"Rodríguez" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 437.

  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Xornalismo, publicou o seu primeiro libro de relatos La rebusca y otras desgracias en 1958, e en 1959 obtivo o Premio Nacional de Literatura por Los conspiradores. Destacan as novelas La criba (1961), La noche más caliente (1965) ou Solo de moto (1867), que Bardem levou ao cine no filme El Puente, do que Sueiro foi coautor do guión. En 1969 publicou Corte de Corteza (Premio Alfaguara). Da súa obra ensaística, destacan El arte de matar (1968); Los verdugos españoles. Historia y actualidad del garrote vil (1971); El Valle de los Caídos. Los secretos de la cripta franquista (1977); La Flota es roja: papel clave del radiotelegrafista Benjamín Balboa en julio de 1936 (1983); e Rescoldos de la España negra (1983). En colaboración con Roberto Llamas publicou Crónica de los montes de Toledo: andanzas de dos furtivos (1982), e con Díaz Nosty, Historia del...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi redactor de El Ideal Gallego e Faro de Vigo, subdirector de La Voz de Asturias e colaborador de La Voz de Galicia. En 1967 incorporouse a RTVE. Destacan as obras Comer en Galicia (1981), Cocina y vinos de Galicia (1982), Galicia: las mil y una fiestas (1983), Galicia: romería interminable (1983), en colaboración con A. Nieto, e El libro del marisco (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fotógrafo e ilustrador. Coñecido como Mingos Teixeira, iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Vigo, aínda que fundamentalmente foi un autodidacta. Creador da Escola de Medios Técnicos de Realización Artística “Irmanxelos” en Vigo e coordinador do programa educativo “Escola e arte”, partiu do expresionismo abstracto francés e evolucionou cara á abstracción pura e informalista. Empregou unha materia rica e grumosa con cores exultantes e atemperadas, dotando algunhas pinturas de nostalxia. Destacan Mujer gallega desnuda (1988), En Flandres se ha puesto el sol (1990), Meditaciones poéticas (1994), Retorno á terra (1999) ou Ecos fluídos (2002). Publicou Arte para todos (1999) e Na procura das orixes: 1997-1999 (1999). Recibiu o Premio da Alliance Française e o Premio Internacional del Bajo Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Arquitecto municipal da Coruña (1930) e do Ministerio de Educación durante a Segunda República Española, formouse na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1913-1919). Estableceu o seu despacho profesional na Coruña, asociado con Peregrín Estellés. Xuntos realizaron o edificio do Banco Pastor da Coruña (1921) e proxectaron a Casa Barrié (1926), tamén na Coruña. Xunto coas súas obras inseridas no estilo art decó (edificio para a Sociedade de Seguros Mutuos da Coruña, 1929; Cine Savoy, 1930), destacaron as obras de corte modernista e racionalista (Casa-Biblioteca Municipal Menéndez Pidal, 1933; Mercado de Santo Agostiño na Coruña, 1932, que realizou xunto con Santiago Rei Pedreira). Despois da Guerra Civil Española o seu talante vangardista decaeu en favor do tradicionalismo, que se manifestou en proxectos como a Ciudad Cultural “Generalísimo Franco”, o edificio do Arquivo do Reino de Galicia ou a Biblioteca Pública no xardín de San Carlos da Coruña. A derradeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, tradutor e político. Estudou filosofía en Múnic e Dresden, e achegouse aos postulados krausistas. Deputado pola Coruña durante a Segunda República Española, colaborou como crítico literario en La Lectura e El Sol. Traduciu obras da literatura universal e publicou contos e novelas como El loco amor (1921), La esclava del señor (1927) e La ley del pecado (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Licenciado en Dereito Canónico e doutor en Filosofía e Letras (1944), foi profesor de historia antiga e medieval na Universidade de Santiago de Compostela (1939-1970) e director da Biblioteca Universitaria de Santiago. Colaborador en diversas publicacións, realizou a tradución con A. Moralejo e J. Feo do Liber Sancti Jacobi, “Codex Calixtinus” (1951) e escribiu, entre outras obras, Egeria: Monxa galega (1976), Galicia histórica: el reino de los suevos (1977), La Galicia romana (1982) e Paulo Orosio: su vida y sus obras (1985). Foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1974), onde foi profesor. Realizou as estacións de Renfe de Vigo, Málaga e Algeciras e hoteis en México e EE UU. Publicou diversas obras sobre a arquitectura do Baixo Miño e do Ribeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Delegado de La Voz de Galicia en Vigo e xefe de sección en Faro de Vigo, ocupou o cargo de director en Atlántico Diario, El Correo Gallego e La Hoja del Lunes de Vigo. Publicou, en colaboración con Fernando Ramos, Las segundas elecciones autonómicas gallegas: historia de una crisis interminable (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Activo no terceiro cuarto do s XIII, nas Inquirições de 1258 hai unha referencia a dúas rapazas criadas en Santa Maria de Duas Igrejas, preto de Calvelo, que poden ser fillas do autor. Nas súas composicións aparece como musa do autor Maior ou Mor Gil, que pode estar relacionada coa liñaxe dos Bravães. É autor de 13 composicións, 11 de amor e dúas de amigo. En canto ás primeiras, aparecen ordenadas de xeito diferente nos cancioneiros -dúas delas presentan dúbidas sobre a súa autoría-, e conteñen abundantes trazos de ironía e parodia, aínda que tamén tratan a coita do amado. Unha delas “Se eu ousass’a Mayor Gil dizer” rompe o código e menciona o nome da senhor. En canto ás composicións de amigo, toca o tema do obstáculo que representa a nai da doncela nos seus encontros co amado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Emilia Salgueiro, a súa obra evolucionou desde o realismo temático e representivo cara a un expresionismo figurativo baseado en mundos oníricos, con referencias simbolícas e míticas. Nos anos noventa evolucionou cara á abstracción en obras con formas sinuosas que se proxectaban fóra do cadro. Ademais das técnicas tradicionais, experimentou con novos materiais que superan a barreira do pictórico como o ferro, o chumbo ou a madeira

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista. Catedrático de Lingua Castelá na Universidade de Santiago de Compostela (2002), foi fundador da revista Moenia. Revista lucense de lingüística e literatura, da que é codirector, e dirixe as coleccións de libros Lucus-Lingua, Lingüística e Grammaton e Logophiles. Como autor publicou Condicionales, concesivas y modo verbal en español (1992), La forma verbal española cantara en su diacronía (1996), Estudios de morfosintaxis verbal española (2002) e El subsistema vocálico español (2002); e como editor destacan La descripción del verbo español (1990), Estudios lingüísticos (1998), Da morfoloxía ao dicionario. Estudios de lingüística galega (2001), Léxico y Gramática (2002) e Gramática e léxico em sincronia e diacronia. Um contributo da lingüística portuguesa (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cociñeira. Coñecida como Toñi Vicente. En 1992 creou o seu propio restaurante en Santiago de Compostela, especializado en peixes e mariscos. Foi galardoada coa Copa de Ouro da CPI (1983), obtivo o primeiro posto no campionato europeo de gastronomía CEE (1990) e recibiu a Medalla de Prata de Galicia (1997) e o Premio Nacional de Gastronomía (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Autor de diversos manuais e estudos de lingua e literatura, da súa obra destacan a novela costumista Don Porrazo o mi cubierto de plata (1909), en que intercala o galego co castelán; a novela histórica Elena de Síbaris (1913), o libro de relatos Contos gallegos de antano e de hogano (1920), en que inclúe moitos relatos de tradición oral; o drama El abuelo de Rosendo (1922) e o drama histórico La reina Lupa (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e historiador. Militou nas Juventudes Republicanas. Tras a Guerra Civil Española dedicouse ao ensino e colaborou na revista Posío, onde elaborou a sección “Orensanos ilustres”. Despois de gañar en 1951 un concurso do Centro Galego de Bos Aires co traballo Vida y obra de Manuel Curros Enríquez (1953), viviu en Bos Aires (1954-1982). Profesor de lingua e literatura galego-portuguesa na Universidad Nacional de La Plata, desempeñou a cátedra de Cultura Gallega no Centro Lucense de Bos Aires (1956-1959). Foi catedrático de historia medieval e moderna na Universidad Nacional del Nordeste, director do Instituto de Investigaciones Históricas e catedrático de Historia Medieval e Historia de España na Universidad Nacional del Sur. Participou nos programas radiofónicos Galicia Emigrante e presidiu a comisión de Cultura do Consello de Galicia. Publicou Los gallegos en la Argentina (1966). Obtivo o Premio Nacional de Historia (1936) cun estudo sobre o padre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Doutorado en Filoloxía Románica pola Universidad Central de Madrid. Na súa obra obsérvase o paso da literatura socialrealista cara a unha preocupación máis esteticista, propia da década de 1980. Autor de diversos estudos sobre a obra de Luis Cernuda, Rafael Alberti e Xavier Rodríguez Baixeras, publicou os poemarios Mejor el fuego (1972), con certos trazos culturalistas; El cazador de días (1977), de carácer superrealista e con elementos clasicistas; E direi-vos eu do mister das cobras (1980), onde abundan os símbolos e a súa preocupación pola linguaxe poética; e A lenda das árbores de prata (1985), centrada no ciclo artúrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e agrarista. Defendeu o traballo do pequeno propietario alodial, colaborou en diversas publicacións baixo o pseudónimo de Un labrador a la moderna e participou na Geografía general de Galicia de F. Carreras Candi. Publicou diversas obras e postumamente editouse Organización del cultivo y de la sociedad agraria en Galicia y la España Altántica (1984) e Los grandes problemas del campo (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Fundou e dirixiu a revista Galicia Católica. Das súas obras destacan La libertad de pensamiento dentro del dogma (1887) e Minúsculas. Año Santo de 1909 (1910). Foi elixido membro numerario da Real Academia Galega (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO