"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • PERSOEIRO

    Poeta e humanista alsaciano. Escribiu en dialecto alsaciano Das Narrenschiff (O barco dos tontos, 1494).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos anseriformes ao que pertencen algúns gansos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Ponteceso. baixo a advocación de San xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de santa Leocadia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e escultor. Formouse no Havre e na École de Beaux Arts de París, a onde se trasladou en 1900. Foi discípulo de Raoul Dufy e de Othon Friesz. En 1906 expuxo por vez primeira no Salón des Indépendants; a pintura que realizaba entón estaba relacionada coa dos fauves con quen expuxo no ano 1907. No mesmo ano coñeceu a Picasso e iniciou o movemento cubista. Os seus primeiros cadros cubistas son de 1908 en L’Estaque. Mantívose nesta tendencia ata a Primeira Guerra Mundial e introduciu importantes innovacións, como os papiers collés e a imitación do mármore e a madeira. Despois negouse a adscribirse ao Cubismo. A súa vocación era a dun clasicista, que o conduciu máis tarde a unha estrita preocupación polos valores plásticos, especialmente os táctiles, e pola composición. As súas características principais foron a mesura e a claridade. Ao comezo da Segunda Guerra Mundial traballou a escultura en pedra. Fixo gran número de litografías e augafortes e ilustrou, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de formación de palabras co significado de ‘curto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega nos procesos de creación de palabras co significado de ‘brazo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Locomoción que se realiza mediante os brazos; en sentido restrinxido, movemento entre as árbores pendurándose das pólas colgando e balanceando o corpo. Distínguense dúas formas de locomoción braquial entre os primates. A braquiación típica, propia do xibón, que permite o salto aéreo dunha póla a outra, e a braquiación australopitecina, propia dos primeiros homínidos, que lles permitiría gabear polos troncos das árbores apoiándose nas pólas coa axuda dos brazos e das mans, o que constitúe unha adaptación máis xeneralizada co balanceo acrobático dos brazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De pólas extensas dispostas en pares alternados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao brazo.

    2. Aplícase á inflorescencia onde o número de ramificacións laterais do eixe común é unha ou dúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor neurálxica nun brazo ou nos dous.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un anticlinal que é un pouco máis longo ca ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Póla de crecemento limitado, especialmente de distancias entre nós moi curtas e follas aproximadas, a miúdo formando unha roseta, como as follas aciculares dos cedros e dos piñeiros.

    2. Eixe de crecemento limitado e de ramificación polo xeral máis espesa ca a do eixe principal. Aparece nalgunhas algas, por exemplo en moitas rodofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos versos aos que lles faltan as dúas primeiras sílabas para estar completos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do cranio braquicéfalo. Este modelado cranial apenas se detecta nalgúns cranios ata un momento moi avanzado da Prehistoria, polo que determinadas escolas antropolóxicas definiron unhas tendencias na evolución humana cara á braquicefalia como un modelado superior á dolicocefalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos cranios humanos que teñen un índice cefálico igual ou superior a 81, presentando unha estrutura cranial curta e alta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á suborde dos braquíceros.

    2. Insecto da suborde dos braquíceros.

    3. Suborde de insectos da orde dos dípteros, que se caracterizan por ter, cando son adultos, antenas curtas e grosas, e por emerxer fendendo a superficie dorsal da pupa. As familias máis características son as dos asílidos, bombílidos e tabánidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lonxitude anormalmente curta, a miúdo conxénita, dos dedos das mans ou das dedas dos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO