"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de san Salvador, onde se atopa á capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ramirás baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello do Carballiño, baixo a advocación de san Pedro, hoxe parroquia de Lobás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello de Dozón, baixo a advocación de san Pedro, hoxe dividida entre as parroquias de Bidueiros e Dozón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudos de medicina e odontoloxía en Santiago e Madrid. Despois de doutorarse e ampliar estudos en París (1923), volveu a Galicia onde exerceu a odontoloxía. Participou na sinatura do Manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo (1918) e fundou en Madrid na década de 1920, con Fermín Penzol, a organización Mocedade Céltiga. Formou parte da Irmandade da Fala de Betanzos e, posteriormente, presidiu a da Coruña. Foi o primeiro director da revista Rexurdimento (1922-1923) e tamén dirixiu A Nosa Terra, ademais de colaborar na revista Alborada de Bos Aires (1930). Preocupado pola normalización do galego, que el consideraba debía achegarse ao portugués, formou parte, xunto con Otero Pedrayo, Antón Villar Ponte e Antonio Iglesias Vilarelle, do comité executivo que organizou a primeira Diada ou Festa da lingua galega que tivo lugar o 25 de xullo de 1930. É o autor do Vocabulario castellano-gallego de las Irmandades da Fala (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático. De ascendencia galega, residiu en Santiago de Compostela entre 1924 e 1936. Percorreu diversos países como membro do corpo diplomático e como escritor está adscrito á Xeración de 1922. Da súa obra, próxima ao vangardismo de Manoel Antonio, cómpre salientar Ancla (1923-1925) (1926) e Poemas sincopados (1929), este último con características propias da creación musical e dedicado ao musicólogo Xesús Bal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Nogueira, capital do concello de Meis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Bóveda. De estilo barroco, seguramente foi construída a finais do s XVII. Ten nave rectangular. No seu interior destaca o retablo barroco, cunha inscrición que o data en 1701. No presbiterio atópase unha lápida sepulcral, na que se mostra o escudo de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ramirás. Pertenceu ao antigo mosteiro de San Pedro de Ramirás. Datado no s XI como mosteiro familiar, a primeira referencia documental é de 1017, cando recibiu a primeira doazón. En 1137 converteuse en mosteiro de monxas bieitas, despois substituídas por clarisas, e en 1499 anexionouse a San Paio de Antealtares. A igrexa, construída entre os ss XII e XIII, de transición do románico ao gótico, ten planta basilical de tres naves da mesma altura con cuberta de madeira e separadas por piares con arcos apuntados. A cabeceira fórmana tres ábsidas semicirculares, con bóveda de canón. Na fachada do templo destacan tres portadas decoradas con arquivoltas e a principal, franqueada por dous contrafortes, ten arcos superpostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guntín. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave rectangular. No interior destaca o retablo barroco da ábsida e os neoclásicos dos laterais, labrados estes por López de Cerceda cara a 1870. A portada principal presenta dobre arquivolta e tímpano liso, rodeado por mochetas con figuras de monstros. Sufriu reformas no s XVIII, nas que se engadiu a sancristía e a espadana que acolle o campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sada baixo a advocación de san Nicolao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Zume de uva antes de fermentar e converterse en viño. Os mostos conteñen dun 70 a un 85 % de auga e de 140 a 225 g de azucre por litro, ademais de ácidos orgánicos, sales minerais, taninos, materias colorantes, nitroxenadas, amoniacais ou orgánicas, gomas, pectinas, etc. A densidade varía entre 1,05 e 1,13.

    2. Zume que se extrae de certas froitas.

    3. Licor azucrado que se obtén tratando, con auga fervendo, o malte moído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad de Madrid, situado a 17 km ao SO da capital, nunha chaira regada polo río Guadarrama (196.524 h [2001]). A proximidade con Madrid converteuno nun centro industrial e comercial, con funcións de cidade dormitorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción ou unidade dalgunha cousa, especialmente dunha mercadoría, que se mostra para facer coñecer a súa calidade.

      2. Signo convencional que se pon nunha tenda para indicar aquilo que se vende.

      3. Porción finita dunha poboación que é utilizada para extrapolar conclusións sobre diversas características da poboación total. En xeral, a elección dunha mostra estatística é levada a cabo con bases aleatorias. Ao medir unha característica nunha mostra obtéñense os valores da mostra ou distribución empírica da mostra, da que se extraen os parámetros estatísticos esenciais, como a media ou a varianza, entre outras, que son os que permiten extraer conclusións. A elección de mostras dá lugar á teoría da mostraxe estatística, que achega as condicións para garantir a representatividade das mostras e as ferramentas matemáticas que hai que utilizar para extraer conclusións.

      4. Anaco ou pequena cantidade dun material que se utiliza para analizalo ou determinar as súas propiedades.

    1. Exposición pública de obxectos ou produtos.

    2. Cousa que se emprega como exemplo ou modelo para un traballo, en especial o modelo caligráfico que os nenos copian para aprender a escribir.

    3. Acción e efecto de mostrar.

    4. Demostración ou proba de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival de Teatro organizado pola Agrupación Cultural Xiria en Cangas do Morrazo desde 1984. Contou na súa dirección coa colaboración de Henrique Harguindey, Xosé Manuel Pazos, Casilda García e María Xosé Mariño. Desde o primeiro momento, os organizadores prestaron especial atención a espectáculos do exterior que dificilmente se podían ver en Galicia, e así pasaron pola Mostra compañías e intérpretes como Teatro de la Danza, Cambaleo, Trapu Zaharra, Teloncillo, A Barraca, Ángel Paulovski, Colombaioni ou Geroa, ademais de colectivos galegos. Tamén se organizaron debates, cursos e outras actividades como exposicións, conferencias e presentacións de revistas e libros, xunto coa organización en 1997, 1998 e 1999, das tres edicións dos Encontros de Reflexión do Teatro de Galicia e o Norte de Portugal (Teatragal).

    VER O DETALLE DO TERMO