"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Acción e efecto de tocar.

    2. Pincelada lixeira.

      1. Acción de tocar determinados instrumentos como as campás, os tambores ou as trompetas como sinal dalgunha actividade.

      2. toque de atención

        Toque de corneta con que se avisa para que a xente se retire antes de impoñer a orde pola forza.

      3. toque de oración

        Repenique de campás que se fai ao solpor ou ao mediodía, que invita os fieis a saudar a Virxe (toque do ángelus) ou a pregar polos defuntos (toque de ánimas).

      4. toque de oración

        Toque ao solpor para arriar a bandeira e facer un silencio polos soldados caídos

      5. toque de mortos/de morto

        Badaladas que anuncian a morte ou funeral de alguén.

    3. Cada unha das padas de cal ou xeso coas que os albaneis suxeitan as regras e as miras ou con que definen unha aliñación ou un plano.

    4. Aplicación lixeira dunha substancia medicamentosa nun punto determinado.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar cabezadas ou caer a cabeza por causa do sono cando non está apoiada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de toquenear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carece dun dos extremos.

    2. Que carece dun brazo ou de parte del.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Terra de Melide situado no SL da provincia da Coruña e no centro de Galicia (42° 57’ 30’’ N - 7° 58’ O). Limita ao N co concello de Sobrado (comarca da Terra de Melide), ao S o de Melide, ao L cos de Friol (Lugo) e Palas de Rei (A Ulloa) e ao O con Melide. Abrangue unha extensión de 77,9 km2cunha poboación de 1.447 h (2001) distribuída nas parroquias da Capela, Mangoeiro, Ordes, Paradela, San Martiño de Oleiros, San Xiao do Monte, Santa Eufemia do Monte, Santa Mariña de Brañas, Vilamor e Vilouriz. A súa capital é Souto, na parroquia da Capela, que se atopa a 82 km da Coruña e a 63 km de Santiago de Compostela. Pertence á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Arzúa.
    Xeografía física
    O concello de Toques está situado nunha área de topografía elevada na que se poden diferenciar dúas grandes unidades. Por unha banda aparecen os terreos de montaña que ocupan todo o N e L municipal, trátase das serras do Bocelo e do Careón, que forman parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado na Capela (Toques). Documentado no s X, o Rei García I concedeulle a herdade de Melide. Por unha bula do Papa León X anexionouse ao mosteiro de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, de orixe prerrománica, cunha soa nave e ábsida rectangular. A fachada e a parte dianteira da nave refixéronse en época posterior. Á ábsida accédese por un arco de medio punto peraltado. Cóbrese con bóveda de canón peraltada. Destacan no exterior o conxunto de pequenos arcos de medio punto que percorren o muro da ábsida. Foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Xapón e do ken homónimo (8.013.502 h [1998]). Situada ao SL de Honshū, está atravesada de N a S polo Sumida; ao S, esténdese ao longo da badía de Toquio, nunha área edificada continua ata Yokohama. A cidade prosperou no s XV e en 1868 trasladouse alí a capital. Durante o s XX foi reconstruída despois do terremoto de 1923 e tras a Segunda Guerra Mundial. Ten a área metropolitana máis grande do mundo, o Gran Toquio, con cidades satélites na periferia como Chiba, Kawagoe, Machida ou Fijisawa. O núcleo central comprende a cidade alta, Yamata, onde se atopan as principais institucións culturais (unhas 30 universidades), e a cidade baixa, Shitamachi, centro comercial e industrial. Cara ao S, esténdense, máis ou menos continuo, a industria pesada de metalurxia, maquinaria, cemento, química, caucho, materiais da construción, refinarías de petróleo e estaleiros. Ata o s VIII non había edificios nas súas proximidades. As loitas feudais do s XII fórona desprazando cara ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (2.166 km2; 12.064.101 h [2000]). Forma unha conurbación coa súa capital, Toquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia do GATT celebrada en Toquio entre 1973 e 1979 en que se acordou   reducir nun terzo os dereitos de aduana nos nove principais mercados industriais do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta empregada polos carpinteiros para suxeitar fortemente unha peza de madeira encolada ou para suxeitar ao banco a peza que han traballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato en forma de cruz que xira arredor dun eixe vertical, que obriga a que as persoas pasen unha a unha.

      1. Instrumento que se emprega para comprimir a arteria principal dun membro interrompendo o curso do sangue e evitando a hemorraxia.

      2. torniquete de Esmarch

        Peza de goma resistente que se aplica na raíz dun membro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Inglaterra (Devon), Reino Unido, incorporada a Torbay.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colar ríxido de metal en forma de semicírculo, sen chegar a pecharse, que usaban os pobos prerromanos. Característico da ourivaría castrexa, documéntanse desde comezos da Idade do Bronce. A maioría das pezas atopadas teñen un peso similar, arredor do medio quilo, pero hainos que se distinguiron polo seu tamaño, como o de Burela, de case dous quilos. A súa tipoloxía é moi variada e pódense ditinguir pola súa decoración, a súa forma xeral ou os remates. Segundo a distribución espacial, distínguense cinco tipos básicos aínda que pode haber variacións: ártabro, que é propio do N de Galicia e presenta aramios enrolados e remates en periña; astur-norgalaico, que se situou no N de Galicia e Asturias, cos aramios máis enrolados e os remates de dobre escocia; nororiental, da área oriental galega, lisos, e con vara de sección cuadrangular con remate en periña; flaviense, da zona de Chaves, con vara de sección cuadrangular e romboidal e remates en dobre escocia;...

    2. Xoia que ten esa forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prelado e teólogo. Converso do xudaísmo, fíxose dominicano e foi provincial da orde en Castela (1417). Teólogo papal no Concilio de Basilea (1432) e mestre do Palacio Pontificio (1435), foi cardeal (1439) e bispo de Cádiz (1440), Ourense (1442-1445), León (1463) e Sabina e Poggio Mirteto (1463). Escribiu unhas corenta obras, vinte e sete das cales foron editadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e historiador de orixe castelá. Franciscano, foi provincial da orde en México. Publicou Monarquía indiana (1615), en defensa dos indios, fonte principal para coñecer a cultura totonaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Foi prior no convento segoviano de Santa Cruz e en 1474 converteuse no confesor dos Reis Católicos, participando no seu consello. Reorganizou a Inquisición e, a instancias dos monarcas, foi nomeado polo Papa Sixto IV inquisidor xeral de Castela e dos estados da Coroa de Aragón, chegando a ser Gran Inquisidor de España en 1487. Ditou uns regulamentos draconianos para os cárceres e tribunais inquisitoriais. De fondas crenzas católicas, convencido da necesidade da unificación relixiosa da Península Ibérica, empregou toda a súa influencia sobre os Reis Católicos para lograr a expulsión dos xudeus en 1492. Utilizou a Inquisición para perseguir os falsos conversos, considerados inimigos do Estado e da Igrexa, e outra serie de delitos como a herexía, a bruxaría, a bigamia ou a usura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario outorgado por Isabel II en 1852 a Manuel María Vázquez de Quiroga e Queipo de Llano (San Cristovo do Real, Samos 1800 - Quiroga 1859), senador e deputado, polos servizos prestados polo seu pai, Antonio María Vázquez de Quiroga e Arias, na Guerra da Independencia. Sucedeuno o seu fillo Vicente María Vázquez de Quiroga-Queipo de Llano e Quiroga (Quiroga 1827-Santiago de Compostela 1867), II conde de Torre Novaes de Quiroga e I vizconde de Espasantes. Morreu sen descendencia e e o título pasou ao seu irmán Francisco Javier Quiroga-Queipo e Pardo-Balmonte (?-Quiroga 1897), III conde de Torre Novaes de Quiroga, sucedido polo seu fillo Francisco Javier Vázquez-Queipo e Montoto (?-Espasantes 1949), IV conde de Torre Novaes de Quiroga. Herdou o título a súa filla María del Pilar Vázquez-Queipo e del Río (?-Madrid 1975) V condesa de Torre Novaes de Quiroga, sucedida pola súa filla ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e retórico da arte. Formouse en Barcelona, onde participou na decoración do Palau da Generalitat. Como pintor ao óleo e debuxante tendeu progresivamente ao esencialismo, e acusou unha influencia futurista. Residiu en Nova York (1920-1922) e en París (1926-1932), desde onde realizou unha salientable tarefa de aglutinador de artistas de vangarda organizando a exhibición da obra de pintores rexeitados polo Salon d´Automne (1926) e do grupo abstracto Cercle et Carré. Formou parte tamén do grupo Abstraction-Création. En Madrid (1932-1934), impulsou a formación do Grupo de Arte Construtivo. En París a súa pintura desprendeuse do primitivismo e dun esquematismo de raíz cubista para combinar as formas xeométricas coas alusións á realidade virtual, concepto plástico que chamou construtivismo ou universalismo construtivo e que continuou aplicando ata o remate da súa vida. De novo en Montevideo, difundiu os principios teóricos da súa última modalidade pitórica. Escribiu Historia de mi vida...

    VER O DETALLE DO TERMO