"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria inglesa fundada por John Freame no 1694. Logo dun crecemento ininterrompido, no ano 1896 converteuse na Barclay and Company Limited, nome que trocou no 1917 por Barclays Bank Limited. Sendo xa o primeiro banco británico, no ano 1968 absorbeu o Martins Bank. O grupo Barclay comprende, entre outros, o Barclays Bank PLC, que el preside, e o Bank International Limited, o seu banco exterior.
-
-
Construción de madeira, ferro ou calquera outro material que, mediante unha estrutura axeitada, permite a súa flotabilidade. Impulsado e dirixido por uns aparatos específicos e axeitados (remos, vela ou motor), pode transportar pola auga a persoas, animais ou mercadorías. SIN: embarcación, nave.
-
Cuncha interna da xiba.
-
Embarcación empregada para transportar os traballadores á batea, e que tamén recolle a produción de mexillón. Levan a cuberta máis despexada (a ponte e a cámara van máis cara á proa), co obxecto de poder traballar enriba e ter a posibilidade de cargar máis. Estes barcos bateeiros funcionan como unha factoría no mar, equipados cun guindastre mecánico para levantar as cordas, con toldos para traballar a cuberto, con máquinas de palillar que introducen uns paos nas cordas para impedir que as crías do mexillón escorreguen, e levan instrumentos mecánicos para encordar, espiñar e realizar outras tarefas.
-
A necesidade de cruzar os ríos traduciuse na construción de embarcacións adaptadas para navegar polas súas augas. A utilidade e fin destas embarcacións foi, fundamentalmente, a de transportar dunha beira a outra do río pasaxeiros, gando e mercadorías varias. Adaptados a estas características específicas, a gran maioría dos barcos de río son de fondo plano, poucas veces curvado, e de costados rectos. A proa e a popa teñen idénticas características se son empregadas para o transporte de carros ou gando, cunha forma achatada que facilita a entrada e saída da embarcación. Antigamente eran de tamaños variables, habéndoas de oito metros de longo por catro de ancho. No tramo intermedio do Miño existe un tipo singular de barco de río: a dorna ou barco. Estas embarcacións estaban formadas por dous flotadores chamados dornas, de aí o seu nome, construídos a partir dun tronco baleiro, coa parte de proa rematada en pico e a de popa con forma achatada. Os flotadores ían unidos por travesas, que á súa...
-
Embarcacións feitas en madeira, con tracción a motor e cun peso que supera as 20 toneladas. Á parte dos elementos mecánicos comúns ao resto das embarcacións a motor, levan unha serie de útiles e complementos específicos para o traballo co aparello do cerco: cubertas de madeira ou caixonas, situadas na cuberta do barco e destinadas a gardar o peixe, o rancho ou dependencia destinada para que os mariñeiros durman a cuberto, uns muíños en posición vertical (carretel), que serven para recoller a xareta do aparello, o halador que permite recoller e largar o aparello, e a pasteca, que consiste nunha pequena polea para a xareta. No costado de estribor leva unha varanda, e no de babor vai libre para poder traballar co aparello. A maquiniña ou halador vai en posición vertical, a diferencia dos outros barcos, para así poder tirar dos cabos do aparello polo costado. Estas embarcacións van equipadas con radares para a localización do peixe, así como con equipos de radio que os comunican con terra.
-
Embarcación que en tempos se empregou no tramo internacional do río Miño, e que aínda hoxe é frecuente na parte portuguesa, con algunhas modificacións na súa tipoloxía tradicional. Presenta unha proa e popa de características construtivas idénticas, mantendo a proa un pouco máis alta ca a parte traseira. A súa quilla ten forma de T, e un perfil redondeado. As súas dimensións son, de seis a sete metros de eslora e metro e medio de manga. É unha embarcación aberta, sen corredores laterais, cun pequeno banco na popa (tosta), outro no medio (bancada) e o derradeiro na proa. Aparellaba unha pequena vela sobre un sinxelo mastro, caído a popa. Dispuña dun temón de grandes dimensións (ata 80 centímetros de ancho), e que pasaba 40 centímetros por baixo da quilla. Estas embarcacións empregábanse para o transporte de persoas e mercadorías, usándose actualmente para a pesca da angula, da solla e da zamborca.
-
-
-
Apelido de orixe toponímica (O Barco de Valdeorras). O topónimo Barco, en contra do que intuitivamente parece indicar (a presenza no lugar dun barco), ten o significado de ‘depresión, concavidade do terreo, valgada’, polo que se podería situar a súa orixe na base prerromana *barc ou *barg ‘concavidade, altura, costa’. Unha variante deste apelido na que se conserva a preposición indicadora de orixe ou residencia é Dobarco. A mesma orixe ca estes terían outros apelidos, tamén de orixe toponímica, como Barcada, Barcala ou Barcón.
-
Antiga liñaxe castelá estendida por toda España. As súas armas levan, en campo de ouro, unha cruz de Calatrava, de goles, cantonada con catro lises de azul nos baleiros; bordo de goles con oito aspas de ouro. Para os Barco-Romeu recóllese un escudo semellante: en campo de ouro, unha cruz floreteada de goles, con catro lirios de azul nos baleiros, cada unha con dúas follas e unha flor no extremo; bordo de goles, con oito aspas de ouro.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado no alto val do río Tormes (2.564 h [1996]). A súa economía é agrícola (cereais, horta e patacas); tamén hai canteiras. Dentro da vila está o castelo de Valdecorneja, do s XV, e ruínas da antiga muralla. A igrexa parroquial é gótica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Valdeorras, situado na provincia de Ourense no L da comunidade autónoma (42° 25’ de latitude N e 6° 59’ de lonxitude O). Limita ao N co concello berciano de Oencia (en territorio da comunidade de Castela e León), ao L cos concellos de Rubiá e Carballeda de Valdeorras, ao S cos de Petín e A Veiga e ao O co de Vilamartín de Valdeorras (Valdeorras). Abrangue unha superficie de 85,7 km 2 cunha poboación de 13.943 h (2007), distribuída nas parroquias de Alixo, O Barco, O Castro de Valdeorras, Cesures, Coedo, Éntoma, Forcadela e Nogaledo, Millarouso e Santurxo, A Proba, Santa Mariña do Monte, Santigoso, Vilanova de Valdeorras, Viloira e Xagoaza. Atópase a 112 km ao leste da cidade de Ourense e a 198 km de Santiago de Compostela. A capital do concello é a vila do Barco, que é cabeza do partido xudicial, está adscrito á diocese de Astorga.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Climaticamente o territorio municipal do Barco de Valdeorras está baixo o dominio... -
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Obras Públicas e de Facenda, alcalde de Bogotá e embaixador no Reino Unido e nos EE UU. Líder do Partido Liberal, exerceu a Presidencia do país de 1986 a 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de santo Amaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘barco’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma aumentativa correspondente ao apelido Barco.
-
GALICIA
Pintor. Foi o fundador do grupo pictórico Ancla (1974), do que foi elixido secretario xeral en 1995. Realizou exposicións individuais e participou noutras de carácter colectivo en Galicia e en diversas cidades de España, Portugal e Francia. Escribiu unha monografía sobre Julio Argüelles, editou o Directorio de Académicos 1996 da Real Academia de Belas Artes de Galicia e Un museo para Ferrol, e coordinou Ferrolanos hoy: el barítono Julio Barcón (1996). Así mesmo, fundou e dirixiu as revistas Arte Galicia (1979) e Poesía Galicia (1981). Foi galardoado, entre outros premios, coa medalla de prata do I Salón Militar de Pintura (1981) e co II premio de Pintura Isaac Díaz Pardo (1989). É membro da Asociación Española de Críticos de Arte (1982), da Asociación Internacional de Críticos de Arte (1994) e da Real Academia Galega de Belas Artes (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sobrenome outorgado polos seus partidarios a Simón, xefe da segunda rebelión xudía contra Roma (132-135). A revolta, provocada polo decidido intento de Adriano de romanizar Xudea, foi incitada por diversos rabinos, entre os que destacou ´Aquibà ben Yosef.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Padriñán (concello de Sanxenxo), situada ao L da praia de Iriñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Viaxou a Italia (1555) e traballou con Tiziano. Pintor de retratos colectivos, a súa obra consérvase no Rijsmusseum de Amsterdam. Recibiu as influencias de Tiziano e Tintoretto. A súa obra máis recoñecida é A adoración dos pastores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Narcose obtida pola inhalación dunha mestura anestésica de presión superior á presión atmosférica. Emprégase nas intervencións cirúrxicas que implican a abertura dunha pleura.
-
PERSOEIRO
Profesora de ensino primario e actriz. Iniciou a súa traxectoria no taller de interpretación creado pola Escola Dramática Galega en Vigo, baixo a dirección de João Guisan, para logo participar na posta en marcha do obraboiro que promoveron en Cangas o grupo Mua e a Escola Dramática Galega e no seu primeiro e único espectáculo E vostede, como se chama?, estreado en 1985. Posteriormente, participou na creación de Teatro de Ningures, grupo co que realizou os espectáculos Zeussión Continua (1986), María Soliña (1988), Crónica de Pantagruel (1992), O polbo (1993), Macbett (1994), Tic-tac (1995) ou Terra de Lobos (1996). Co Centro Dramático Galego traballou nos espectáculos Como en Irlanda (1996), Lisístrata, ou de cando as mulleres reviraron (1997), O peregrino errante que cansou ao demo (1997), O Bufón de El Rei (1997) ou Antígona (1998). Participou tamén en espectáculos de grupos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Abade do mosteiro de Oseira (1561-1563). Baixo o seu mandato construíronse a portería, o balcón do órgano, a campá maior, a espadana do reloxo e a rella da igrexa. Ademais, fixo posible a reconstrución do mosteiro, en estado case ruinoso tralo incendio de 1552 que destruíra a igrexa. Con esta reconstrución evitou a desaparición do mosteiro xa que a situación do mesmo era a razón fundamental para trasladar a abadía a Valladolid e converter Oseira nun priorado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador hispanista francés. Estudiou na École Normale Supérieure de París e en Madrid, onde residiu ata o 1922. Foi profesor en Lisboa (1922-1926), no Lycée de Burdeus (1926-1929), no Collège de Francia (1955-1965) e na Universidade da Sorbona. Membro do Institut de France dende 1952, foi director do Institut d’Études Hispaniques de París e do Bulletin Hispanique. En 1937 saíu en París a súa tese Érasme et l´Espagne: recherches sur l´histoire spirituelle du XVIe siècle (Erasmo e España: investigación sobre a historia espiritual do século XVI), estudo que completou en sucesivas publicacións: Études sur le Portugal au temps de l´humanisme (Estudios sobre Portugal en tempos do humanismo, 1952), Études sur Bartolomé de las Casas (Estudios sobre Bartolomé de las Casas, 1965), etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto complexo que permite dosificar independentemente os graves e os agudos nos aparellos amplificadores destinados á reprodución de son, especialmente de música.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Iniciou a súa andaina coa peza Eugénie (1767) logo de ter escrito varios xoguetes cómicos que serían representados no castelo da familia dos Pompadour. Procesado por falsificación, escribiu as catro Mémoires (Memorias 1773-1774), modelos de panfleto e de sátira social. En 1775 o Teatro da Comedia Francesa presentou un espectáculo baseado na súa peza La précaution inutile ou Le Barbier de Séville (A precaución inútil ou O barbeiro de Sevilla) que, despois dalgúns arranxos, se converteu nun éxito de público e crítica. Nesta peza presenta a Fígaro, un criado intelixente e buscavidas que será o personaxe central de La folle journée ou Le mariage de Figaro (A xornada tola ou As vodas de Fígaro), estreada con notable éxito na Comedia Francesa en 1784, logo de ser censurada en 1781 por constituír unha aceda sátira política da sociedade da Francia prerrevolucionaria. Esta última peza sería o pretexto para un espectáculo homónimo estreado pola compañía...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, drenado polo río Bedmar, afluente do Guadalquivir (3.234 h [1996]). As principais actividades económicas do concello baséanse nos recursos agropecuarios: cultivo de cereais e oliveirais, gandería ou industrias alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO