"Anu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1145.
-
PERSOEIRO
Educador suízo. En 1799 fundou en Hofwyl, cerca de Berna, unha institución agrónomo-educativa e favoreceu o ensino das diversas clases sociais. Á súa escola, orientada baixo postulados pestalozzianos, acudiron estudiantes de toda Europa e tivo unha grande influencia no desenvolvemento das teorías educativas, especialmente na educación baseada no traballo directo no campo. Foi un dos máximos difusores e continuadores da obra da educación popular que trazara Johann Heinrich Pestalozzi
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Manuel Forcadela, doutorouse na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1992). Profesor de lingua e literatura galegas, colabora en distintas publicacións (Dorna, A Nosa Terra, Nordés, Clave Orión, A trabe de ouro, Coordenadas). No eido da creación dramática é autor dun texto, A pedra do tempo (ou Santiago, Santiago), publicado na Revista Galega de Teatro en 1997, e que deu lugar a un espectáculo homónimo creado pola compañía de monicreques Tanxarina en 1993. Publicou no ámbito do ensaio, tradución, poesía, narrativa e crítica literaria. Da súa produción destaca Ferida acústica de río (Premio Celso Emilio Ferreiro 1981), O regreso das ninfas (1985), O varredor de outono (Premio Leliadoura 1987), A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (1988), Sangue sobre a neve (1990), Paisaxe con muller e barco (Premio Manuel...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico, compositor e director. Iniciou os estudios musicais en Ribadeo e posteriormente ingresou na sección de música do Rexemento de Infantería Isabel a Católica da Coruña. Afamado gaiteiro, foi membro e director do coro Cantigas da Terra, dirixiu a banda La Lira de Ribadeo, a Banda Municipal de Betanzos, a coral Polifónica El Eco, a coral Follas Novas e a Masa Coral Cacereña. Autor de zarzuelas, pezas para voz e piano, coro e bandas, da súa produción destacan Estampas brigantinas, Betanzos, Vendimia betancera, A festa da malla, Suite bergantiñana, Salaios, Sabela e A Virxe do Cristal. Membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Doutor en Dereito e catedrático emérito de Xornalismo da Universidade de Vigo. Foi decano da facultade de Xornalismo da Universidad de La Laguna (Tenerife) e de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo. Foi director dos diarios Segre, de Lleida, e Diario Regional, de Valladolid; dos semanarios La Actualidad Española, de Madrid, e Mundo Internacional, de Barcelona; e da axencia Europa Press de Madrid. Foi profesor na Escola de Periodismo do CIC de Barcelona, da facultade de Periodismo da Universidad de Navarra e do Instituto de Estudios Superiores de la Empresa (IESE) de Barcelona. Publicou, entre outros libros, La libertad de prensa en España (1971), Información y mentira (1997) e Cuestiones de teoría general de la comunicación (2001). Foi galardoado co premio da Asociación de Periodistas de Galicia (2000), da Asociación da Prensa de Vigo (2000) e co Premio Nacional Rafael Calvo Serer (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad de Bilbao (1972), comezou a súa carreira profesional como analista de sistemas na firma viguesa Gispert SA (1973-1976). En 1979 accedeu ao consello de administración do grupo CUPIRE-PADESA, do que se converteu en director xeral, e no 2001 foi nomeado conselleiro-delegado. Baixo a súa dirección, o grupo valdeorrés, tradicionalmente dedicado en exclusiva á elaboración de lousa para a construción, iniciou un proceso de expansión comercial que o levou a ser o primeiro produtor mundial de pedras ornamentais, grazas á apertura e consolidación de novos mercados de exportación para a lousa e á súa introdución noutros sectores, como o graniteiro. Forma parte das xuntas directivas das principais asociacións profesionais do ramo, como a Asociación Gallega de Pizarristas, a Federación Nacional de Pizarra e a Federación Nacional de Piedra Natural, e presidiu a delegación española no grupo de traballo de cubertas de lousa do Comité Europeo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi autor de célebres zarzuelas como La Marsellesa (1876), El dúo de la Africana (1893), La viejecita (1897) e Gigantes y cabezudos (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo e poeta. Emigrado en Bos Aires, licenciouse en Leis e Teoloxía e ingresou na Armada como capelán. Profesor de filosofía no colexio de San Carlos de Bos Aires, tivo que renunciar en 1827 por motivos políticos. Das súas obras destacan Poesías fúnebres a la tierra memoria del virrey don Pedro Melo de Portugal (1791), Poesías místicas teológico morales (1799), Principios de teología (1824) e Lecciones de Filosofía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Mondoñedo (1890-1905). En 1858 foi ordenado sacerdote. Durante a súa etapa ovetense fundou e dirixiu a Igrexa de Santo Domingo de la Santa Obra do Catecismo. Foi profesor de latín, catedrático de teoloxía dogmática e reitor do Seminario de Oviedo. Escribiu en numerosas revistas e xornais, entre outras La Unidad, e traduciu ao asturiano o Evanxeo de san Mateo. Durante o seu mandato fundou varias escolas dominicais para o estudo do catecismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador internacional de fútbol. Coñecido como Pahiño, proclamouse máximo goleador do Campionato Español de Liga de Primeira División nas tempadas 1947-1948 (co Real Club Celta de Vigo) e 1951-1952 (co Real Madrid C.F.). Foi integrante da selección española en tres ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Practicante da Beneficencia Municipal da Coruña e secretario do Colexio Oficial de Practicantes (1928), encabezou o Partido Sindicalista en Galicia a partir de 1934 e participou activamente na campaña a prol do Estatuto de 1936. Agochado na Coruña durante a Guerra Civil, reapareceu en 1941 como un dos impulsores do primeiro comité local da CNT na clandestinidade. Pouco despois, trasladouse a Madrid coa finalidade de asegurar o enlace do Comité Nacional da CNT coa organización galaica. Membro do comité nacional do Movemento Libertario (1943-1946), traballou xunto con Xoán García Durán para conformar a Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas (ANFD) e en 1945 foi o secretario do seu consello nacional. Detido en abril de 1946, permaneceu na cadea ata 1951.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Na súa obra predomina a acción e a intriga. Publicou Poesías (1835), El bastardo y el rey (1851), Los desheredados (1865) e María (1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, marqués de Villena e duque de Escalona. Foi lugartenente de Catalunya (1693-1694) e vicerrei de Aragón (1694-1695), de Sicilia (1701-1702) e de Nápoles (1702-1707). De volta a Madrid, propúxolle a Filipe V a creación da Real Academia Española de la Lengua (1714), da que foi o primeiro presidente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Foi secretario da Xunta Central de Galicia, constituída en Lugo en 1843. Apoiou o levantamento de Solís en abril de 1846, tralo que fuxiu a Portugal. Colaborou nunha nova revolta republicana liderada polo deputado Pereira, polo que foi detido e confinado no castelo de San Antón. Foi deputado (1854-1856) pola provincia da Coruña. Defendeu a permanencia do sistema foral no congreso agrícola celebrado en Santiago en 1864.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Historia, foi profesor de ensino medio nos institutos de Soria e Xelmírez e Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Foi profesor na facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago (1954-1976). Colaborador desde 1955 do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, foi comisario das escavacións arqueolóxicas da Guarda. Participou, tamén, nas escavacións arqueolóxicas dos castros de Santa Tegra e Fazouro e da vila romana de Currás. Colaborador de numerosas revistas especializadas, das súas obras destacan La expedición de Almanzor a Santiago de Compostela (1967) e Tuzoniun. Estudio de una comarca en los primeros años de la restauración (1875-1894) (1985). Membro correspondente desde 1956 da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Coronel Benito, era militante comunista. Foi mariñeiro do acoirazado Xaime I e durante a Guerra Civil acadou o cargo de comisario político da Comandancia da Mariña de Cartagena. Ao remate do conflito marchou á URSS. Retornou a Galicia en 1945 para incorporarse á loita da guerrilla, que dirixiu desde 1948. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Manuel María, realizou estudios de Filosofía e Letras e exerceu como procurador dos Tribunais en Monforte de Lemos. Ao longo da súa traxectoria profesional empregou pseudónimos como Ernesto Alfonso Reque Varela ou Manuel Hortas Vilanova, e colaborou en distintas publicacións e prensa, como A Nosa Terra, Faro de Vigo, El Progreso, Nordés, Alba, Grial, Vieiros, Aturuxo e Atlántida. Xunto con Ánxel Xohán fundou a colección Xistral e no ano 1969 a editorial homónima. Autor polifacético, cultivou o ensaio, o teatro, a poesía e a narrativa. Gran coñecedor da cultura popular, o seu poemario Terra Cha (1954), con sucesivas reedicións e ampliacións, constitúe unha homenaxe á súa terra natal. Nesta obra a paisaxe é a protagonista omnipresente e o autor reflicte a vida na Terra Cha a través dunha variada combinación de metros (pareados, cuartetas, coplas). Así...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Gafas, ingresou nas Juventudes Socialistas en 1931 e, trala revolución de outubro de 1934, foi designado membro do comité executivo do PSOE de Asturias. Ao remate da Guerra Civil estableceuse en Casaio para unirse aos fuxidos. En 1943 foi un dos principais líderes da guerrilla do leste de Ourense. Tras padecer unha enfermidade ocular, saiu para Francia en outubro de 1948.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Loitou en Cuba (1895-1898) e en Marrocos, onde en 1920, ascendido a xeneral e a axudante de campo do Rei Afonso XIII, intentou unha penetración cara ao interior, coñecida como a Desfeita de Annual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano e escultor. Ingresou na orde (1881) e tomou os hábitos (1887). Realizou numerosas pezas para as igrexas da orde franciscana e construíu, entre outros, os órganos dos conventos de Herbón e Canedo, ademais de reparar os das catedrais de Lugo e Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Publicista e cronista oficial de Tui. Colaborou nas publicacións Nós, Cuadernos de Estudios Gallegos, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, e nos xornais La Noche, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo. Publicou Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas a la importación y exportación de mercancías (1948) e Familias antiguas de Tuy (1958). Pertenceu ao Instituto Histórico do Minho, ao Seminario de Estudos Galegos, á Asociación de Arqueólogos Portugueses e á Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO