"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Enfrontamento que tivo lugar durante a Segunda Guerra Mundial nos arredores do arquipélago de Midway entre Xapón e EE UU. O plan xaponés pretendía atacar por sorpresa o arquipélago de Midway, despois de facer unha acción de engano nas illas Aleutianas, que comezou o 3 de xuño de 1942. O contraataque estadounidense impediu a toma do arquipélago e mostrou a superioridade naval estadounidense e a importancia dos portaavións na guerra naval. Foi a derrota máis dura de Xapón e supuxo o final do seu avance polo Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos miliobátidos.

    2. Peixe da familia dos miliobátidos.

    3. Familia de peixes condritios, da orde dos miliobatiformes, que presenta un disco rómbico, máis ancho ca longo, aletas pectorais moi desenvolvidas fusionadas coas marxes da cabeza e unha aleta caudal flaxeliforme máis longa ca o disco e con aguillón velenoso. Habita nos fondos areosos costeiros dos mares temperados e cálidos de todo o mundo. Os seus individuos aliméntanse de invertebrados bentónicos e son todos vivíparos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamentos armados librados na cidade húngara de Mohács. A Primeira Batalla de Mohács tivo lugar o 29 de agosto de 1526, entre as tropas do Sultán Solimán I e as de Luís II de Hungría. A causa do enfrontamento foi a negativa do monarca húngaro a pagar o tributo esixido polos otománs. Solimán I e as súas tropas invadiron entón as súas fronteiras e derrotárono, dándolle morte na batalla. A vitoria puxo fin á monarquía húngara e determinou a dominación otomá de dous terzos do territorio durante máis de século e medio. A Segunda Batalla de Mohács ocorreu o 12 de agosto de 1687, nas proximidades da cidade. Nela Carlos V de Lorena e o margrave de Baden enfrontáronse ao exército turco do Sultán Mehmet IV. Este feito supuxo a recuperación de Transilvania por parte dos húngaros, que se apoderaron de Belgrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da literatura. Catedrático de Lingua e Literatura catalanas na Universitat Autònoma de Barcelona   (1971-1982), e desde 1982 na Universitat de Barcelona, seguiu unha metodoloxía de tipo marxista nos seus traballos, tal e como se reflicte en Poesia catalá del segle XX (1963), en colaboración con Josep M. Castellet. Escribiu tamén Literatura catalá d avantguarda, 1916-1983 (1983) e Obra crítica I (1995, Premi Lletra d Or). Recibiu o Premi d Honor de les Lletres Catalanes (1998) polo seu labor como crítico da literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento que tivo lugar entre o Rei Silo (774-783) e un grupo de nobres galegos, en Montecubeiro, no actual concello de Castroverde. A vitoria de Silo tivo como consecuencia o sometemento ao seu dominio da parte oriental da actual provincia de Lugo, aínda que sen que se establecesen vínculos sólidos coa monarquía astur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar arredor de Montiel en 1369 e que rematou coa vitoria do futuro Enrique II de Castela, axudado por Bertrand Du Guesclin, sobre o seu irmán Pedro I. Pouco despois, no curso das negociacións de paz, Pedro I foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de armas ocorrido na montaña de Montjuïc, fronte a Barcelona, o 26 de xaneiro de 1641, durante a Guerra dos Segadores. As forzas catalano-francesas derrotaron o exército de Filipe IV, que atacara desordenadamente o castelo de Montjuïc. Desmoralizado, o exército castelán retirouse a Tarragona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de Moretto de Brescia e un dos precursores da pintura realista do s XVII en Lombardia. Traballou en Bérgamo e destacou como retratista. Pintou Coronazione della Madonna na igrexa da Trinità e os retratos Il sarto e Dama italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combates librados nas proximidades de Moscova no inverno de 1941-1942, entre os exércitos alemán e soviético durante a Segunda Guerra Mundial. A toma de V’az’ma polo exército do mariscal Von Bock, o mes de outubro de 1941, levou a Wehrmacht a 200 km de Moscova, pero a resistencia soviética fixo fracasar a ofensiva final. Desde entón as iniciativas das operacións militares pasaron ao exército soviético, que en xaneiro de 1942 fixera retroceder aos alemáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante, primeiro conde Mountbatten de Birmania, fillo do príncipe Luís de Battenberg. Durante a Segunda Guerra Mundial foi nomeado comandante en xefe das forzas aliadas do surleste asiático, onde conseguiu a vitoria sobre as forzas niponas. Foi vicerrei de India (1946) e gobernador xeral (1947-1948). Nomeárono primeiro lord do almirantado (1955) e xefe do Estado Maior naval (1955-1959 e de defensa (1959-1965). Morreu nun atentado reivindicado polo IRA Provisional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento que tivo lugar en Munda, cidade da Bética (Hispania), en marzo de 45 a C, entre os últimos pompeianos, dirixidos por Cneo Pompeio e Caio Xulio César. Este conseguiu poñer en fuga aos seus inimigos, e a cidade, unha vez conquistada, foi saqueada e destruída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes condritios, da familia dos miliobátidos, que se caracteriza por ter os ollos en posición lateral e unha cabeza avultada e sobresaínte. A este xénero pertence o chucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo nabateo ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo nabateo.

    3. Pobo semita, probablemente de orixe árabe, que estivo situado na rexión noroccidental da Península Arábiga. O seu asentamento inicial é case descoñecido, aínda que se instalou posteriormente ao redor de núcleos como Petra e Hegra, onde constituíu importantes centros mercantís que o levaron a dominar as rutas comerciais que ían desde Arabia ata o Mar Vermello (finais do s IV a C). En 105 foi asimilado polo Imperio Romano.

    4. Lingua semítica considerada un dialecto do arameo occidental. Consérvanse máis de 2.500 inscricións sobre pedra nunha zona que vai desde Damasco ata o Mar Vermello (sobre todo na península do Sinaí), a maioría datadas nos ss II e III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfaa de Líbano (205.000h [estim 1996]). A súa capital é Al-Nabatīya (100.000 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico do Himalaia, de 8.126 m de altitude, situado ao S do Indo, en Kashmir, India. O primeiro alpinista que chegou ao cumio foi o alemán Herman M. Buhl (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar en Naseby (Northampton, Inglaterra) o 14 de xuño de 1645, durante a Guerra Civil inglesa, en que os parlamentarios, dirixidos por Fairfax e Cromwell, venceron aos realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción bélica que tivo lugar o 16 de xullo de 1212 no altiplano de Las Navas de Tolosa (La Carolina, Jaén). Os contendentes foron, dunha banda, o exército do califa almohade Mu ḥ ammad al-Nā ṣ ir, que foi derrotado, e doutra, unha coalición formada polos reis peninsulares Afonso VIII de Castela, Pedro I de Aragón e Sancho VII de Navarra. Os cristiáns saíron o 12 de xuño de Toledo en dirección ao porto de Muradal, na cima de Sierra Morena, e chegaron ao altiplano de Las Navas, onde obtiveron a vitoria. No ataque os casteláns ocuparon o centro, os navarros a á dereita e os cataláns e aragoneses a esquerda. Unha semana despois da batalla, os tropas de Pedro I apoderáronse tamén de Úbeda, o que lles deu un gran prestixio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Fusionou os principios ríxidos do clasicismo cunha temática romántica e escribiu dramas de tema clásico e histórico, se ben a maioría son poemas clásicos e estudos de teoría dramática. Destacan as súas obras Nabuco (1819), Arnaldo da Brescia (1837) e Poesie (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal de ácido nióbico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate armado acontecido en Olmedo o 19 de maio de 1445, entre as forzas de Álvaro de Luna e o Rei Xoán II de Castela, e as da liga de nobres e os seus aliados, os infantes de Aragón Enrique e Xoán, futuro Xoán II Aragón. O enfrontamento xurdiu a partir dunha escaramuza e significou a vitoria de Álvaro de Luna. O infante Enrique de Aragón, ferido de morte, e o seu irmán Xoán tiveron que fuxir a Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO