"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

  • Partido Andalucista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela-León, situado en La Moraña, no val do río Margañán (6.262 h [2001]). É centro comercial, agrícola e gandeiro. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa renacentista de San Miguel e o convento das carmelitas descalzas (BIC,1997), fundado polo conde de Peñaranda e vicerrei de Nápoles Gaspar de Bracamonte y Guzmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en Castela a Afonso de Bracamonte-Guzmán y Dávila (morto en 1622), cabaleiro da orde de Santiago e señor de Peñaranda en 1602. A grandeza de España concedeuse en 1676 ao seu fillo e cuarto titular, Gregorio de Bracamonte y de Bracamonte (morto en 1682). Pasou aos Fernández de Velasco, marqueses do Fresno; aos Pacheco, duques de Uceda, e aos Téllez-Girón, duques de Osuna.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moldura plana e lisa que sobresae da superficie dunha parede menos ca a súa propia alzada.

      2. Lintel de cantaría que se utiliza en vans de pouca altura.

    1. Faixa alzada de terra dun xardín ou parque, xeralmente construída ao pé dunha parede, e plantada de flores e arbustos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Gujarāt, India (116.546 h [1991]). Foi capital do antigo estado homónimo e a patria de Gandhi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que leva o estandarte.

    2. Soldado que portaba o vexillum no exército romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia da Vilavella (A Mezquita), situado no límite con Castela-León. O seu cumio acada os 1.262 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de influír na opinión pública co fin de conseguir condutas colectivas encamiñadas cara a certas metas relixiosas, sociais, políticas ou doutra índole. Baséase en lemas, na ostentación e na reiteración, fomentando a emotividade, reducindo o campo de visión e disimulando as súas últimas motivacións. A súa finalidade é convencer e conseguir unha acción inmediata.

    2. Medios ou materiais (anuncios, carteis, panfletos, etc), que serven para propagar unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1885. Subtitulada “Revista semanal de ciencias”, foi fundada e dirixida polo doutor A. Vila Nadal. Imprimiuse nos obradoiros da Tipografía Galaica. De carácter científico, tentou ofrecer datos sobre as novidades aparecidas en Galicia, a situación das estacións de bioloxía, os laboratorios, os xardíns botánicos, a Universidade compostelá, disposicións lexislativas e artigos de crítica e reflexión sobre cuestións relativas ás ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación romana destinada á propagación da fe, onde radica o goberno da actividade misioneira católica no mundo. Fundouna Gregorio XV (22 de xuño de 1622) como un instrumento exclusivo da Santa Sé e coa finalidade principal de difundir o cristianismo. Exerceu unha grande actividade misioneira nos novos territorios descubertos e posteriormente estendeuse a todos os países onde non había establecida unha xerarquía autóctona. Paulo VI (1963-1978) reformouna e deulle o nome de Congregazione per l’Evangelizzazione dei Popoli ou de Propaganda Fide (1967). Está composta por 61 membros e asistida por un Colexio de Consultores integrado por expertos en distintas disciplinas eclesiásticas procedentes de diferentes países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 30 de decembro de 1895. Cesou en xullo de 1896 (nº16). De periodicidade quincenal, centrou os seus artigos no campo da filatelia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Vigo a partir de agosto de 1881. Cesou en marzo de 1883. Subtitulouse “Revista quincenal. Consagrada a la defensa e ilustración de la clase obrera”. De tendencia republicano-federal, a partir de 1882 apoiou, por influencia de Ricardo Mella, as teses colectivistas da Federación de Trabajadores de la Región Española; conveténdose, ademais, en semanario. Nas súas páxinas, R. Mella polemizou coa prensa burguesa desde a sección “Misceláneas doctrinales”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Afganistán (225.500 h [estim 1988]). Situada a 500 km ao SO de Kābul, forma un oasis entre os ríos Tarnak e Arghandāb. Foi devastada en 1222 por Xenguis Khan e no s XIV por Timūr Lang. Entre os ss XVI e XVII disputárona o gran mogol e os persas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (47.676 km2; 598.000 h [estim 1982]). A súa capital é Qandahār.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso hindú. Fundador dos rāmānandīs, seita relixiosa de India, que adora a Rāma como deus supremo. O novo ensino, case idéntico ao de Rāmānuja, caracterízase, sobre todo, pola apertura a todo o mundo, sen distinción de castes, incluso de non hindús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga das palilleiras que designa o encaixe en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco delgado e uniforme que se obtén cortando unha cousa dun lado a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortar algo en rebandas.

    2. Cortar algo dunha parte a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Comunidad Autónoma de Andalucía (4.212 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO