"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

    1. Relativo ou pertencente a Florida e aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Florida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • florideofíceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás florideofíceas.

    2. Alga da clase das florideofíceas.

    3. Clase de algas vermellas á que pertencen aos xéneros Ceramium, Corallina, Chondrus, Gelidium e Gigartina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Siracusa, na illa de Sicilia, Italia, situada 15 km ao oeste de Siracusa (19.157 h [1991]). Fundada en 1627, converteuse en concello independente en 1815. Destruída polo terremoto de 1908, do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Madonna della Grazie, Santa Anna e a Chiesa Madre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten flores ou está en flor.

    2. Que é o máis selecto ou escolleito de algo ou alguén.

    3. Que manifesta a alegría ou o vigor de algo ou alguén.

    4. Aplícase á lingua ou ao estilo moi adornado con figuras retóricas.

    5. Aplícase ás árbores ou plantas que teñen flores de distinto esmalte ca o resto da figura.

    6. Aplícase ao período gótico flamíxero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou produce flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de pezas musicais ou literarias selectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Unidade monetaria principal de Holanda (fl), establecida en 1816, que equivalía a 0,245489 gramos de ouro fino. Estaba dividido en 100 céntimos. Estableceuse a súa equivalencia co euro en 2,2037 e deixou de cotizar o 20 de agosto de 2001.

      2. florín de Suriname

        Unidade monetaria principal de Suriname (Sfl), dividida en 100 céntimos.

      1. Moeda de prata cuñada en Florencia desde finais do s XII, cun peso de 1,80 g e un valor dun soldo.

      2. Moeda de ouro cuñada en Florencia entre 1252 e 1533, cun peso de 72 gramos florentinos (3,528 g). Levaba no anverso o lirio coa lenda Florentia e no reverso a figura de San Xoán Bautista e a lenda S. Johannes B. Orixinariamente valía 20 soldos, pero foron frecuentes as alteracións no seu valor, aínda que mantivo as características do peso e da lei. Foi imitada por diversos estados, señoríos e cidades libres de Europa. O duque Alessandro de Medici substituíuna polo escudo de ouro.

      3. Moeda de ouro dos grandes duques de Toscana cuñada en Florencia entre 1588 e 1792, cun peso lixeiramente inferior aos 3,5 g que conservou algunhas das características do florín medieval, pero cunhas grandes variacións de tipoloxía. Coñecíase tamén co nome de sequín.

      4. Moeda de ouro cuñada polos monarcas de Aragón na ceca de Perpignan dende 1346, seguindo o modelo dos de Florencia. Tiña un peso de 3,35 g e presentaba no anverso a San Xoán Bautista e no reverso unha flor de lis. Cuñouse tamén nas cecas de Barcelona, Girona, València e Mallorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Viana do Bolo. As súa armas traen, en campo de azul, unha flor de lis, de ouro; bordo de prata, con cinco rosas, de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Macedonia Central, Grecia (1.924 km2; 53.147 h [1991]). A capital é Flórina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome feminino formado pola raíz latina Flor- co sufixo xermánico -lind. A súa festividade celébrase o 1 de maio e en Pascua de Resurrección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexicógrafo inglés. Fillo de pai italiano, foi profesor de linguas en Oxford e lector e profesor de italiano na corte de Xacobe I. Das súas obras destacan un dicionario inglés-italiano Worlde of Wordes (1598) -publicouse unha edición aumentada, Queen Anna’s New World of Words, en 1611-, e a tradución inglesa dos ensaios de M. E. Montaigne (1603).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor flamengo. Coñecido como Cornelis Floris, utilizou a figura humana como soporte arquitectónico. Foi o arquitecto da casa do concello de Anveres (1561-1565). Entre as súas obras destacan o tabernáculo da igrexa de San Leonardo de Zoutleeuw (1552) e as paredes do coro da catedral de Doornik (1573).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo, irmán de Corelis Floris. Introduciu o manierismo romanizante en Flandres. Fixo obras relixiosas, como A caída dos anxos (1554); mitolóxicas, como O Banquete dos deuses (1550); e retratos, entre os que destacan O home do falcón (1558) e A familia van Berchen (1561).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que vende flores e plantas.

    2. Persoa que fai flores artificiais.

    3. Botánico especializado en estudios florísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á flora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Influído por Juan Ramón Jiménez, da súa obra destacan 32 poemas breves (1927), Trópico (1930), Cuatro poemas (1940), Antología poética (1956), Antología penúltima (1970), Donde habita el recuerdo (1984) e A pesar de todo (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Diácono en Lyon, escribiu De electione episcoporum e a colección canónica Capitula ex lege et ex canone collecta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador latino. Posiblemente visitou Roma baixo o goberno de Domiciano e retirouse a Hispania. Escribiu un Epitome ou Bellorum Romanorum libri duo, unha obra en dous volumes sobre a historia de Roma dende a súa fundación ata o 25 d C, e probablemente o diálogo Vergilius orator an poeta.

    VER O DETALLE DO TERMO