"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Normativa pola que o goberno de Primo de Rivera puxo fin ao conflito entre foratarios e foreiros, e declarou redimibles todos os foros, subforos, foros frumentarios e outras variedades que se constituíran con anterioridade a 1889. Constaba de 24 artigos e dunha disposición final, e permitía tanto a redención dos foros en favor dos campesiños que traballaban as terras e gozaban do dominio útil, como a reversión da propiedade aos perceptores de rendas e donos do dominio directo. Segundo o decreto, contemplábase tamén a creación en cada partido xudicial de Tribunais Especiais, coa misión de dirimir os problemas e as diferencias que aparecesen na aplicación da normativa, e a constitución dunhas Caixas Provinciais de Crédito Foral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que resolve ou do que depende a decisión dalgunha cousa.
-
-
Posición do corpo en estado de repouso sobre un plano horizontal.
-
Posición na que o corpo está deitado sobre un lado.
-
Posición na que o corpo está deitado sobre o peito e o ventre.
-
Posición que presenta un corpo cando está deitado sobre as costas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudiante, no antigo ensino de gramática, que estaba a cargo dun decurión ou formaba parte dunha decuria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escrito realizado con afecto, xeralmente no que se lle dedica a alguén algo, que adoita ser un libro, unha fotografía ou similar. Nun libro sitúase normalmente ao comezo e nela o autor expresa a súa admiración, gratitude ou amizade cara a alguén á vez que lle fai unha entrega simbólica do texto. A práctica remóntase á antigüidade grecolatina. O testemuño máis antigo que se coñece corresponde a Horacio, quen lle dedicou as súas Odas a Mecenas. Ata o s XIX, as motivacións eran principalmente o beneficio económico e a protección social, pero a partir daquela perderon o seu carácter utilitario e público para cinguirse, polo xeral, ao mundo dos afectos do escritor, adoptando un ton máis persoal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten ou supón dedicación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘bandullo’.
-
-
Falta ou carencia que algunha persoa ten de algo, de xeito que a converte en imperfecta, tanto física como moralmente.
-
Carencia das calidades propias ou naturais dalgunha cousa.
-
-
icio dunha cousa que fai diminuír o seu valor e que, en ocasións, pode determinar a súa incapacidade para facer o uso ao que está destinada.
-
Omisión dalgún requisito que a lei esixe nos actos xurídicos e que, se é esencial, orixina a nulidade do acto.
-
defecto de forma
Falta derivada da incorrecta aplicación das normas procesuais nunha causa que pode afectar á validez da sentenza xudicial, pode producir a nulidade das actuacións ou a ausencia dalgún dos requisitos esixidos pola lei para a validez de certos actos xurídicos. Ocasiona a anulabilidade do acto cando este carece dos requisitos formais indispensables para alcanzar o seu fin ou dá lugar á indefensión dos interesados. Determina a nulidade do acto cando o defecto é esencial para a substanciación do acto.
-
defecto hipotecario
Carencia ou imperfección existente nun título inscribible que pode impedir a súa inscrición no rexistro da propiedade.
-
-
Interrupción da regularidade da rede cristalina dun sólido. Dentro de todos os sólidos hai defectos e a súa presencia determina as propiedades eléctricas, ópticas, magnéticas, térmicas e mecánicas. Entre os defectos puntuais están os dos lugares vacantes, que son os buratos que aparecen como efecto do traslado dun átomo dende a súa posición normal dentro da rede cristalina ata a superficie do cristal. Nalgúns casos acontece o contrario, un átomo da superficie trasládase cara ao interior do cristal e colócase, se non ten outro lugar baleiro, nos intersticios da rede cristalina. Este defecto denomínase defecto intersticial, e cando o átomo que intervén non é ningún dos elementos dos que está composto o sólido, fálase de impureza intersticial. Noutros casos, un átomo pode saír do seu lugar na rede cristalina e non chegar á superficie porque permanece nos intersticios da rede e crea, polo tanto, un defecto intersticial e, ao tempo, un lugar vacante. Este conxunto...
-
Diferencia entre a suma das masas dos nucleóns que compoñen un núcleo atómico e a masa do núcleo enteiro, ou entre a masa dos compoñentes dun átomo e a do átomo enteiro. É sempre positiva porque o defecto de masa se inviste en forma de enerxía de enlace entre os compoñentes da estrutura. Tamén se denomina decremento de masa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico que apareceu na cidade de Ferrol en xuño de 1906.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Muíños. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de deferir.
-
PERSOEIRO
Político, avogado e periodista francés. En 1933 integrouse no Partido Socialista Francés, Section Française de la International Ouvrière (SFIO), e durante a Segunda Guerra Mundial foi membro da Resistencia (1940-1944). Ocupou diversos cargos: alcalde de Marseille dende 1953, senador (1959-1962), ministro de Ultramar (1956-1957) e deputado na Asemblea Nacional dende o 1962 e en 1964-1965. Foi candidato socialista á presidencia da República no 1969. Despois da reorganización do Parti Socialiste Français (PSF), adheriuse ao programa común de goberno da esquerda (1972) e deu o seu apoio a François Mitterrand nas eleccións presidenciais de 1974 e 1981. No 1981, coa vitoria do PSF nas eleccións lexislativas, foi nomeado ministro do Interior e no 1984 pasou a ter o cargo de ministro de Planificación Territorial. Fundou e dirixiu o xornal Le Provençal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que produce deflexión.
-
-
Fiestra pequena que pode xirar sobre un eixe vertical e que, fixada ás portas de diante dos automóbiles, permite a entrada de máis ou menos aire segundo a súa orientación.
-
Pantalla que se coloca sobre a cabina dos camións para mellorar a penetración aerodinámica a altas velocidades.
-
-
Dispositivo que desvía o chorro que fai funcionar unha turbina Pelton, cando diminúe de xeito brusco a carga desta.
-
Cabeza dos pistóns empregados nos motores de dous tempos. Ten unha forma especial que permite asegurar a distribución uniforme da mestura na cámara de combustión e evitar que fuxa pola válvula de escape aberta ao mesmo tempo ca a de admisión.
-
-
-
Que carece de vida, referido especialmente a unha persoa.
-
Persoa morta. No mundo campesiño, cando hai unha defunción, dáse a coñecer a través dunha serie de toques de campá, que serán interpretados pola veciñanza. Desa maneira, segundo o número de combinacións, pódese saber se o falecido é un home, muller ou neno. Logo da defunción, adoitábase lavar o cadáver e amortallalo, pecharlle os ollos e vestilo co mellor traxe. Durante a noite, acompañaban o corpo os familiares, os veciños e os amigos. Ao día seguinte levábase ao cemiterio, acompañado dos seres queridos e das pranteiras. O respecto polos defuntos mantense na cultura tradicional, e a xente que ten familiares soterrados no cemiterio adoita limpar as sepulturas, adornalas con flores e acender lámpadas de aceite, como símbolo de vida. O día de todos os Santos (véspera do día de Defuntos) organizábase un magosto especial para eles no que se comían castañas cocidas e asadas no cemiterio e na casa, como manifestación da fe na vida eterna. No Nadal, deixábaselles comida enriba da mesa, pola noite,...
-
-
PERSOEIRO
Militar e político mexicano. Participou na revolución de Ayutla (1855). Membro do Congreso constituínte (1856-1857), foi gobernador de Jalisco (1857) e ministro de Guerra e Mariña (1858). Na loita contra Márquez, foi apresado e asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Falta de coidado por un mesmo ou por alguén.
-
Falta de coidado, interese ou atención por algunha cousa ou actividade.
-
Falta de ánimo.
-
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Membro dunha familia de debuxantes e artesáns, parece que foi fillo natural de Talleyrand. En 1815 ingresou na École des Beuax-Arts, onde foi alumno de Pierre-Narcisse Guérin e compañeiro de Théodore Géricault. Ao mesmo tempo, acudía ao Musée du Louvre onde copiaba as obras dos grandes mestres. Foi o abandeirado do romanticismo pictórico francés e un fervente defensor da liberdade do artista fronte aos canons clasicistas: opúxose ao emprego do modelo, feito que contribuíu a que a súa obra, vigorosa e dinámica, fose a miúdo imperfecta. Estudiou a Il Veronese, buscou un equilibrio cromático baseado na complementariedade das cores e abriu o camiño a posteriores experiencias impresionistas e divisionistas. Baixo a influencia de Géricault cultivou a pintura de historia e pintou nun estilo similiar ao da súa obra Dante e Virgile (Dante e Virxilio, 1822), coñecida tamén como a Barca de Dante e que presentou no Salon dese ano. Realizou obras de temas de historia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mandil’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen delata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘catro’.