"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1654-1660). Fillo do conde palatino Xoán Casimiro I de Kleeburg e de Catarina, filla de Carlos IX. Loitou polo trono ao abdicar a súa curmá Cristina en 1654. Proclamouse rei de Polonia despois de declararlle a guerra (1655) e ocupou o leste de Prusia; pero a resistencia dos polacos e o inicio das hostilidades por parte de Rusia (1656) e Dinamarca (1657), dificultaron a súa posición. Non obstante , ocupou Xutlandia e obrigou aos daneses a entregarlle en 1658 as provincias de Skåne e Bohuslän, ao sur da actual Suecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1660-1697), fillo de Carlos X. Durante a súa minoría de idade, o poder estivo controlado pola nobreza ata que en 1672 comezou a gobernar persoalmente. Na guerra contra Brandenburgo e Holanda, foi derrotado en Fehrbellin (1675), e perdeu a Pomerania sueca. Dinamarca invadiu Skåne, pero despois da vitoria de Lund (1676), os suecos rexeitaron o ataque e firmouse o Tratado de Lund en 1679. Desde entón dedicouse á reorganización do exército e das finanzas. A partir de 1682 estableceu un poder de tipo absolutista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1697-1718), fillo de Carlos XI e de Ulrica-Leonor de Dinamarca. O dominio sueco sobre o Báltico provocou un ataque conxunto contra el da alianza de Dinamarca, Rusia e Saxonia-Polonia en 1700. Respondeu ao tripla ataque e obrigou a Federico IV de Dinamarca a firmar a Paz de Trevendal en agosto de 1700; derrotou os rusos en Narva en novembro de 1700, e os saxóns e os polacos á beira do Dvina en xullo de 1701; en 1704 fixo substituír no trono de Polonia a Augusto II por Estanislao Leszczyński; invadiu Saxonia e obrigou a Augusto II a firmar a Paz de Altranstädt (1706). Volveuse entón contra o tsar, que invadira os territorios suecos do Báltico oriental, e fracasou no intento de chegar a Moscova e, en alianza cos cosacos, foi derrotado e ferido en Poltava en xuño de 1709. Refuxiouse en Turquía, onde foi retido durante cinco anos, ata que fuxiu en 1714. Durante a súa ausencia, a situación interior e exterior de Suecia empeorou: o país perdeu o 30% da poboación masculina,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1809-1818) e de Noruega (1814-1818). Irmán menor de Gustavo III, loitou polo trono ao ser derrotado o seu sobriño Gustavo IV. Asinou a paz con Rusia en 1809 e con Napoleón en 1810. Sen descendencia, en 1810 adoptou como sucesor o mariscal francés Jean Bernadotte. A través da Paz de Kiel (1814), Dinamarca tivo que ceder Noruega a Suecia, e o Parlamento noruegués recoñeceu a Carlos como rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Carlos Xoán (Pau 1763 - Estocolmo 1844) Mariscal de Francia e posteriormente rei de Suecia e de Noruega (1818-1844). De nome Jean Baptiste Bernadotte, ingresou no exército francés en 1780 e foi nomeado xeneral de brigada en 1794. En 1797 colaborou con Napoleón Bonaparte na campaña de Italia e en 1798 casou con Désirée Clary, converténdose en cuñado de Xosé Bonaparte. En 1804 Napoleón nomeouno mariscal e pasou a ser gobernador de Hannover. Destacou en Austerlitz (1805) e foi nomeado príncipe de Pontecorvo en 1806. En 1807 integrou no seu exército diversos corpos militares que estiveran destinados en Galicia. Durante a cuarta coalición obtivo vitorias sobre os rusos e os prusianos, e participou na ofensiva contra Suecia por causa do derrocamento de Gustavo IV. En 1810 foi elixido príncipe real de Suecia e herdeiro de Carlos XIII. Axiña controlou o goberno e exerceu a rexencia. En 1813 aliouse con Rusia, con Gran Bretaña e con Prusia, e entrou na sexta coalición contra...
-
PERSOEIRO
Rei de Suecia e de Noruega (1859-1872), fillo de Óscar I, a quen sucedeu. En 1865 outorgoulle ao país un réxime constitucional cun Parlamento composto de dúas cámaras electivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1973), fillo do príncipe Gustavo Adolfo e de Sibila de Saxonia-Coburg-Gotha. Sucedeu o seu avó Gustavo VI Adolfo o 15 de setembro de 1973. No ano 1976 casou con Silvia Sommerlath, coa que tivo tres fillos: Victoria, Carlos Filipe e Madalena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político portugués. Catedrático de Dereito, trala Revolução dos Cravos (25.4.1974) presidiu o I Goberno Provisional, do 16 de maio de 1974 ao 9 de xullo do mesmo ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica procedente de karl. Pasou ao latín coa forma Carolus, de onde se formou o feminino Carolina. Pasou de ser nome común, co significado de ‘home libre sen pertenzas’, a designar o ‘mordomo do palacio real’ entre os francos. Logo converteuse en título e chegou a nome propio. A forma feminina presenta como variantes: Carlota (derivado do francés Charlotte) e Carla. Os hipocorísticos son Chapa, Carlucho/Carola. Este nome espallouse por toda Europa debido ao prestixio de Carlos I o Grande, Carlomagno, sobre todo entre nobres e monarcas. Celébranse as festividades de san Carlos Borromeo (1538-1584), cardeal de Milán, o 4 de novembro, e san Carlos Lwanga, mártir ugandés, o 3 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos/Carolina.
-
PERSOEIRO
Emperatriz de México, filla do rei de Bélxica Leopoldo I. Casou en 1857 co arquiduque Maximiliano de Austria, quen se proclamou emperador de México coa axuda de Napoleón III no 1864. Dous anos despois viaxou por Europa na procura de axuda para o seu home, o Emperador Maximiliano, en loita contra os republicanos. Non obstante , debido aos infrutuosos resultados da súa viaxe, Maximiliano morreu fusilado en México, feito que motivou a súa reclusión voluntaria nun castelo belga.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao SO da capital, no límite coa provincia de Sevilla (10.023 h [1996]). Pasan pola localidade os regos Guadalmazán, Adelfa e Garabato, que unha vez reunidos forman un afluente do Guadalquivir. A agricultura é de secaño, principalmente cereais e oliveiras, e destacan as industrias alimentarias derivadas destes cultivos e o traballo de cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
caramuxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome inglés do condado de Ceatharlach, en Irlanda.
-
PERSOEIRO
Físico. Preocupado pola reprodución de textos e debuxos, propuxo un sistema para conseguir copias en seco baseado nun procedemento electrostático: a xerografía. Obtivo a primeira patente en 1940 e a Haloid Co, que despois se converteu na Xerox Corporation, comercializouna en 1947.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo sueco. Doutorouse en Medicina (1951) na Universidade de Lund, onde exerceu a docencia. En 1959 trasladouse ao departamento de Farmacoloxía da Universidade de Göteborg, onde foi nomeado profesor emérito en 1989. Centrou o seu labor investigador na transmisión nerviosa, demostrou o papel da dopamina como neurotransmisor e relacionou a súa deficiencia coa enfermidade de Parkinson, que melloraba coa administración da L-dopa (un precursor da dopamina). Tamén demostrou que os medicamentos antipsicóticos bloquean os receptores de dopamina. No ano 2000 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, compartido con P. Greengard e E. Kandel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político sueco. Presidente da Organización Xuvenil do Partido do Traballo (1961 - 1967), foi deputado dende o ano 1964. Ocupou os ministerios de Educación (1969 - 1973) e de Vivenda (1973 - 1976). No 1982 chegou a viceprimeiro ministro e, despois do asasinato de O. Palme no 1986, ocupou os cargos de primeiro ministro e de presidente do Partido Socialdemócrata. Venceu nas eleccións de 1988 e continuou como primeiro ministro ata 1991.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico, historiador e ensaísta escocés. Estudiou na Universidade de Edimburgo (1809-1813), da que foi reitor dende 1866 ata 1881. A súa primeira obra destacada, Life of Schiller (Vida de Schiller, 1825), está claramente influída, como toda a súa literatura, polo pensamento de autores como Kant, Goethe, Herder, Fichte, Schelling ou Hume. A continuación publicou History of French Revolution (Historia da Revolución Francesa, 1837), onde presenta a revolución como un proceso inevitable provocado pola conduta irresponsable da monarquía e da nobreza, Chartism (Cartismo, 1839), On Heroes and Hero-worship, and the Heroic in History (Sobre os heroes e o culto aos heroes, e o heroico na historia, 1841), onde mostra o seu espiritualismo aristocratizante que consideraba decisivo o papel do heroe na evolución histórica da humanidade, opoñéndose ao racionalismo e ao materialismo, Past and Present (Pasado e presente, 1843), Oliver Cromwell’s Letters and...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Fillo do pintor António Teixeira Carneiro, iniciou a súa formación no obradoiro do seu pai para despois estudar na Academia de Belas Artes do Porto e na Academia Julian de París. A súa carreira pictórica desenvolveuse en París ata os anos sesenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Decorou numerosos edificios e frescos antes de dedicarse á arte pitórica. Asinou o Manifesto Futurista de 1910 e, debido á súa amizade con Picasso e Apollinaire, achegouse ao movemento cubista entre 1911 e 1912. No 1916, en Ferrara, colaborou con De Chirico na creación da pintura metafísica, corrente na que participou ata 1918. Foi propulsor do movemento coñecido como Novecento. Dende 1926 realizou paisaxes mariñas. En 1933 asinou o Manifesto da pintura mural de Mario Sironi. Entre as súas obras destacan: Funerali dell’anarchico Galli (Funerais do anarquista Galli, 1910-1911), Manifestazione interventionniste (Manifestación intervencionista, 1914) e La musa metafisica (A musa metafísica, 1920). Publicou o libro autobiográfico La mia vita (A miña vida, 1943).
VER O DETALLE DO TERMO