocinandi sobreviviron ata os tempos da Reforma, cando xurdiron os novos modelos de predicación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada no ano 1988 pola Asociación Galega de Artesáns. Conta con abundantes colaboracións literarias e fotográficas, amais dos deseños de Xurxo Fernández.
-
-
Relativo ou pertencente á artesanía.
-
Persoa que exerce unha arte ou oficio manual, moitas veces de carácter tradicional. As actividades artesanais comezaron a realizarse como complemento dos labores agrícolas. Os labregos desenvolvían o oficio despois de ter feitas as tarefas propias ou cando o coidado do campo, principalmente no inverno, non requiría demasiado tempo. Este traballo resultaba fundamental para o abastecemento dos útiles de labor e o seu mantemento en bo estado significaba unha fonte de ingresos complementarios. Pouco a pouco os traballos foron especializándose e xurdiu o artesán como oficio específico. O traballo organizábase en pequenos obradoiros de carácter familiar nos que se mantiña unha tradición transmitida de xeración en xeración, pero en certos casos podían dispoñer dun ou varios xornaleiros. Os obradoiros servían, ademais, como lugares de formación dos futuros artesáns: os aprendices permanecían na casa do mestre artesán durante un período de tempo que podía ser moi variable, dependendo da dificultade...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de artesáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo á artesanía.
-
-
Técnica de produción de obras decorativas ou con pretensións artísticas feitas á man e con repetición de pezas. Diversos oficios manuais deron lugar a formas de artesanía; así, a cerámica, a forxa do ferro, o traballo do arame, a vidrería (cristal soprado), a ebanistería (madeira tallada), etc. Actualmente sofre unha deformación en beneficio dos fabricantes de obxectos turísticos.
-
Obra realizada de xeito manual, sen emprego de procesos industriais.
-
Conxunto de actividades desenvolvidas mediante un traballo manual, aplicando ferramentas sinxelas e tecnoloxía básica. A diferencia da fabricación industrial, caracterízase pola elaboración de produtos individualizados e pola propia organización da empresa. O traballo artesán elabórase dentro de empresas de pequenas dimensións, de carácter familiar ou cooperativo, onde non existe unha especialización de funcións e o artesán realiza todas as tarefas. A comercialización soe ser realizada de forma directa polo propio artesán, sen a intervención de intermediarios. As técnicas de márketing fixéronse necesarias para a promoción destes produtos, caracterizados, fronte aos de elaboración industrial, como obxectos exclusivos e de calidade. A artesanía viuse reducida a unha pequena cantidade de oficios, algúns deles herdeiros directos da vida tradicional e da súa organización, como a olería, o tecido, a cantería ou a carpintería. Os seus traballos perderon o carácter funcional e pasaron a ser elementos...
-
-
-
Relativo ou pertencente á rexión francesa de Artois.
-
Natural ou habitante de Artois.
-
Relativo ou pertencente ao pozo artesiano.
-
Pozo no que a auga que hai en profundidade está sometida a unha presión hidráulica suficiente para obrigala a subir de xeito espontáneo.
-
-
PERSOEIRO
Político flamengo, fillo de Jacob van Artevelde. A tensión entre os artesáns, capitaneados polos teceláns, por unha banda, e o patriciado urbano e o conde de Flandres Luís de Male, pola outra, derivou nunha rebelión en Gante (1379). No 1382 os artesáns, encabezados por Filips van Artevelde, derrotaron o conde en Beverhouts. Case todo Flandres recoñeceu a súa autoridade; emporiso, o Rei de Francia acudiu en socorro do conde e derrotou os insurxentes en Roosebeke, morrendo na batalla Filips van Artevelde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político flamengo. Xefe do goberno municipal de Gante. Apoderouse de Bruxas e conseguiu a neutralidade e o libre comercio con Francia e Inglaterra (1338). Enfrontado con Luís de Nevers, aliouse con Eduardo III de Inglaterra, proclamado Rei de Francia en Gante (1340). Formou confederación entre Flandres, Brabante (1339) e Hainaut (1340), pero foron vencidos tralo asedio de Tournai. Acusado de malversación, morreu a mans de teceláns amotinados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
O máis setentrional dos océanos, comprendido entre o Polo Norte e os 70° de latitude N (14.089.000 km2). É subsidiario do Atlántico e está virtualmente rodeado por Noruega, Rusia, Alasca e Canadá. Comunica co Océano Atlántico polos dous costados de Grenlandia a través da baía de Baffin, o estreito de Davis e o mar do Labrador polo O, polo mar de Grenlandia e o mar de Noruega polo L e co Pacífico a través do estreito de Bering. A plataforma continental é ampla nas costas europea e asiática, e estreita na costa americana. A profundidade máxima é de 5.355 m e a media de 1.625 m. A influencia dos ríos Mackenzie, Lena, Ienisei e Obi e a escasa evaporación nas rexións árticas provoca unha forte circulación das augas principalmente cara ao Atlántico, onde se forman as correntes frías de Grenlandia e a cálida do Atlántico setentrional. Os icebergs formados nos glaciares de Grenlandia teñen grandes dimensións e son transportados cara ao sur polas correntes frías. A salinidade é a máis...
-
PERSOEIRO
Erudito español. Escribiu sobre a figura e a obra de Menéndez y Pelayo, e dirixiu a edición das súas obras completas. A súa obra Don Luis de Góngora y Argote. Biografía y estudo crítico (1925) influíu na Xeración do 27.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trampa, astucia para enganar a alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inventar, pensar artimañas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten habilidade, arte e maña para facer algunhas cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceiro estrato do Pérmico inferior, situado enriba do Sakmariano e debaixo do Kunguriano. É equivalente ao Autuniano superior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Artinskiano.