"RAG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Aragón (1035-1063), fillo natural de Sancho III de Navarra. Elevou Aragón á categoría de reino. Tras o asasinato do seu irmán Gonzalo (1045?), Sobrabe e Ribagorza pasaron a formar parte dos seus dominios. Loitou contra os sarracenos, aos que atacou en Graus en 1055 e novamente en 1063 cando se enfrontou co rei de Zaragoza, que estaba axudado polos casteláns e polo Cid. Morreu neste enfrontamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Monxe ou o rei Cugula (? 1080? - Huesca 1157) Rei de Aragón e conde de Ribagorza (1134-1137), fillo de Sancho I de Aragón e irmán de Pedro I de Aragón e de Afonso I de Aragón. Entrou no mosteiro beneditino de Tomeres e cara a 1130 pasou ao priorado de San Pedro el Viejo de Huesca, e obtivo o bispado de Roda-Barbastro. Foi elixido rei polos aragoneses en 1134 tras a morte de Afonso I de Aragón, sen descendencia, que deixara o reino ás ordes militares. Por este motivo tivo que enfrontarse a Navarra e Castela. Coa conquista de Zaragoza por Afonso VII de Castela, refuxiouse en Catalunya. Recuperou o trono coa axuda dos cataláns e en 1137 acordou casar a súa filla Petronila con Ramón Berenguer IV de Barcelona, a quen traspasou os dereitos e prerrogativas do reino, aínda que conservou o título de rei. Retirouse ao priorado de San Pedro el Viejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Doutor en Dereito pola Universidad de Santo Domingo, foi presidente da Cámara Oficial de Comercio, Agricultura e Industria e membro do Comité de Protección da Infancia adscrito á ONU. Colaborou co presidente Rafael L. Trujillo Molina e foi nomeado ministro de Industria, Comercio e Banca do seu goberno. Colaborou na prensa galega como Faro de Vigo e escribiu Curso de Contabilidad e Alejandro el Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trazo caprichoso escrito á man.

    2. Gancho ou póla moi revirado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Director asociado do Grupo Unipro-Consultores de Empresas, director financeiro de Edicións Laiovento e director da revista Análise Económica, foi cofundador e xerente da revista Teima, cofundador e conselleiro de Escola Aberta e vicepresidente de Promocións Culturais Galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi asesor do Banco de Galicia y Buenos Aires e avogado consultor na embaixada española. Membro da Real Academia Galega, foi director e membro de varias asociacións galegas en Bos Aires. Colaborou no xornal Correo de Galicia (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Aliñación montañosa situada entre as parroquias de Rececende e Santo Estevo de Rececende, ambas as dúas no concello da Pontenova. A máxima altitude corresponde ao monte Alto do Rego Seco (540 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Licenciado en Filoloxía Románica e Linguas Modernas (italiano), foi profesor de español en varias universidades estranxeiras. Fundou a revista Aledebarán (1954) e traballou para a RAI e a televisión xaponesa, e foi columnista nas revistas Cambio 16 e Época e presentou programas de televisión como Encuentros con las letras (1986-1981), El Mundo por Montera (1989-1990) e Negro sobre Blanco (1997-2004). Da súa obra destaca Gárgoris y Habidis (Premio Nacional de Literatura 1978), Las fuentes del Nilo (1986), La Dragontea: diario de un guerrero (1992), La prueba del laberinto (Premio Planeta 1992), Dicionario de la España Mágica (1997), En el alambre de Shiva (1997), El camino hacia Ítaca (1998), Historia mágica del Camino de Santiago (1999) e El sendero de la mano izquierda (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1063-1094) e de Navarra (Sancho V; 1076-1094), fillo e sucesor de Ramiro I. Despois de conquistar as ribeiras do Cinca, ocupou Arguedas (1084) e polo curso do Gállego achegouse a Zaragoza. As conquistas (1083-1084) e o establecemento da posición de Montaragón (1088) sinalaron o inicio dunha ofensiva contra Huesca que rematou o seu fillo Pedro I de Aragón (1096). Loitou na Guerra dos Tres Sanchos ao lado do seu curmán Sancho IV de Navarra contra Sancho II de Castela, que foi derrotado en Viana (1067). Ao morrer asasinado Sancho IV de Navarra (1076), incorporou o reino aos seus dominios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundou o Partito Socialista dei Lavoratori Italiani (PSLI), que en 1951 se converteu en Partito Socialdemocratico Italiano (PSDI), do que foi secretario xeral (1957). Partidario da colaboración coa Democrazia Cristiana, foi ministro en diversos gobernos e presidente da República (1964-1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Heroína. Coñecida como Agustina de Aragón, na Guerra da Independencia sufriu o asedio das tropas francesas en Zaragoza e cooperou na súa defensa. O 1 de xullo de 1808, no baluarte do Portillo, quedou soa diante dun canón, e disparouno contra o inimigo, feito que lle valeu o grao de oficial do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das saxifragáceas, duras na base, perennes e de follas simples, máis ou menos partidas, alternas ou basais. As flores poden ser de diversas cores, pentámeras, períxinas e están dispostas en cimas ou panículas. O froito é en cápsula. Algunhas especies son plantas de xardín. En Galicia destaca a presenza da especie S. granulata, de ata 50 cm de altura e con flores brancas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás saxifragáceas.

    2. Planta da familia das saxifragáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das rosais, constituída por especies herbáceas perennes e raramente leñosas, con follas alternas, enteiras ou divididas. As flores son actinomorfas, hermafroditas e xeralmente pentámeras, e os seus froitos en cápsula, en folículo ou en baga. Habitan sobre todo nos países temperados do hemisferio norte e de América do Sur. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se emprega para desfacer as pedras da vexiga.

      2. Preparado empregado para desfacer as pedras da vexiga.

    1. Planta herbácea que pertence ao xénero Saxifraga da familia das saxifragáceas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía do Grupo FCC, que tomou o nome de Aqualia e que ten por obxectivo garantir un servizo público de calidade na xestión do ciclo integral da auga. Está presente en máis de 600 municipios españois e presta servizo a unha poboación de case 6.000.000 de habitantes. Conta cunha rede de canalización de auga de 15.007 km e produce 342.311.000 m3 de auga ao ano. En Galicia abastece aos concellos de Barreiros, Bueu, Cangas, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Mos, Nigrán, Redondela, Ribadavia, Sarria e Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Coñecido como Kiko da Silva, licenciouse en Belas Artes pola especialidade de pintura. Comezou en fanzines como Nicasso e Nova línea, e na revista Elipse. Cartelista, director e promotor da revista BD Banda, como humorista gráfico traballou en La Voz de Galicia, no suplemento “Xatentendo.com” e na revista Golfiño, onde publicou a serie “Fiz nos Biosbardos”. Ten ilustrado libros como A verdadeira historia do pirata Xocas (1999), A memoria das árbores (2001), De rato de campo e rato de cidade (2002) ou Que contan as ovellas para durmir? (2004). Recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada ao Mellor Autor Afeccionado (1996), o Prémio de humor do Muséu da Imprensa do Porto e un accésit no concurso de ilustración organizado polo INJUVE (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • subfrénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está sometido á autoridade de alguén.

      1. Aplícase ao bispo dunha diocese sometido á autoridade dun arcebispo ou metropolitano.

      2. Aplícase a unha igrexa, normalmente con territorio e dereitos case parroquiais, sometida a unha parroquia principal ou matriz.

    VER O DETALLE DO TERMO