"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
-
Relativo ou pertencente ao conservacionismo.
-
-
Persoa ou colectivo que traballa a prol da conservación da natureza.
-
Partidario do conservacionismo.
-
-
-
-
Que conserva.
-
Persoa que se encarga de conservar algunha cousa.
-
-
Que tende a manter a tradición e a frear as innovacións ou reformas, especialmente referido á política.
-
Relativo ou pertencente aos conservadores ou a un partido conservador.
-
Membro dun partido conservador.
-
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “El perseguidor de toda infracción” que apareceu na Coruña o 30 de novembro de 1820. Impresa por Pascual Arza y Choza, saía todos os martes, xoves e domingos, aínda que tamén publicou algúns números extraordinarios. Era de tendencia liberal e encargábase de defender o réxime constitucional establecido. Contaba coa colaboración de Vicente Pardo Patiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ideoloxía e actitude que defende o statu quo vixente en cada momento e que se opón á idea de cambio social, defendido polos movementos progresistas ou revolucionarios. As primeiras manifestacións da tendencia conservadora apareceron en Inglaterra, entre a Guerra Civil de 1649 e a Revolución de 1688, cando os conservadores (tories) defenderon os intereses da aristocracia terratenente e do alto clero. A súa configuración como corrente ideolóxica partiu das obras de Edmund Burke, quen rexeitaba os principios da Revolución Francesa (igualdade, representación e soberanía popular), pero aceptaba a teoría do contrato social e o principio de soberanía nacional. Tomando como modelo as tradicións políticas británicas, defendía a orde, o equilibrio e a supremacía dunha lei natural e divina, e como froito dela existía un grupo, unha aristocracia natural que se ocuparía do goberno. Sobre esta base ideolóxica asistemática, apareceron durante o s XIX diversas correntes ou liñas doutrinais...
-
-
Que conserva o bo estado de algo ou alguén, especialmente aplicado a unha substancia ou produto.
-
Substancia que, engadida aos produtos alimenticios en pequenas proporcións, evita a alteración microbiana e elimina e impide o crecemento de microorganismos. O seu mecanismo de acción é bacteriostático ou bactericida. Dentro dos produtos químicos de síntese, son conservantes os ácidos benzoico, sórbico, p-clorobenzoico, os seus sales e outros. Os antibióticos tamén teñen aplicación neste campo: os máis empregados son a nisina, a nistatina, a pimaricina, a tilosina e os grupos das tetraciclinas. Os antioxidantes de uso alimentario pódense considerar como conservantes das graxas alimentarias, xa que evitan a actuación química por oxidación. Igualmente, o dióxido de xofre, á parte da súa acción antibacteriana, pódese considerar como un conservante químico xa que inhibe o escurecemento non enzimático. O sal, o azucre e algunhas especias tamén teñen efecto conservante, así como algunhas substancias que se impregnan nun alimento afumado.
-
-
-
-
Manter unha cousa en bo estado sen deixar que sexa alterada ou destruída.
-
Someter un produto alimenticio á operación de conservación.
-
-
Non deixar perder algo que se expresa.
-
Seguir tendo ou gardar con coidado algo.
-
Manterse en bo estado.
-
Existir a pesar do paso do tempo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido conservador do Reino Unido, sucesor do Tory Party trala Reform Bill de 1832. Robert Peel, líder dos tories, reorganizou o vello partido, deulle o novo nome, dotouno dunha organización central e formou o primeiro goberno conservador en 1834. Logo da derrota electoral de 1852, o partido asumiu as teses de Benjamin Disraeli sobre política colonial e o fortalecemento do Imperio Británico, e agrupou a burguesía nacida da Revolución Industrial. En 1874 acadou o triunfo electoral, pero a derrota de 1880 orixinoulle unha nova crise. Salisbury sucedeu en 1881 a Disraeli e, dende 1883, Randolph Churchill reorganizou o partido. A comezos do s XX producíronse novas tensións e en 1911 fusionáronse cos unionistas liberais. Ao estoupar a Segunda Guerra Mundial, o partido, dirixido por Chamberlain, chegou ao poder. Substituíuno Winston Churchill en 1940, quen formou un goberno de coalición cos laboristas e cos liberais. Ao final da guerra, o partido pasou á oposición e dende aquela alternou...
-
-
Que serve para conservar.
-
-
Aplícase ao sistema ou ao proceso que conserva unha certa magnitude física (xeralmente a enerxía), no que o valor desta permanece constante.
-
campo conservativo
Campo de forzas que deriva dun potencial.
-
fluxo conservativo
Fluxo dun campo vectorial que é nulo a través de toda superficie pechada.
-
sistema conservativo
Sistema pechado no que a enerxía mecánica é constante, ou sistema aberto no que todo o traballo exterior se pode considerar como proveniente da enerxía cinética e potencial do sistema.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento oficial destinado a fomentar e aprender diversas artes, como a danza, a declamación, a música e o teatro. No campo musical, a súa orixe vincúlase ás institucións benéficas italianas para orfos (s XV) nas que, ademais de albergar os rapaces, se ofrecía a formación necesaria para a súa integración na sociedade, e da que formaba parte a educación musical, que facilitaba a participación dos alumnos nos cantos da liturxia. En Venecia recibiron o nome de ospedali (‘hospitais’); un dos máis importantes foi o Ospedale della Pietà, onde ensinou Antonio Vivaldi e compuxo gran parte da súa produción (concertos e obras sacras), para que as interpretasen as orfas desta institución. A finais do s XVI e comezos do s XVII, a música era a actividade principal de moitos dos orfanatos de Nápoles e Venecia, pero a finais do s XVIII estes centros experimentaron un declive e moitos deles pecharon. En 1795 fundouse en París o Conservatoire Nationale de Musique, que serviu de modelo a outras...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural creada na Coruña en 1919 pola Irmandade da Fala desa cidade co obxectivo de fomentar a cultura galega, fundamentalmente nos campos musical e teatral. A sección de declamación dirixiuna inicialmente Fernando Osorio Docampo, formado no Conservatório Superior de Lisboa. Non tardaron en aparecer as discrepancias respecto da orientación artística da compañía, pois existían notables diferencias entre os que defendían unha liña costumista, baseada nas esencias populares da cultura galega, e os que apostaban por unha renovación radical da escena. Constituíu a primeira tentativa de facer un teatro galego profesional e partía da necesidade de acometer a posta en escena de textos clásicos da literatura dramática universal como The merry wives of Windsor (As alegres casadas de Windsor), de William Shakespeare, un espectáculo que sumado a A man de Santiña, presentado en abril de 1919 sobre un texto de Cabanillas, ou a Donosiña, proposta que nacía dun texto de Xaime Quintanilla, permitiría...
-
-
Relativo ou pertencente ás conservas ou á industria de conservas.
-
Que ou quen fai conservas.
-
Propietario dunha industria de conservas.
-
industria conserveira.
-
-
-
Empregado subalterno que realiza determinadas funcións nun edificio oficial ou público.
-
Persoa que se ocupa da custodia, vixilancia da entrada ou servizo de limpeza, entre outras funcións similares, nun establecemento público.
-
Persoa que desempeña funcións semellantes ás dun conserxe nun edificio de vivendas.
-
-
-
Oficio ou emprego de conserxe.
-
Cuarto ou lugar que ocupa o conserxe no desempeño da súa función.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de considerable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é grande, cuantioso ou importante abondo para ter en conta.
-
-
de considerar.
-
Acción de considerar ou reflexionar sobre as vantaxes, inconvenientes e circunstancias que rodean unha cousa. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
Atención ou respecto que se dedica a unha persoa ou cousa.
-
-
-
Acción de considerar ou reflexionar sobre as vantaxes, inconvenientes e circunstancias que rodean unha cousa. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
Atención ou respecto que se dedica a unha persoa ou cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de considerar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula empregada nos autos e sentencias xudiciais que serve para enumerar os parágrafos separados e que vai ao inicio de cada un. Neles, aprécianse os fundamentos xurídicos aplicables ao caso polas partes, que forman parte do siloxismo xurídico que se completa co fallo ou parte dispositiva. Foi obrigatoria ata 1985, cando, coa publicación da Lei Orgánica do Poder Xudicial, se substituíu polos fundamentos de dereito.
-
PERSOEIRO
Teórico do socialismo e político francés. Entusiasta das ideas de Fourier, en 1832 deixou a carreira militar para dedicarse á propagación das súas ideas. O seu pensamento superaba a desconfianza de Fourier na industria e permanecía politicamente aberto a posturas máis revolucionarias. Deputado (1848-1849), interveu nas revolucións deses anos e tivo que exiliarse. Durante a súa estadía nos EE UU fundou a comuna La Réunion (1855-1857), preto de Dallas. De novo en París, adheriuse á Primeira Internacional e tomou parte directa na Comuna de París. Dirixiu as publicacións Le Phalanstère, La Phalange e Démocratie pacifique. Escribiu Destinée sociale (Destino social, 1834-1844) e Principes du socialisme (Principios do socialismo, 1847).
VER O DETALLE DO TERMO