"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

    1. Relativo ou pertencente aos crocodilianos.

    2. Réptil da orde dos crocodilianos.

    3. Orde de réptiles diápsidos á que pertencen os crocodilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos crocodílidos.

    2. Réptil da familia dos crocodílidos.

    3. Familia de réptiles á que pertence o xénero Crocodylus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fala ou se desenvolve con facilidade en catro linguas.

    2. Que está escrito ou expresado en catro linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten catro letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunstancia de ser culpable.

    2. Responsabilidade criminal. Para o culpable comporta a obriga de responsabilizarse dos prexuízos civís causados polo feito punible e a imposición dunha pena. O grao de culpabilidade determínase en función da participación no delito e das circunstancias concorrentes no feito delitivo.

    3. Consciencia de falta nun individuo, que se manifesta inconscientemente na súa conduta e lle inspira unha angustia diante dun crime non manifesto ou imaxinario. Se este sentimento é moi intenso, leva o individuo á neurose e incluso á loucura e desesperación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estimulación bucal dos xenitais femininos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • bronce de berilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • bronce de silicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se compón de liñas curvas.

    2. Que segue unha liña curva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao dáctilo.

    2. Que está composto principalmente por versos dáctilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se colocaba no teclado dos pianos para facilitar a aprendizaxe dos iniciados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político italiano. Colaborou activamente na organización do movemento fascista e participou na Marcha sobre Roma (1922). No ano 1935 ocupouse do alto comisariado das colonias da África Oriental Italiana e dirixiu as operacións de Etiopia. Foi ministro de Estado en 1942 e no 1943 votou en contra de Mussolini, feito polo que foi procesado e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de actores e comediógrafos italianos integrada polos irmáns Titina (Nápoles 1898 - Roma 1963), Eduardo (Nápoles 1900 - Roma 1984) e Peppino (Nápoles 1903 - Roma 1980). No 1932 constituíron a compañía de teatro humorística I De Filippo, dirixida por Eduardo, e tamén traballaron no cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, director de escena e dramaturgo. Comezou a súa carreira teatral aos catro anos, interpretando a un neno xaponés no espectáculo La geisha, na compañía de Eduardo e Vicenzo Scarpetta. Nacido nunha familia de actores, en 1932 formou unha compañía cos seus irmáns Peppino e Titina, na que traballaron xuntos ata 1945, ano en que Peppino formou a súa propia. A partir de 1923 comezou a escribir textos e dirixir espectáculos, e iniciou unha das máis densas e prolíficas carreiras no eido dramático e teatral, ata converterse nunha das figuras máis admiradas na cultura italiana no s XX, traxectoria na que cómpre salientar o seu traballo como actor. A súa obra dramática, cunha clara tendencia realista e popular, presenta os conflitos entre o home e a sociedade, particularmente os derivados da loita pola vida, a miseria e a inxustiza. A crítica ten salientado que constitúen unha especie de fresco da vida cotiá napolitana, dos seus personaxes e conflitos, nas que o humor e a farsa adquiren...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e pedagogo. Formouse no ambiente cultural e social do Milán posterior ao Risorgimento, entre a herdanza manzoniana, a rebelión da scapigliatura, a atención polo socialismo humanitario e a inclinación polo verismo. Foi cofundador da revista La Vita Nuova e profesor e secretario da Accademia Scientifico-letteraria de Milán. Da súa produción destacan as obras Il cappello del prete (O sombreiro do crego, 1888), Arabella (1892), Giacomo l’idealista (Giacomo o idealista, 1897) e Col fuoco non si scherza (Co lume non se xoga, 1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luigi Filippo Tibertelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade ou estado de débil.

      2. Carencia de forza ou de vigor, sobre todo por non ter comido.

      1. Aspecto no que algo ou alguén é feble.

      2. Defecto que posúe unha persoa pero que, en certa forma, se lle pode perdoar.

      3. Afección excesiva que mostra unha persoa por algo.

      4. Inclinación cara a unha persoa pola que se sente especial predilección.

    1. Estado psíquico que se caracteriza por unha diminución anormal da capacidade intelectual do individuo, asociado con importantes problemas de adaptación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de debilitar ou debilitarse.

    2. Transformación dun son noutro por comodidade articulatoria, xa que o novo non supón un esforzo menor, como, por exemplo, a sonorización e a fricativización das oclusivas. A debilitación dunha consoante pode facer que desapareza. Sincronicamente, o galego presenta alternancia entre as realizacións oclusivas sonoras [b], [d] e [g], que se presentan despois dunha pausa e dunha consoante nasal, e as realizacións fricativas sonoras correspondentes [β], [ð] e [γ], que se recollen nos demais casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • debilitación.

    VER O DETALLE DO TERMO