"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

  • CIDADES

    Cidade situada en Xutlandia, Dinamarca (52.917 h [2001]). Ten industria papeleira, téxtil e mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión anatómica sobresaínte, situada entre o van e as coxas, e formada polo ensanchamento dos cadrís. A cadeira articúlase mediante o xogo da cavidade acetabular do cadril, que ten aumentada a superficie articular cunha cartilaxe, e a cabeza do fémur; ao mesmo tempo, está fixada por catro ligamentos que permiten os movementos de flexión, extensión, abdución, addución, rotación e circundución.

      1. Asento individual con respaldo, con ou sen brazos, xeralmente con catro patas. Apareceu por primeira vez en Exipto, onde lle puxeron patas imitando as dos animais. Esta tradición obsérvase tamén no mundo asirio. Os gregos e romanos fixéronas pregables, en forma de tesoira, dobre ou múltiple. As cadeiras medievais teñen unha orixe monárquica ou eclesiástica. No Renacemento adquiriu unha maior difusión como obra de arte, sobre todo no s XVII (estilos Luís XIII e Luís XIV) e no s XVIII (estilos Luís XV, Luís XVI e Chippendale). No modernismo creceu o interese por adecuar a cadeira ao corpo humano. Máis tarde co deseño industrial tamén se cambiaron os materiais, e substituíuse a madeira polo plástico, o aluminio ou o aceiro.

      2. Banqueta con tres patas utilizada como asento.

      3. cadeira con ouriñal

        Cadeira destinada aos nenos pequenos ou á xente maior imposibilitada, cun burato redondo no asento, para colocar un ouriñal.

      4. cadeira curul

        Asento que empregaban os edís patricios romanos.

      5. cadeira de brazos

        Cadeira con barras laterais para descansar os brazos; adoita levar o asento almofadado.

      6. cadeira de frade

        Cadeira con brazos que leva o asento e o respaldo de coiro cravados.

      7. cadeira de rodas

        Cadeira con rodas laterais grandes, a miúdo pregable, que permite os desprazamentos ás persoas incapacitadas.

      8. cadeira eléctrica

        Artificio en forma de asento, utilizado para executar as persoas que están condenadas a pena de morte, mediante unha descarga eléctrica de máis de 2.000 V. Inventouna T. A. Edison en 1888.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (16.208 h [2001]). Ten cultivos de arroz, laranxeiras e hortalizas e industria química, téxtil e metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo reino de Corea establecido en 57 a C ao SL de Corea con capital en Kyŏngju. Aliado coa dinastía chinesa Tang, destruíu os dous reinos rivais de Paekche (663) e Koguryo (668) e unificou a nación coreana por primeira vez. Foi a idade de ouro da historia de Corea. Máis adiante, Wang Kon, un rebelde, fundou a dinastía Koryo (918). O derradeiro rei de Silla someteuse a el (935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor finlandés. Da súa obra destacan, ademais de contos e libros de memorias, Elämä ja aurinko (Sol da vida, 1916), Hurska kurjuus (Santa miseria, 1919), Nuorema nukknut (Mozos apagados, 1931) e Miehen tie (A vida do home, 1932). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa Baia que dá nome ao concello de Silleda, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Deza situado na provincia de Pontevedra no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 35’ de latitude N e 8° 35’ de lonxitude O. Limita ao N con Vila de Cruces (comarca de Deza), ao L con Lalín (comarca de Deza), ao S con Forcarei (comarca de Tabeirós-Terra de Montes), e ao O coa Estrada (comarca de Tabeirós-Terra de Montes) e Boqueixón (comarca de Santiago). Abrangue unha superficie de 168 km 2 cunha poboación de 9.053 h (2001), distribuída nas parroquias de Abades, Ansemil, Breixa,Carboeiro, O Castro, Cervaña, Chapa, Cira, Cortegada, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Graba, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saídres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. A capital é o núcleo de Silleda, na parroquia homónima, que dista 68 km de Pontevedra e 33 km de Santiago de Compostela. Pertence ao partido xudicial de Lalín e ás dioceses de Santiago e Lugo.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do litoral atlántico que forma o promontorio máis noroccidental do concello de Baiona, na parroquia de Baredo, e marca o límite S das Rías Baixas. Conta cun faro, importante referente para o elevado tráfico marítimo da zona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Estudou as correntes voltaicas e os meteoritos. Publicou, a partir de 1818, o American Journal of Science and Arts, e escribiu Elements of Chemistry (1830-1831). O seu fillo Benjamin (New Haven 4.12.1816-4.1.1885) estudou a composición do petróleo e publicou First Principles of Chemistry (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de aluminio, de fórmula Al2SiO5, que pertence ao subgrupo dos nesosilicatos. Cristaliza no sistema rómbico e normalmente aparece en masas prismáticas ou fibrosas. É branca ou ocasionalmente verdosa, ten un brillo vítreo e, ás veces, sedoso nas súas variedades fibrosas, unha dureza de 7 e unha densidade de 3,24.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Fene baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político e social francés, de inspiración cristiá, froito da fusión (1899) do movemento creado por Marc Sangnier arredor do Bulletin de la Crypte (1893) e do grupo que publicaba Le Sillon (1894). Defendía a participación dos católicos na acción política, nun sentido demócrata e pluralista. Como consecuencia da condena de Pío X (1910), efectuada nun contexto de loita antimodernista, disolveuse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘cadeira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito destinado a gardar produtos, especialmente cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asturias (774-783). Trasladou a capital de Cangas de Onís a Pravia. Viviu unha época de paz cos musulmáns e venceu aos rebeldes galegos na Batalla de Monte Cubeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor, fillo de Gil de Siloé. Formouse en Burgos co seu pai e con Bartolomé Ordóñez, con que fixo o retablo da capela Caraccioli de San Giovanni in Carbonara, en Nápoles. En Burgos realizou para a catedral os sepulcros de Luis de Acuña (1519) e Diego de Santander, e a Escalera Dorada (1519-1523). En Granada (1528) rematou a igrexa de San Jerónimo e continuou, en estilo renacenista, as obras da catedral, fixo a Puerta del Perdón e as estatuas orantes dos Reis Católicos na Capilla Real. Interveu como arquitecto no Colegio de los Irlandeses de Salamanca, traballou nas catedrais de Málaga (1540) e Guadix (1541), e construíu as igrexas de Montefrío (1543) e Iznalloz (1549). Realizou tamén o sepulcro de Alonso Fonseca na igrexa de Santa Úrsula de Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo en Burgos entre 1486 e 1505?, a súa obra é dunha gran forza expresiva e dunha gran densidade decorativa. Realizou na Cartuja de Miraflores os sepulcros de Xoán II de Castela e a súa muller Isabel de Portugal (1848-1493), a tumba do infante Afonso (1490?) e o retablo do altar maior (1496-1499). Fixo os retablos da Árbore de Xesé (1486-1488) e de Santa Ana (1500?) para a catedral de Burgos. Esculpiu tamén o sepulcro de Juan de Padilla (1500-1505).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Secondo Tranquilli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín escolar editado en Vigo a partir de marzo de 1946. Subtitulouse “Revista de escolares del Colegio Mezquita”. Incluíu artigos referentes á vida e actividades do colexio e reportaxes sobre deportes, literatura e notas de Galicia, ademais de informes sobre galardóns que recibiron os alumnos destacados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no extremo occidental da illa de Tenerife (5.150 h [2001]). É un núcleo turístico e ten cultivos de tomates e plátanos.

    VER O DETALLE DO TERMO