"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Asociación Internacional de Defensa das Linguas e Culturas Ameazadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e teórico cinematográfico. Desde os seus comezos afirmaba a súa dedicación por enteiro ao cine, amosando sempre un dominio da técnica abraiante. Formulou a teoría da camera-stylo, que atopou a súa aplicación na excepcional curtametraxe Le rideau cramoisi (A cortina carmesí, 1953). Foi presentado como un dos máis relevantes directores do novo cinema francés. Dirixiu, entre outras, as películas Les mauvaises rencontres (Malos reencontros, 1955), Une vie (Unha vida, 1957) e L’Éducation sentimentale 61 (A educación sentimental 61, 1962), estes dous últimos títulos considerados como moi orixinais. Tamén realizou algún documental como Sartre par lui-même (Sartre por si mesmo, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    No ano 1973 un grupo de investigadores coordinados polo profesor Constantino García recibía o encargo de realizar as enquisas no territorio de Galicia para o Atlas Linguarum Europae e para o Atlas Lingüístico de España e Portugal, e decatouse de que este era o momento oportuno para, cun pouco máis de esforzo engadido, afrontar a realización dun Atlas Lingüístico Galego. Galicia non contaba aínda con ningún traballo propio de xeolingüística, se ben o seu territorio aparecía incluído dentro da rede do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica con 52 puntos, rede demasiado reducida para poder estudar a realidade dialectal galega. Ademais do ALPI só se chegaron a publicar 75 mapas, e o material inédito algún está perdido e outro espallado por diversos lugares.
    Metodoloxía
    O cuestionario constaba de 2.711 preguntas seleccionadas tendo en conta outros atlas doutras zonas da Romania e os estudios realizados con anterioridade sobre a lingua e a cultura galegas, especialmente as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Auersperg. Escritor austríaco e político liberal, máis coñecido polo pseudónimo de Anastasius Grün. É autor de poemas satíricos contra Metternich como os do seu libro Spaziergänge eines wiener Poeten (Paseos dun poeta vienés, 1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de alerxia provocado e mantido nun organismo pola aparición de autoantíxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cromosoma bivalente formado pola duplicación dun univalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador de hóckey a patíns. Debutou na división de honor co Dominicos da Coruña na tempada 1983-1984. Na tempada 1986-1987 pasou ao Liceo, club da mesma cidade, no que permaneceu dous anos e co que se proclamaría campión de Europa (1986-1987 e 1987-1988). Tamén acadou co Liceo un título de Liga (1986-1987) e, no ano 1988, a Copa do Rei, a Supercopa e a Copa Intercontinental. Na Liga 1988-1989 volveu ao Dominicos, co que gañou unha Copa do Rei (1990) e se proclamou máximo goleador da Liga (1989-1990 e 1990-1991). Na tempada 1993-1994 fichou polo Reus, equipo co que foi máximo goleador da Liga en dúas ocasións máis (1994-1995 e 1995-1996): con 521 goles entre 1983 e 1999 é o máximo goleador da historia desta competición. Membro da selección española absoluta, disputou 73 partidos internacionais entre 1988 e 1995, acadando un total de 110 goles e os títulos de campión do mundo (Arxentina 1989), subcampión olímpico (Barcelona 1992), campión da Copa das Nacións (1991) e a medalla de bronce no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que son coñecidas popularmente as especies do xénero Rhododendron que se desenvolveron como plantas de interior. Pertencen basicamente a dúas especies, R. x obtusum e R. simsii, de follas perennes duns 5 cm de lonxitude e flores simples ou dobres nunha ampla gama de cores, principalmente rosa, vermella ou branca, que soen crecer ata uns 45 cm de altura como plantas de testo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e catedrático de Lingua e Literatura Galega. Traballou activamente a prol da normalización lingüística e cultural no mundo escolar por medio da redacción de manuais de ensino como As nosas letras (1978) e Volvoreta (1979). No ano 1994 obtivo o grao de doutor cunha tese sobre o galego asturiano. A partir de entón a súa actividade normalizadora ampliouse coa publicación dunha serie de traballos sobre a defensa e recuperación do galego da franxa exterior na revista A Freita, órgano da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca. Como autor de literatura infantil iniciou a súa andaina nos anos setenta cuns relatos na revista Vagalume. Acadou o I Premio O Facho 1974 de contos infantís con Zoca zoqueira. Actualmente dirixe a colección “O Trolebús”. Como autor dramático publicou Teatro todo o ano (1978), texto dirixido aos máis pequenos no que recolle elementos da dramaturxia popular relacionados coas festas do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar corso casado con Elisa Bonaparte, irmá de Napoleón, que o nomeou senador (1804) e xeneral. Seguiu a fortuna da súa muller como príncipe consorte de Lucca e Piombino (1805) e, máis tarde, foi gran duque consorte da Toscana, aínda que non interveu no goberno. Trala caída de Napoleón acompañou a Elisa a Bohemia e a Trieste; morta ela (1820) volveu a Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político conservador austríaco. Despois da revolución de 1848 formou parte da Asemblea Constituínte e, máis tarde, foi ministro de Xustiza. Posteriormente formou parte do goberno de resistencia do príncipe Schwarzenberg como ministro de Xustiza e como ministro de Interior. A súa política, coñecida co nome de sistema de Bach, volveuse cada vez máis conservadora e partidaria da centralización e xermanización do imperio, aínda que estivo acompañada por algunhas reformas sociais. Malia o vantaxoso acordo coa Santa Sé (1855), os contratempos na guerra de Italia (1858-1859) provocaron a súa destitución e o paso a unha política máis liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tocar a campá co badalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argola que vai colocada no interior da campá e da que pendura o badalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de badalear.

    2. Repique dunha ou varias campás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Electrotécnico. Traballou activamente na aplicación do electromagnetismo na telegrafía. Perfeccionou o sistema Morse e en 1846 inventou un telégrafo electroquímico. Traballou tamén na reprodución telegráfica de imaxes e perfeccionou o reloxo eléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e psicólogo. Contribuíu á fundación da revista Mind (1876). Aplicou os descubrimentos da Fisioloxía e da Patoloxía no asociacionismo de J. S. Mill, tratando de darlle unha base científica. Escribiu The senses and the intellect (Os sentidos e o intelecto, 1855), The emotions and the will (As emocións e a vontade, 1859), Logic, dedutive and indutive (Lóxica, dedutiva e indutiva, 1870) e Education as a sciencie (Educación como ciencia, 1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao baixoalemán.

    2. Grupo de falas alemanas occidentais, con exclusión do anglofrisón, que non sufriron a segunda mutación consonántica que deu lugar á diferenciación do altoalemán. As falas baixoalemanas conservan as oclusivas xordas que pasaron no altoalemán a fricativas ou africadas. A historia do baixoalemán divídese no período do antigo baixoalemán ou antigo saxón (800-1200), o do medio baixoalemán (1200-1600) e o dos actuais dialectos (Niederdeutsch ou Plattdeutsch) desde 1600. As isoglosas do fenómeno da mutación consonántica non coinciden dunha maneira absoluta cando fan referencia a posicións ou lexemas concretos. As matanzas e os desprazamentos da poboación, que acompañaron e seguiron ao afundimento alemán na Segunda Guerra Mundial, fixeron desaparecer en gran parte as falas baixoalemanas máis orientais do seu asentamento tradicional. As falas da Alemaña oriental e occidental estiveron afectadas pola afluencia de refuxiados doutras áreas lingüísticas e pola difusión do altoalemán...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente e pensador revolucionario anarquista. Fillo dunha familia de terratenentes de ideas liberais, abandonou o exército para estudar en Moscova (1835)   a filosofía de Fische e Hegel. En Berlín (1840), ao entrar en contacto coa esquerda hegeliana e especialmente influído por Feuerbach, asentou as bases do seu pensamento revolucionario. Entre 1842 e 1849 viaxou por Suíza, Bélxica e Alemaña e participou na revolución europea de 1848 en París, Praga e Dresden, onde foi prendido (1849) e condenado a morte. Entregado ás autoridades rusas, foi deportado a Siberia (1857), de onde fuxiu en 1861. Reside en Londres entre 1861-1864. Tralo fracaso da insurrección de Polonia trasladouse a Italia (1864); a partir dese momento comezou a considerar os obreiros, e non as minorías nacionais oprimidas, a principal arma para a revolución. En 1868 creou a Alianza da Democracia Socialista, que declarou a súa adhesión á Primeira Internacional, na que Bakunin ingresara persoalmente en 1867 e na que polarizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Influenciado por Liszt, Glinka espertoulle o sentimento nacionalista musical. Formou parte do grupo dos 5 con Cui, Borodin, Musorgskij e Rimskij-Korsakov. Escribiu oberturas, sinfonías, poemas sinfónicos, concertos con orquestra e obras vocais e para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e mosaicista. Influenciado por Filippo Lippi e Domenico Venziano, realizou unha pintura refinada que fai presentir a Botticelli. Colaborou con Piero della Francesca e Andrea del Castagno nos frescos perdidos da capela maior de San Exidio. Da súa produción artística salientan a Madonna do Musée du Louvre (París) e a Madonna co Neno e santos (1453?) da Galleria degli Uffizi (Florencia). Supervisou as obras de restauración e reconstrución dos mosaicos do baptisterio da catedral de Florencia e desde 1453 decorou con mosaicos os arcos da Porta da Cruz e da Porta do Paraíso. Escribiu uns Ricordi (Lembranzas, 1499?), fonte para o estudo da arte da súa época.

    VER O DETALLE DO TERMO