"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de repoboar.
-
Acción desenvolvida durante a Reconquista (ss IX e XIII) na Península Ibérica. Tivo como finalidade volver poboar con cristiáns os territorios que foran conquistados polos musulmáns durante o s VIII, para asegurar a súa defensa e a explotación agrícola e gandeira. Beneficiou especialmente os mosteiros, as ordes militares e a nobreza. Nos reinos occidentais fíxose inicialmente por medio da presuria e nos orientais pola aprisio. O repoboamento de Galicia, val do Douro e o alto Ebro (ss VIII-X) foron obra de homes libres e de mosteiros bieitos. Mentres en Galicia e León os campesiños foron absorbidos axiña polos grandes propietarios, en Castela mantívose a pequena propiedade. Nos ss XI e XII a repoboación chegou ata o Tajo e o val do Ebro. Nas zonas fronteirizas favoreceuse pola concesión ás cidades de foros, cartas de franquía ou poboamento, con exencións fiscais. No interior repobouse o Camiño de Santiago, con francos e mosteiros cluniacenses, e outras zonas ata entón desérticas, con monxes...
-
reforestación.
-
-
-
Acción e efecto de repoñer ou repoñerse.
-
Acto xurídico polo que se volve unha causa ou preito ao seu estado primitivo.
-
Investimento de capital vinculado á amortización dos gastos debidos ao desgaste dos elementos patrimoniais.
-
-
-
Acción e efecto de representar.
-
Conxunto de persoas que representan unha corporación.
-
Cousa que representa algo ou a alguén.
-
Poder, de carácter revogable, outorgado legalmente a un procurador, avogado ou graduado social colexiado, para representar a alguén nunha causa procesual. Este poder remata coa morte da persoa que o dá, se o litigante transmite os seus dereitos sobre a cousa litixiosa a outra persoa ou á morte ou cese no oficio do procurador.
-
Reprodución consciente dun obxecto efectivamente presente, dunha percepción pasada ou dun acontecemento futuro. Segundo o sentido que predomina na percepción dos obxectos fálase de representacións ópticas ou acústicas, entre outras. Segundo a forma que a representación adopta fálase de representacións eidéticas e non eidéticas, conceptuais, efectivas ou volitivas.
-
Grupo de permutacións, matrices ou transformacións que é isomorfo respecto doutro grupo dado. Cando se trata con grupos abstractos é necesaria unha representación do grupo, para operar mellor con el.
-
Dado un grupo G, grupo H tal que existe un homomorfismo de G en H epixectivo (ou exhaustivo). Dise que H é a representación de G.
-
Obra de teatro presentada ante o público.
-
Método gráfico mediante o que é posible debuxar unha figura (punto, curva ou superficie) nun espazo dado.
-
Método que permite representar figuras ou elementos do espazo mediante debuxos planos. Dos sistemas de representación máis utilizados destacan os diferentes tipos de proxección (como o de planta e alzado) e de perspectiva. Constitúe a base da xeometría descritiva e ten unha aplicación importante no debuxo técnico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reprobar.
-
-
Acción e efecto de reproducir ou reproducirse.
-
-
Cousa que reproduce outra.
-
Obxecto que reflicte ou está conformado como outro obxecto artístico tido por orixinal, para utilizalo en maior ou menor grao como intermediario para a documentación, coñecemento ou fruición dos valores históricos, culturais, estéticos ou funcionais do obxecto orixinal. Comprende a copia fiel de imaxes sagradas, a repetición de escenas ou motivos na Antigüidade e no mundo medieval, a fabricación de copias nos talleres renacentistas, a difusión do gravado, ou os revivals, e a produción industrial.
-
-
-
Proceso polo que os seres vivos aseguran a aparición de elementos ou individuos novos ou idénticos aos seus proxenitores. Constitúe un fenómeno que se manifesta en varios niveis. A nivel molecular tradúcese na duplicación do ADN. A nivel celular relaciónase co crecemento da célula, que cando acada un tamaño concreto comeza a súa división. Nos organismos unicelulares a capacidade de reprodución dunha célula representa a produción dun novo individuo. Nos organismos pluricelulares aparece a sexualidade, a diferenciación sexual e a fecundación mediante dous gametos, que é a forma máis normal de reprodución. A reprodución sexual supón unha diversificación, xa que o organismo que resulta é unha mestura dos carácteres dos dous proxenitores. Se ben a reprodución sexual é característica dunha evolución avanzada, moitos organismos pluricelulares non perderon a asexual. Das modalidades de reprodución asexual destacan a xemación, a esquizoxénese, a esporoparidade e a partenoxénese. Na reprodución sexual,...
-
Renovación dunha parte orgánica destruída.
-
-
Operación contraria á gravación pola que se reconstitúe a información primitiva. No caso da reprodución do son, obtéñense as ondas sonoras compoñentes da información almacenada nun disco, unha fita magnética ou unha película cinematográfica. Os equipos empregados constan de varios elementos ou aparatos: o dispositivo de lectura, o amplificador, co preamplificador e os altofalantes (dispostos a miúdo en caixas acústicas) ou auriculares.
-
Proceso que permite, dadas unhas determinadas condicións económicas, sociais e técnicas, a produción específica e o mantemento do modo de produción en que estas teñen lugar. Introducido polo marxismo, parte da consideración das condicións materiais que fan posible o autosostemento dun determinado modo de produción, é dicir, o proceso que consiste en converter constantemente unha parte dos produtos creados en novos mediante a produción. A reprodución simple dáse nun sistema produtivo que conserva indefinidamente as mesmas dimensións e a mesma composición interna, é dicir, que os novos medios de produción xerados só conseguen substituír o capital que se vai consumindo. A reprodución ampliada pecha o proceso de acumulación, e por iso os novos medios de produción xerados son máis grandes, o que non sería necesario para substituír o capital fixo consumido.
-
Método demográfico que permite medir dunha forma clara e operativa o número dos nacementos. O futuro dunha poboación depende do número de mulleres fértiles e do seu comportamento cara á procreación. A medida máis efectiva da fecundidade en previsión ao futuro é o cálculo das probabilidades de relevo xeneracional das mulleres en idade fértil (15-49 anos) dunha poboación estudada. O método parte do cálculo das taxas de fecundidade por idades nun momento dado, en tanto por un. A suma destas considérase a probabilidade de procreación per cápita das mulleres da poboación mencionada durante un certo período de tempo. Multiplicando a probalidade de reprodución (número de fillos por muller) por 0,488 (estatisticamente de cada 100 nacidos, 48,8 son nenas) obtense a taxa bruta de reprodución. Esta taxa non garante que as substitutas nacidas acaden unha idade fecunda, xa que isto depende das taxas de supervivencia da poboación feminina en cuestión. En consecuencia, para ter garantías...
-
-
-
Forma de locomoción en que o corpo, xeralmente alongado, avanza sobre unha superficie, a pesar de faltarlle os membros locomotores. O tipo de reptación máis coñecido quizais sexa o das serpes, que poden presentar reptación de catro formas diferentes: ondulación en zigzag, avance en acordeón, progresión rectilínea e arrastre lateral, pero a maioría das especies poden utilizar máis dun sistema.
-
creeping.
-
-
-
Acción e efecto de repudiar.
-
-
Acto xurídico de vontade unilateral polo que alguén abandona unha cousa ou un dereito que lle pertence.
-
repudiación da herdanza
Acto libre e solemne polo que o herdeiro expón a súa resolución de non percibir a herdanza. A lei non a autoriza aos titores, sen o consentimento do xuíz, nin ás asociacións beneficiarias dunha herdanza sen a aprobación xudicial e a audiencia fiscal.
-
-
-
-
Opinión que teñen os demais sobre algo ou alguén no aspecto moral.
-
Prestixio ou fama, favorable ou desfavorable, da que goza algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
requisa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de resecar ou resecarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación cirúrxica que consiste en sacar unha parte máis ou menos extensa dun órgano.
-
-
Paciencia coa que se soporta ou se acepta algo sen protestar nin reaccionar en contra.
-
Renuncia dun beneficio eclesiástico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de resinar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de resinificar ou de resinificarse.
-
-
Acción de resolver ou resolverse.
-
-
Decisión que se toma despois de reflexionar e valorar con atención unha cuestión problemática.
-
resolución ordinaria
Acto ou providencia que outorga o xuíz para que se faga ou execute aquilo que demandan as partes.
-
resolución xudicial
Determinación tomada polos tribunais de xustiza.
-
resolución xudicial firme
Determinación tomada polos tribunais de xustiza que se considera definitiva e non acepta recurso.
-
-
Calidade da persoa que non vacila e actúa con determinación.
-
Momento, aspecto ou dimensión da análise, que consisten na descomposición do obxecto desta nos seus elementos constituíntes e, por iso mesmo, máis simples.
-
Procedemento destinado a resolver un problema, especialmente unha ecuación ou un sistema de ecuacións.
-
Curación, espontánea ou mediante a medicación axeitada, dunha doenza, dunha ferida ou dun tumor, coa que o corpo ou o órgano afectado recobra o estado normal.
-
...
-
-
-
Acción e efecto de resorber.
-
Absorción por un tecido orgánico ou polo torrente circulatorio dun humor natural ou patolóxico.
-
-
-
Acción de respirar.
-
-
Función dos animais mediante a que se capta osíxeno para transportalo ás células, onde será utilizado na respiración interna, eliminándose, posteriormente, o dióxido de carbono producido nesta. As funcións da respiración son, por tanto, tres: a captación de osíxeno e a eliminación de CO 2 a través do aparato respiratorio, o transporte e a cesión dos gases ás células e a utilización do osíxeno na respiración interna.
-
respiración artificial /
Respiración que se efectúa, manualmente ou mediante aparatos, cando se interrompe a actividade espontánea do aparato respiratorio. Os métodos manuais dependen da posición do paciente e da modalidade dos movementos practicados e destacan o de Silvester, o de Schaeffer e o da respiración boca a boca.
-
-
Entrada e saída libre do aire nos espazos cerrados que permite a aspiración ou exhalación de vapores.
-
Signo de notación en forma de apóstrofo ou de coma que lle indica a un cantante ou a un intérprete dun instrumento de vento o momento en que pode facer unha pausa para coller aire.
-
Conxunto de funcións dun organismo que conducen á obtención da enerxía necesaria para cumprir as súas funcións vitais, mediante a oxidación total ou parcial das moléculas orgánicas. A respiración pode ser aerobia, en presenza de osíxeno e que se produce nas mitocondrias a través do ciclo de Krebs e das cadeas respiratorias, ou anaerobia, na que non intervén o osíxeno (fermentación).
-
-
-
-
Acción de restaurar.
-
Restablecemento nun país do réxime político que existira con anterioridade.
-
Reposición no trono dun rei destronado ou do representante dunha dinastía expulsada.
-
Proceso ou conxunto de intervencións progresivas que, de forma simple ou combinadamente, teñen por obxectivo prolongar a existencia dos bens culturais, mediante a mellora das súas condicións físicas. Os procesos máis habituais neste labor son a documentación, a consolidación do soporte, a limpeza de superficies, a reintegración pitórica e o envernizado ou protección final da superficie da obra. Malia que a necesidade de restaurar sempre existiu, foi importante na evolución do concepto a acción da Igrexa ao recomendar que se restaurasen as imaxes do culto e os descubrimentos de Pompeia e Herculano, coa conseguinte necesidade de conservar as pezas. No s XVIII xa destacaron algúns restauradores como Picault, Edwards e Hacquin, e os talleres de restauración de Venecia, Nápoles, Boloña e París. En Madrid, apareceu en 1853 a obra de V. Poleró Arte de la Restauración e, en 1880, un tratado de pintura cun capítulo dedicado á restauración, obra de M. de la Roca . O International...
-
Período histórico que comeza coa reposición dunha dinastía. Entre as principais restauracións monárquicas europeas destacan a inglesa (1660-1702), que repuxo aos Stuart, a española, que restableceu a monarquía borbónica, e as dúas de Francia, a primeira (1814-1815) co regreso de Luís XVIII de Borbón, e a segunda (1815-1830), coa entronización do seu irmán Carlos X.
-
-
Oficio ou actividade de restaurador.
-
Conxunto de debuxos e planos que representan un edificio na súa forma orixinal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de España que comprende desde o 29 de decembro de 1874, en que se proclamou a Afonso XII como rei de España, ata o 14 de abril de 1931, data da proclamación da Segunda República. Correspóndese co reinado de Afonso XII (1874-1885), a rexencia de María Cristina de Austria (1885-1902) e o reinado de Afonso XIII (1902-1931). Distínguense tres etapas. A primeira (1874-1876) é a de instalación e consolidación do novo sistema. Comeza co pronunciamento do xeneral Arsenio Martínez de Campos en Sagunt (29.12.1874) e a formación do ministerio rexencia presidido por Antonio Cánovas del Castillo. Tentábase desprazar aos militares da vida política e converter a coroa en fonte de poder mediante un goberno no que os partidos conservadores e libeais alternasen por quendas e no que a manipulación do sufraxio fose algo corrente para que as forzas políticas tivesen representación parlamentaria. Neste sistema o control da demarcación territorial era básico, feito que provocou que se desenvolvese...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Europa que comprende desde a celebración do Congreso de Viena de 1815 ata a Revolución de 1848. Supuxo o retorno ao Antigo Réxime coa restauración da monarquía absoluta e a reorganización do mapa europeo despois da época napoleónica.