"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
PERSOEIRO
Gramático e pedagogo. Graduouse en Teoloxía na Universitat de Gandia. Organizou o ensino da gramática castelá como base para o estudo da latina. Como pedagogo estableceu un método de ensino para a escola do hospicio de Barcelona e escribiu, ademais de obras didácticas, un Plan de educación primaria (inédito) e un Plan de educación o método para aprender la lengua latina sin las reglas del arte (1804). Así mesmo, é autor dunha serie de tratados de gramática latina e, sobre todo, castelá, da que renovou e impulsou o estudio; o máis importante é a Gramática filosófica y razonada de la lengua castellana. Escribiu a primeira gramática moderna do catalán: Gramàtica i apologia de la llengua catalana, na que traballou entre 1810 e 1814.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas da familia das lamiáceas ao que pertence a estruga molar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Ballotes Gravado rupestre situado na Torre dos Meadelos (Vilagarcía de Arousa). Esta estación está composta por varias rochas de granito de gran groso con representacións de tipoloxía moi ampla: coviñas, combinacións circulares, zoomorfos e unha posible escena de monta. Destacan tres grandes figuras de cérvidos, sumamente esquematizadas e de tamaño moi grande, gravadas na parede inclinada cara ao NO dunha das rochas. Os tres cervos camiñan, máis ou menos aliñados, en dirección N-S. A escena de doma ou monta está constituída por un cuadrúpede en actitude estática sobre a que aparecen uns trazos que delinean o torso e os brazos dunha figura humana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bolo de fariña de millo, cocido co caldo ou por separado, que se facía no entroido e nos tempos de escaseza de pan. SIN: bolo do pote, bullote, perico, petotes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda ou terceira volta nalgunhas eleccións nas que se require unha porcentaxe determinada de sufraxios (maioría absoluta, dous tercios, tres quintos, etc) para resultar vencedor. Nesa segunda ou terceira volta requírese unha maioría cualificada para ser elixido. Emprégase sobre todo nas eleccións dos cargos unipersoais, como os dos Xefes de Estado (normalmente por sufraxio universal directo) ou de goberno (elixidos polos parlamentos ou asembleas).
-
PERSOEIRO
Lingüista suízo. Foi catedrático de Gramática Comparada e Lingüística Xeral na Universidade de Xenebra, sucedendo a Saussure, do que foi discípulo. Recompilou, coa axuda de Séchehaye, o Cours de linguistique générale (Curso de lingüística xeral, 1916) de Saussure. Alcanzou o recoñecemento científico co Traité de stylistique française (Tratado de estilística francesa, 1909), Le langage et la vie (A linguaxe e a vida, 1913) e Linguistique générale et linguistique française (Lingüística xeral e lingüística francesa, 1932). Bally concibe a Estilística como o estudo dos aspectos afectivos e expresivos da lingua no seu código falado.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, no Reino Unido (637 km2; 56.900 h [estim 1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, no Reino Unido (418 km2; 23.900 h [estim 1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento de Tyrone (Irlanda), situado na aba dun outeiro que domina unha braña. É o asentamento máis antigo do Neolítico irlandés (3650 a C). A súa ocupación continuouse ata o Neolítico final e a época do vaso campaniforme. A análise de pole mostra avances e retrocesos no cultivo do trigo e da cebada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político chileno. No ano 1864, cando abandonou a carreira eclesiástica para dedicarse á política, afiliouse ao partido liberal. A partir do ano 1870 foi deputado en diferentes ocasións e, dende 1882 ata 1886, ocupou o cargo de ministro no gabinete do Presidente Domingo Santa María. Cando asumiu a Presidencia do país, no ano 1886, promoveu a educación pública e realizou numerosas obras públicas. En 1891, logo de oito meses de guerra civil, abandonou o cargo e suicidouse pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, localizado no val alto do Kadagua, nas Encartaciones (7.226 h [1996]). Constitúe un centro administrativo, comercial e industrial, destacando neste último sector as producións de papel, de mobles e de metalurxia. Balmaseda foi a primeira vila fundada en Bizkaia, pois a súa Carta de Poboamento ten data do 24 de xaneiro de 1199, cando don Lope Sánchez de Mena, señor de Bortedo, lles outorgou aos seus veciños o Fuero de Logroño. A súa situación no Camiño Real que comunicaba a Meseta e o Cantábrico permitiulle consolidar o seu mercado. Durante os ss XIV e XV tivo importantes depósitos de panos, así como unha aduana que despachaba a maioría das las cara a Flandres e Inglaterra. A apertura do camiño de Orduña en 1768 desviou o tránsito e supuxo o comezo dunha etapa de declive que se prolongou ata finais do s XIX, coa chegada do ferrocarril. A estrutura urbana de Balmaseda configurouse á beira dos tres camiños que confluían no lugar. O antigo castelo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Alpinista e guía. En 1786 escalou, xunto co doutor Paccard, o Mont Blanc, e iniciou o interese polos Alpes e o deporte da montaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cova preto de Russan, ao norte de Nimes, con pinturas paleolíticas e figuras trazadas co dedo por riba da arxila, que semellan representar mamuts.
-
PERSOEIRO
Matemático e físico suízo. Foi profesor na Universidade de Basilea. En 1885 obtivo de xeito empírico a fórmula que determinou as lonxitudes de onda das raias do espectro visible do hidróxeno, base da serie de Balmer, fórmula que, interpretada por Niels Bohr, inspirou a antiga teoría cuántica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de raias do espectro atómico do hidróxeno, que corresponden ás transicións ao nivel do número cuántico principal n=2; sitúanse na rexión visible e na ultravioleta próxima ao espectro. Os valores das diferentes lonxitudes de onda veñen dadas pola expresión l/λ=R<J>H</J>(1/22-1/N2), onde R<J>H</J> é a constante de Rydberg para o átomo de hidróxeno (R<J>H</J>=109 737 cm-1) e N un número enteiro maior ca 2.
-
PERSOEIRO
Teólogo, sacerdote e político. Doutorouse en Teoloxía no 1835 e foi ordenado sacerdote en Vic (1834). Como apoloxista publicou, entre outras, Reflexiones sobre el celibato (1839) e La religión demostrada al alcance de los niños (1841). A partir de 1844 alternou os escritos filosóficos cos políticos. Foi daquela cando se ocupou da edición de El criterio (1845) e escribiu Filosofía fundamental (1846) e Filosofía elemental (1847). A súa obra filosófica encádrase dentro da ontoloxía eclesiástica, analizando os problemas básicos da Agnoseoloxía, da Psicoloxía e da Metafísica. Difundiu o Criticismo e o Idealismo alemáns e renovou a escolástica ecléctica do s XVIII. Os seus escritos políticos están recollidos en Consideraciones políticas sobre la situación de España (1841) e nunha serie de artigos sobre España e Europa publicados no xornal El Pensamiento de la Nación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico cirurxián e naturalista. Foi profesor de Álxebra e exerceu a cirurxía dende 1778. No transcurso das súas estadías en América, sobre todo en México, estudiou a flora medicinal de Nova España. Dirixiu a expedición organizada polo goberno de Carlos IV para propagar a vacina antivaríola nas colonias (1803-1806). Escribiu Introdución para la conservación y administración de la vacuna, y para el establecimiento de juntas que cuiden de ella (1796).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación do Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade da rexión dos Grampianos, en Escocia, no N da illa da Gran Bretaña, á beira do río Dee. O seu castelo, unha boa mostra do medievalismo romántico, é a residencia real en Escocia.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento en cova, situado en Asturias e próximo ao litoral cantábrico, que presenta un continuum ocupacional dende o Solutrense, seguido polo Madalenense, o Azilense e o Asturense. O seu estudio, iniciado no s XIX, poderá informar sobre a transición das sociedades tardopaleolíticas cara ao Mesolítico.
VER O DETALLE DO TERMO