"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • PERSOEIRO

    Escritor, xurista e militar italiano. Loitou pola independencia da República de Venecia. A súa obra capital é Confessioni di un italiano, publicada postumamente e censurada co título de Confessioni di un ottuagenario (1867), novela autobiográfica onde se reflicten os ideais do Rexurdimento. Escritor pródigo, produciu poemas como Luciole (1858), panfletos, dramas e obra narrativa, da que destacan Il conte pecoraio (1857) e Il barone di Nicastro (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio de Janeiro, Brasil, situada ao N da aglomeración de Rio de Janeiro (104.671 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Emigrou coa súa familia en 1938 a Uruguay, onde estudou arquitectura. En 1942 iniciouse na arte coa cerámica e cofundou a revista Apex, onde publicou contos, e a que lle permitiu coñecer ao pintor J. Torres García, clave para a súa formación intelectual. A súa obra caracterizouse por unha figuración construtivista de cores planas e carácter costumista en escenas urbanas, rurais ou naturezas mortas. Pouco despois achegouse á abstracción en que lle deu moita importancia ao material ata que evolucionou cara á plenitude da súa obra coa incorporación do espazo e a luz. Trasladouse a Bos Aires (1947) e desde 1953 comezou a expoñer coa axuda de Luís Seoane. Colaborou coa revista Galicia Emigrante, regresou a Montevideo (1957) e traballou en xornalismo. Destacou polos seus murais de grandes dimensións como o do estadio de Montevideo, Mural del Cerro (1962-1964), onde apareceron de forma explícita as características construtivas do artista, cun emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ugandés. Líder do Uganda People’s Congress, foi presidente de Uganda (1966), despois de protagonizar un golpe de estado que aboliu a monarquía e estableceu un réxime unitario e non parlamentario. Foi deposto (1971) por Idi Amin Dada e exiliouse en Tanzania ata 1980, cando volveu a Uganda. Reelixido presidente do estado (1980), outro golpe de estado depúxoo en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de mercado frecuente na realidade económica moderna, caracterizada por un grao de concentración elevado, é dicir, porque unha pequena cantidade de empresas controlan unha elevada proporción da produción ou da poboación activa do sector. A característica fundamental do oligopolio é o elevado grao de interdependencia entre as decisións das empresas. Por este motivo, o problema principal da teoría do oligopolio céntrase na determinación da cantidade de equilibrio e dos seus límites, e na análise das reaccións de cada un dos vendedores ante as modificacións da conduta dos competidores.

    2. Situación de elevada concentración en que un número moi reducido de empresas regulan os prezos. É típico en sectores como os da produción de ferro, cemento ou electricidade.

    3. Situación de oligopolio determinada polas preferencias dos consumidores polos produtos dunha determinada empresa, porque son, ou parecen, diferentes entre eles. Dáse en sectores como o da produción de bens de consumo non durables e nas actividades comerciais.

    4. Situación de oligopolio que presenta as características de diferenciación e concentración. Dáse nas industrias de bens de consumo durables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao oligopolio.

    2. Persoa que vende en réxime de oligopolio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do voivodato de Opolskie, Polonia, situada á beira do Oder (128.927 h [estim 2000]). Capital do ducado de Opole, en 1532 pasou a ser posesión dos Austrias e en 1742 de Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (9.412 km2; [estim 2000]). A súa capital é Opole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Foi catedrático de Astronomía e Xeodesia na Universidade de Viena. En 1873 fundou un observatorio astronómico privado e estudou mecánica celeste. De 1870 a 1880 publicou un tratado sobre a determinación da órbita dos asteroides e cometas e traballou no catálogo de todas as eclipses de Sol e Lúa desde 1207 ata 2163, coñecido como Canon der Finsternisse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa especificamente as relacións xermano-rusas e, posteriormente, as relacións de Alemaña Occidental co bloque dos países socialistas. Foi utilizado para denominar a política do Otto von Bismarck que culminou co Pacto Xermano-ruso (1887), a de A. Hitler que concluíu co Pacto Xermano-soviético (1939), e a política iniciada en 1970 polo chanceler da República Federal da Alemaña, Willy Brandt, cara aos países socialistas europeos para normalizar as relacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, neto de Enrique José O’Donnell Anethan, conde de Lucena, duque de Tetuán e vizconde de Aliaga. Durante a Primeira Guerra Carlista loitou no bando liberal e obtivo vitorias en Oiartzun (1838) e en Lucena (1839), pola que recibiu o título de conde de Lucena e a capitanía xeneral de València. En colaboración con Espartero, expulsou os carlistas do Maestrazgo, mais en 1841, partidario dos moderados, ergueuse contra o seu colaborador e participou no complot para raptar a raíña. Tivo que exiliarse en Francia, pero volveu en 1844 e ocupou o cargo de capitán xeneral de Cuba (1844-1848), senador vitalicio (1845) e director xeral de infantaría (1848). Perante as inmoralidades financeiras dos moderados ergueuse xunto co xeneral D. Dulce e conseguiu impoñerse co Manifiesto del Manzanares (1854), co que se inicou o Bienio Progresista. Foi ministro da Guerra no goberno de Espartero, do que se foi distanciando gradualmente, e tras a súa dimisión presidiu o goberno (xullo-outubro 1856). Cando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da antropoloxía que estuda os homínidos, os primates fósiles e a súa evolución. Emprega conceptos e métodos da antropoloxía física, a anatomía comparada e a teoría da evolución. Para interpretar os restos de ósos e de utensilios fósiles utilízanse a etnoloxía e a arqueoloxía, e para datar os fósiles recórrese á análise dos estratos xeolóxicos e á proporción de radioisótopos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fillo de Leopoldo Panero e irmán de Juan Luis Panero Blanch, ingresou no Partido Comunista na clandestinidade, polo que foi levado a prisión. Coñecido como o último “poeta maldito” das letras hispánicas, a súa obra caracterízase pola ruptura coas convencións literarias e ideolóxicas, dentro das correntes tremendistas e ultraístas, con composicións marcadas pola melancolía e o rexeitamento existencial. Iniciouse no mundo poético con Por el camino de Swan (1968), ao que seguiron Poemas del manicomio de Mondragón (1987), en que aparecen reflitidas algunhas das súas experiencias nun centro psiquiátrico; Tensó (1997) e Erección del labio sobre la página (2001); ademais dos libros de narrativa En lugar del hijo (1976) e Palabras de un asesino (1992), e o ensaio Prueba de vida. Autobiografía de la muerte (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formado no ámbito da revista Garcilaso, nos seus primeiros libros partiu da experiencia e dos postulados teóricos do garcilasismo. Xa na época de madurez profundizou no dadaísmo e no surrealismo. Da súa obra destacan La estancia vacía (1944), Escrito a cada instante (1949, Premio Nacional de Literatura), Canto personal (1953), unha réplica ao Canto general de Neruda; e Cándida (1960). Gran parte da súa obra recolleuse no volume póstumo Poesías (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano precedente do Partito Democrazia Cristiana. Foi fundado en 1919 por Luigi Sturzo e baseábase na doutrina social da Igrexa, a descentralización rexional, a reforma agraria e outras reformas políticas. Nas eleccións de 1919 e en 1921 obtivo un cento de escanos parlamentarios e tamén conseguiu un notable éxito nas municipais de 1920. Os asasinatos do líder socialista Giacomo Matteotti e Minzoni e a desaparición das liberdades constitucionais conduciron ao partido a retirarse do Parlamento. A partir de entón os seus dirixentes foron perseguidos e o derradeiro secretario xeral, Alcide de Gasperi, refuxiouse na Cidade do Vaticano ata a caída do fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Doutor en Filosofía e Letras, exerceu como catedrático de instituto en La Laguna, Baeza, Cuenca e A Coruña. Colaborou na prensa diaria, de xeito habitual en La Voz de Galicia, El Eco de Galicia, Revista Contemporánea, Ilustración Nacional ou Unión Católica, en Madrid, desde os que atacou a ideoloxía rexionalista. Participou na fundación de Las Noticias de Cuenca, e dirixiu Diario de la Laguna, El Lagunero e Aguerre en Canarias. Da súa obra destacan La enseñanza de la geografía, lo que es y lo que debe ser en España (1909), Ensayo de antología geográfica (1910), Desde la terraza (ensayos poéticos) (1912), Descripción de España. Nociones elementales de geografía nacional (1915) e o inacabado Cuadros de España (1914). Recibiu a Cruz de Alfonso XII e foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga de cinco cidades. Das diversas que houbo na Antigüidade, destacan as dúas de Palestina: a Pentápole do Mar Morto, que comprendía Sodoma, Gomorra, Adama, Seboim e Bala ou Segor, e a Pentápole filistea, integrada por Gaza, Ascalón, Asdod, Gat e Accarón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Persia, capital do Imperio Aqueménida, fundada po Darío I de Persia (500 a C) e ampliada por Xerxes I e Artaxerxes I. Situada na beira do río Pohar, ao NL de Shīrāz. Entre os numerosos edificios destacan a sala do trono, a das 100 columnas, os palacios de Darío e de Xerxes, o tesouro, o xineceo e as tumbas reais, todo recuberto de baixorrelevos. Destruída e incendiada por Alexandre o Grande (331 a C), as ruínas foron escavadas por Herzfeld e E. F. Schmidt (1930-1940). Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio de Janeiro, Brasil (263.838 h [1995]). Está situada nun val da cordilleira litoral.

    VER O DETALLE DO TERMO