"Ain" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 537.

  • GALICIA

    Teólogo francés. De nome Jean Duvergier de Hauranne, ordenouse sacerdote en 1618, foi abade comendatario de Saint-Cyran (1620) e asumiu a dirección espiritual de Port-Royal (1633). Seguidor de Baius e de Jansen, a súa personalidade e a súa doctrina influíu, entre outros, en san Vicente de Paúl. Das súas obras destacan Apologie pour la Rocheposay (1625) e Lettres chrétiennes et spirituelles (1645).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e capital da illa de Reunión, situada na costa N da illa (131.557 h [1999]). A súa economía baséase nas manufaturas de tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Seine-Saint-Denis, situado na rexión de Île-de-France, Francia (85.832 h [1999]). É un importante centro industrial do canal de Saint-Denis, ao N de París. Destaca a súa abadía real e a igrexa fundada por Dagoberto cara ao 630, que Luís IX o Santo converteu en panteón dos reis de Francia. Destacan as tumbas de época renacentistas. O edificio que se conserva, consagrado en 1140, non foi acabado ata 1281.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Vosgos, rexión de Lorena, Francia, situada na ribeira esquerda do Meurthe (22.569 h [1999]). Nela existe unha das máis antigas imprentas do mundo, onde foi editada a Cosmographiae introdutio (1507) de M. Waldeseemüller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Loire, na rexión de Rhône-Alpes, Francia (180.210 h [1999]). É un gran centro mineiro de hulla, ao redor do que se creou unha metalurxia especializada na fabricación de aceiros de alta calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Charles de Marguetel de Saint-Denis de Saint-Évremond, é autor da Comédie des Académistes pour la reforme de la langue française e dun panfleto sobre o Tratado dos Pireneos (1659), onde ridiculizou a política de Mazzarino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e piloto francés. Piloto civil da sociedade Latécoére (1926), levou a cabo diversas misións, algunhas das cales lle inspiraron as primeiras novelas. Sufriu un grave accidente en 1937. Mobilizado durante a Segunda Guerra Mundial, en 1943 foi destinado a Sardeña. Trasladado a Córsega (1944), saíu en misión, onde morreu. Das súas obras destacan Vol de nuit (1931) e Le petit prince (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Foi un destacado compositor de epigramas e introduciu o soneto en Francia. As súas obras foron publicadas en 1574.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Stéphane Georges de Bouhélier- Lepelletier, cultivou o ensaio, a poesía e sobre todo o teatro, no que destaca Le carnaval des enfants (1910). Escribiu tamén unha serie dramática de carácter histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro de París, situado na ribeira esquerda do Sena. Fundado por Khildeberto I (543?) baixo a advocación de san Vicente e da santa Cruz tomou ou nome actual ao ser sepultado o bispo san Xermán e foi posto baixo a regra beneditina (s VII). Devastado diversas veces polos normandos (s IX), foi fortificado (1368) e obtivo xurisdición civil ata fins de 1674. Centro intelectual dos maurinos desde 1631, foi suprimido durante a Revolución Francesa (1792) e convertido en pisión. Consérvase a igrexa románica (s X), onde están soterrados Descartes, Mabillón e Montfaucon, e as dependencias abaciais. Deu nome a un dos barrios de París frecuentado por artistas e literatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do departamento de Gard, na rexión de Languedoc-Rosellón, Francia, (14.849 h [1999]) situada á beira da vía Tolosana do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Destaca a igrea románica de Saint-Gilles-du-Gard, da segunda metade do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa industrial francesa constituída en 1970 pola integración das compañías Saint-Gobain e Pont-à-Mousson. A primeira foi fundada no s XVIII por iniciativa de Colbert e dedicada á industria do vidro, á química e á petroquímica; e a segunda fundada a mediados do s XIX e dedicada á construción mecánica. Na década de 1970 realizou unha ambiciosa política de reestruturación das actividades tradicionais do grupo (vidro, material de construción e embalaxe). En 1980 o goberno francés nacionalizouna e en 1986 anunciouse a súa reprivatización. En España controla Cristalería Española SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de delegados do AIT celebrado en Saint-Imier (cantón de Berna, Suíza) o 9 de setembro de 1872, despois da retirada da minoría bakunista do Congreso Internacional da Haia (2-7 setembro de 1872). Asistiron quince delegados en nome de cinco federacións rexionais (España, Italia, Francia, Jura e EE UU). Aprobouse un pacto de amizade, solidariedade e defensa mutua entre federacións libres, o Pacto de Saint-Imier, que proclamaba a case total autonomía das federacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor irlandés. Formado na London Academy of Music and Dramatic Art, dos seus filmes destacan This Sporting Life (1963), Major Dundee (1964), The Biblie (1966), A Man Called Horse (1970), The Cassandra Crossing (1976), Martin’s Day (1984), The Field (1990), Gladiator (2000), Harry Potter and the Philosopher’s Stone (2001) e Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marie-René-Auguste-Aléxis Saint-Léger Léger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Partidario de M. de Robespierre, formou parte do Comité de Salvación Pública (1793-1794). Entregado á Revolución Francesa, reorganizou os exércitos do Rin e do norte e iniciou unha política de reformas sociais. Morreu guillotinado tras a Revolución Termidoriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político canadense. Deputado liberal, foi ministro de Xustiza (1930-1932 e 1941-1946) e de Asuntos Exteriores (1946-1948). Sucedeu a Mackenzie King (1948) como primeiro ministro (1948-1957) e conseguiu unha maior autonomía para Canadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Modisto. Director artístico da casa Dior, en 1962 abriu a súa propia casa de modas e iniciou a creación do prêt-à-porter (1966). Nesta década realizou creacións inspiradas en Pieter C. Mondriaan. Pioneiro do pantalón xastre (1968) e da maxisaia (1970), volveu ás formas clásicas fronte ás modas avanzadas da década de 1960. As súas creacións posteriores teñen inspiracións retroactivas ou exóticas. Deseñou vestiario para ballet, teatro e cine, ademais de accesorios e complementos de moda. Anunciou a súa retirada en 2002 cun desfile retrospectivo no centro Georges Pompidou de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático francés. Coñecido como Saint-John Perse, serviu en diferentes postos políticos (1914-1940), ata que decidiu exiliarse en EE UU (1940-1957). A súa obra poética recibiu a admiración de moitos autores pola súa precisión e pureza, nun marco de certa dificultade. É autor de Eloges (1911), Anabase (1924), Exil (1942), Pluies (1944), Neiges (1944), Vents (1946), Amers (1957) e Chronique (1960). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Manche, na rexión de Baixa Normandía, Francia, situada sobre un outeiro rochoso á beira do Vire (20.090 h [1999]). Predominan as industrias de confección, alimentarias e de artes gráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO