"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘lixo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cicadáceas.

    2. Ximnosperma da familia das cicadáceas.

    3. Familia de plantas da clase das cicadatas constituída por unhas 65 especies actuais e un gran número de fósiles de plantas que viviron desde o Carbonífero ata comezos do Xurásico. Son plantas arborescentes semellantes ás palmeiras ou aos fentos, cunha roseta de grandes follas pinnadas no ápice do talo. As especies actuais son propias dos países intertropicais e subtropicais, e algunhas, cultivadas como ornamentais, danse nos xardíns dos países temperados. O xénero máis representativo é Cycas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cicadatas.

    2. Planta da clase das cicadatas.

    3. Clase de xinmospermas constituída por plantas dioicas con aspecto de fento ou de palmeira, normalmente con ramificacións soamente na base. Comprende catro familias (cicadáceas, boweniáceas, estanxeriáceas e zamiáceas) e once xéneros. Esténdense polas zonas tropicais e subtropicais de África, Asia, Australia, América e as illas occidentais do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cicádidos.

    2. Insecto da familia dos cicádidos.

    3. Familia de insectos homópteros á que pertencen as cigarras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cicadofilicais.

    2. Planta da orde das cicadofilicais.

    3. Orde de pteridospérmatas constituída por plantas que viviron entre o Devónico superior e o Xurásico inferior, e que reunían caracteres morfolóxicos dos fentos eusporanxiados e das ximnospermas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cicadofitinas.

    2. Ximnosperma da subdivisión das cicadofitinas.

    3. Subdivisión de ximnospermas constituída por plantas leñosas de porte variable, folla pinnada, e estames con diversos grupos de sacos polínicos e carpelos. Algúns presentan caracteres evolucionados, como por exemplo, flores hermafroditas. A subdivisión das cicadofitinas comprende dúas clases, gnetópsidas e cicadais, e unhas duascentas especies que se estenden polas rexións tropicais e subtropicais de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sucede aproximadamente cada 24 h.

    2. Aplícase ao ritmo biolóxico que ten un ciclo aproximado de vinte e catro horas, como a secreción de ACTH, os movementos de crecemento das plantas ou o ciclo de sono/actividade dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cagada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘retrete’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título da casa real inglesa concedido en 1362 a Lionel de Anveres, terceiro fillo de Eduardo III, e que reverteu na coroa á súa morte (1368). En 1412 foille outorgado ao príncipe Tomás, fillo segundo do Rei Enrique IV. En 1461 concedéuselle o terceiro ao príncipe Xurxo, irmán de Eduardo IV. En 1789 outorgóuselle ao príncipe Guillerme, fillo terceiro de Xurxo III, e a derradeira concesión realizóuselle ao príncipe Alberte (morto en 1892), fillo maior do Rei Eduardo VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de clarificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que clarifica.

    2. Aparello empregado para clarificar un líquido, separando as partículas en suspensión. Distínguense tres tipos: clarificador por gravidade, clarificador centrífugo e clarificador de filtro. Os clarificadores por gravidade, máis usuais, constan dun depósito, polo xeral de grandes dimensións, para conseguir unha produción elevada e están provistos dun dispositivo que remove as lamas e os transporta cara á súa saída. Son adecuados para separar os sólidos lixeiros finamente divididos, como por exemplo os fangos das augas residuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de clasificar ou clasificarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen clasifica ou se emprega para clasificar. Ex: Regaláronme unha carpeta clasificadora para ordenar mellor os meus apuntamentos. Trouxo un clasificador de moedas para a tenda.

    2. Moble dividido en compartimentos no que se gardan documentos clasificados.

    3. Máquina para efectuar a clasificación, empregada principalmente nas industrias químicas e metalúrxicas. O clasificador hidráulico máis sinxelo é o de fluxo cruzado, que traballa en réxime continuo e consiste nun canal semicilíndrico inclinado uns 12°, que ten no interior un transportador sen fin que recolle as areas sedimentadas do fondo do canal e as leva ata a parte alta de descarga. No extremo inferior hai un sumidoiro por onde sae o líquido cos limos, libre de areas. Todos os clasificadores hidráulicos traballan de xeito semellante e só varían na forma do recipiente e do sistema transportador.

    4. Máquina que se utilizaba para clasificar e ordenar as tarxetas perforadas, segundo as regras dun código, alfabeticamente ou por unha orde previamente determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce de forma cónica feito de azucre, xema de ovo e coco relado sobre unha base de biscoito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deformación producida nunha superficie por un ou varios golpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen codifica.

    2. Circuíto lóxico que permite codificar un sinal presente na súa entrada. Normalmente, consta dunha serie de entradas, das que só unha se excita, e dunha serie de saídas que lle dan o código correspondente á entrada activada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola privada de belas artes fundada en Montparnasse (París) polo escultor napolitano Ernesto Colarossi na segunda metade do s XIX. Asistiron a ela, entre outros, Gauguin, George Grosz e Modigliani.

    VER O DETALLE DO TERMO