"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • Tipo de zoocoria que acontece cando os propágulos das plantas se dispersan por un animal de xeito accidental e non intencionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista grego. Licenciouse como arquitecto e enxeñeiro na Universidade Técnica de Atenas (1935) e doutorouse na Universidade de Charlottenburg, Berlín (1937). Regresou a Grecia e traballou nos planos de reconstrución e desenvolvemento urbanístico do Town Planning. En 1951 fundou a Doxiadis Associated, sociedade dedicada á planificación urbanística de cidades en todo o mundo, entre outras Islamabad e Bagdad. Foi ministro de Desenvolvemento en Bulgaria (1945-1948) e construíu 3.000 novas poboacións de 200.000 habitantes. A súa actividade teórica estaba encaminada ao estudo das instalacións humanas, con métodos científicos que denominou Ekistica. A súa sociedade traballou en España co nome de Dioxiadis Ibérica. Realizáronse programas urbanísticos, entre outros lugares, en Pontevedra, A Guarda e Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de carácter relixioso que existiu nos pobos celtas das Illas Británicas e da antiga Galia Transalpina. Algúns estudiosos sosteñen que os celtas herdaron a tradición dos pobos autóctonos de Irlanda e Gran Bretaña. Outros opinan que os romanos a coñeceron canda a conquista das Galias por Xulio César. O seu declive veu dado polas invasións dos pobos xermanos e pola introdución progresiva do cristianismo. Ao redor do s V formáronse ordes de druídas centradas máis no cultivo das artes ca en perpetuar a antiga relixión. Segundo a posición xerárquica que ocupasen dentro do grupo, os seus membros dedicábanse á literatura (bardos), á música (ovatos), aos estudios do carácter céltico ou ás belas artes; e reservábaselles o coñecemento dos misterios das distintas ciencias aos que ocupaban a posición máis relevante. A figura do mago Merlín, recollida en diversas obras da materia de Bretaña, encarna en boa medida a sabedoría dos antigos druídas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista checo. Estudiou en Praga, foi kapellmeister do príncipe Radziwill e do príncipe de Prusia e traballou en París e Londres, onde exerceu a docencia e se asociou á editorial musical do seu sogro Domenico Corri. Escribiu un método de piano, diversos concertos e sonatas para este instrumento e pezas para arpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda da cutícula ou da epiderme dun animal, que lle permite continuar co seu crecemento (como no caso dos artrópodos) e coa renovación da pel (como no caso dos anfibios e réptiles).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dun grupo dunhas trinta hormonas esteroides, segregadas por certas glándulas e órganos de insectos, arácnidos e crustáceos, que interveñen no control do desenvolvemento e da diferenciación celular, a morfoxénese, a ovoxénese e embrioxénese destes animais. Estas hormonas actúan sobre xenes específicos estimulando a síntese de proteínas relacionadas con cambios corporais. Tamén se coñecen co nome de hormona da muda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente electrónica, descuberta en 1883 por T. A. Edison, que ten lugar cando os electróns logran abandonar un fío ou placa metálica instalado no interior dun tubo ao baleiro, debido á enerxía cinética que acadan. Neste descubrimento baséase a electrónica moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor norteamericano. Autodidacta, no ano 1863 comezou a traballar como operador telegráfico na Western Union Telegraph Company. En 1868 rexistrou a súa primeira patente, un aparato para rexistrar as votacións. Despois deseñou un teletipo e perfeccionou o sistema de telégrafo automático. Colaborou con C. L. Sholes na construción da primeira máquina de escribir, e conseguiu que o teléfono de G. Bell adquirise unha aplicación práctica xeneralizada ao incorporar o micrófono de carbón (1877-1878). En 1876 instalou en Menlo Park (New Jersey) os laboratorios de investigación de onde saíron a maior parte dos seus numerosos inventos (rexistrou máis de 1.000 patentes ao longo da súa vida), entre os que cabe subliñar o fonógrafo (1877), a lámpada de incandescencia (1879), o telégrafo de indución (1885), o cinetoscopio (1891), diversos tipos de dínamos e de motores e un tipo de acumulador alcalino moi empregado (1900-1910). En 1875 describiu unha “forza etérea” descoñecida e en 1883 patentou a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Nome co que é coñecido Odisseus Alepudelis, introdutor das correntes europeas na poesía neogrega a través da revista Nea Grammata. Da súa produción destaca Orientacións (1940), O sol primeiro (1943), O monograma (1973) e María Nefeli (1978). Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. isión da natureza e da sociedade propia dos creadores da Encyclopédie, que rexeitaba o dogmatismo e a tradición establecida, baseándose no racionalismo e no empirismo, e que pretendía acadar a obxectividade crítica mediante a unión entre a ciencia e a técnica. Xurdiu como variante radical da Ilustración e definiu os ideais dun grupo da burguesía francesa, integrado por industriais, comerciantes, artistas, técnicos, científicos e administradores. Ordenaba as realidades de forma que constituían unha totalidade coherente e comprensible. O seu humanismo e a súa actitude antiteolóxica levounos a un materialismo antimetafísico nas ciencias naturais e na teoría do coñecemento (sensismo). No campo socioeconómico, acolleu algunhas doutrinas e directrices fisiocráticas xunto cos postulados de liberdade de produción e de comercio. As súas teorizacións políticas asentáronse sobre os principios da soberanía nacional, liberdade individual do cidadán e igualdade xurídica. O seu interese por atopar...

      1. Posesión do conxunto dos coñecementos humanos ou de campos moi variados.

      2. enciclopedismo pedagóxico

        Afán desmedido por aprenderlles aos alumnos elementos de moitas ciencias coa pretensión de enchelos de múltiples coñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao enciclopedismo ou á Encyclopédie francesa.

      2. Seguidor do enciclopedismo.

      3. Autor da Encyclopédie francesa.

      1. Relativo ou pertencente á unha obra enciclopédica.

      2. Autor dunha obra enciclopédica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico eslovaco. Director do xardín botánico de Viena, publicou Genera Plantarum (1836-1840), obra que, baseada no método natural, exerceu unha grande influencia nos botánicos de lingua alemana. Foi tamén un notable lingüista e interesouse, sobre todo, polas linguas do Extremo Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica francesa realizada en 1943. Foi dirixida por Marcel Carné e interpretada, entre outros, por Arletty, Jean Louis Barrault, Pierre Brasseur e María Casares. É unha das películas máis representativas   do chamado realismo poético francés, no que hai unha reflexión sobre a sociedade francesa durante a ocupación alemana. O filme xoga simultaneamente con recursos realistas, poéticos e propios da representación teatral. En 1979, a Académie des Arts et Thecniques du Cinéma concedeulle o galardón como a mellor película francesa de todos os tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de equidistante.

    2. Diferencia de altitude entre dúas curvas de nivel dun mapa topográfico, que depende da escala do mapa e do tipo de relevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está á mesma distancia de algo en comparación con outra ou outras cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distar ou estar á mesma distancia dúas cousas doutra ou unha cousa con respecto a outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia ou facción, dentro dun grupo político, que se posiciona á esquerda da liña política deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á esquerda política.

    2. Que ou quen é partidario da ideoloxía de esquerdas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que exerce un alto cargo na administración dun Estado.

    2. Especialista en cuestións políticas e asuntos relativos á dirección dos estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estatística.

    VER O DETALLE DO TERMO