"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Relativo ou pertencente á prótase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Foi un dos directores máis destacados da época prerrevolucionaria, especialmente na comedia e en filmes de aventura. Das súas numerosas producións cómpre salientar Vojna i mir (Guerra e paz, 1915), Otec Sergej (O padre Sergej, 1918) e Bespridannica (Sen dote, 1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás proteáceas.

    2. Planta da familia das proteáceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos, da orde das proteais, con follas simples e duras,hermafroditas ou unisexuais, e froito disposto en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás proteais.

    2. Planta da orde das proteais.

    3. Orde de dicotiledóneas monoclamídeas, que inclúe plantas leñosas, de follas xeralmente alternas, coriáceas, simples ou compostas; flores de cores vivas, actinomorfas ou cigomorfas, tetrámeras, de periantio simple e con ovario súpero, dispostas a miúdo en inflorescencias en capítulo ou piña, e de froitos en folículo capsuliforme, en drupa ou en aquenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrolase que cataliza a abertura do enlace peptídico e que actúa como fermento dixestivo nos intestinos. Clasifícanse en exopeptidases (ou propiamente peptidases), cando hidrolizan a partir dun extremo da cadea peptídica; e endopeptidases (ou proteinases), cando hidrolizan en lugares determinados do medio da cadea polipeptídica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de protexer ou de protexerse.

      1. Cousa ou persoa que protexe.

      2. protección de menores

        Órgano xurisdicional integrado no poder xudicial coa denominación de xulgado de menores, ao que corresponde o exercicio das funcións reformadoras establecidas polas leis para os menores de idade, autores de feitos que a lei tipifica como delito ou falta. En todas as lexislacións foron abolidas as penas para os menores delincuentes e substituíronse por medidas educativas e de reintegración social.

      3. protección diplomática

        Dereito que un estado exerce no estranxeiro en proveito dos seus propios súbditos ou doutras persoas de estados protexidos ou considerados protexidos.

    2. Axuda ou amparo que recibe alguén.

    3. Conxunto de medidas establecidas para salvagardar a actividade económica nacional.

    4. Sistema que detecta e elimina calquera defecto ou anomalía que se pode producir nunha liña, máquina ou instalación eléctrica.

    5. Operación que consiste na transformación dun grupo funcional noutro máis estable ao longo da secuencia sintética á que se somete unha molécula, e que se pode converter no grupo funcional orixinal, mediante unha desprotección. Normalmente, lévase a cabo unha protección mediante a introdución dun grupo protector, o que ten que cumprir as condicións de ser fácil de inserir mediante unha reacción de mecanismos coñecidos e que as condicións desta non alteren os outros grupos funcionais presentes, ser estable nas condicións ás que hai que someter o substrato ao longo da secuencia sintética e ser facilmente eliminable, sen alteración do resto da molécula. Os grupos protectores empréganse na síntese de estruturas complexas, como o son a maioría das dos produtos naturais, e constitúen un dos elementos de control que máis se empregan en síntese orgánica.

    6. Pezas ou estruturas que, nalgúns deportes, serven para protexerse contra os golpes.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Política económica dirixida a protexer a economía dun estado, defendendo os seus produtos da competencia estranxeira. Esta política pode ir desde a prohibición da importación ou a exportación, ata a utilización dos aranceis como instrumentos desta protección, graduando a subida dos dereitos segundo a intensidade proteccionista que se queira asegurar. Esta foi a política escollida polos estados nacionais nacentes e por países menos desenvolvidos, e tivo a súa expresión no mercantilismo (ss XVI e XVII). Tratábase de gravar as entradas de produtos manufacturados e as saídas das materias primas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao proteccionismo.

    2. Partidario do proteccionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen protexe.

      2. protector das canelas [port: caneleira; cast: espinillera; ingl: shinpad]

        Peza empregada na práctica dalgúns deportes, como o fútbol ou o hockey, para protexer as canelas.

      3. protector de pantalla

        Peza que se acopla á pantalla dun ordenador e que serve para evitar que as radiacións que produce afecten á vista.

    1. Aplícase aos alimentos que, como o leite, a froita ou as hortalizas, son ricos en substancias (sales minerais, oligoelementos ou vitaminas) que interveñen, xeralmente formando parte de sistemas enzimáticos, na regulación de procesos metabólicos.

    2. Garda persoal do emperador durante o Baixo Imperio Romano.

    3. Grupo funcional no que se transforma, nunha síntese orgánica, un grupo funcional orixinal non estable nas condicións da secuencia descrita.

    4. Título do rexente de Inglaterra e Escocia entre os ss XV e XVII. O primeiro en levalo foi Oliver Cromwell.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade, cargo ou función de protector.

    2. Territorio posto baixo a protección de outro.

      1. Dereito de inspección de alta dirección que o poder público se reserva sobre institucións benéficas privadas.

      2. Autoridades que exercen este dereito.

    3. Parte de soberanía que un estado exerce sobre outro, sen anexionalo ao territorio nacional, e establecendo un tratado que determina as competencias, respectándolle o goberno interno, pero reservándose as relacións exteriores, aínda que tamén existen protectorados coloniais. Unido ao fenómeno do colonialismo, practicamente desapareceu coa descolonización.

    4. Réxime instaurado por Oliver Cromwell en Inglaterra en 1653 e continuado polo seu fillo Richard Cromwell ata 1659.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que cambia continuamente de forma, coma o deus Proteo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á proteína.

    2. Que ten a natureza dunha proteína.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos proteidos.

    2. Anfibio da familia dos proteidos.

    3. Familia de anfibios urodelos que agrupa un xénero americano (Necturus) e un europeo (Proteus). Son píntegas que viven permanentemente en estado larvario, teñen branquias externas e o xénero americano presenta pulmóns moi reducidos. O xénero europeo é unha forma cega e completamente despigmentada que habita nas simas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome xenérico de diferentes polímeros naturais formados pola unión de aminoácidos (desde 100 ata moitos milleiros, mediante un enlace peptídico), cun peso molecular superior a 10.000. Son esenciais para calquera forma de vida coñecida, e teñen unha determinada disposición no espazo, condicionada pola secuencia de aminoácidos (estrutura primaria). Esta disposición é consecuencia das forzas de unión (enlaces disulfuro, pontes de hidróxeno, enlaces iónicos, enlaces hidrófobos) entre diversas partes da cadea que fan que adopte a aparencia, no seu conxunto, dunha hélice-á ou ben dunha folla dobrada (estrutura secundaria), e determinadas disposicións en fragmentos da cadea (estrutura terciaria). A agregación de diversas cadeas para dar unha molécula de proteína constitúe a súa estrutura cuaternaria. Divídense en dous grupos: as escleroproteínas (á- e â-queratina, coláxeno) e as esferoproteínas ou proteínas globulares, de forma aproximadamente esférica, solubles...

    2. Proteína formada por un compoñente proteico (chamado apoproteína) e un grupo prostético.

    3. Proteína obtida por medio do metabolismo de organismos unicelulares a partir dun substrato non directamente aproveitable para o consumo animal. Poden obterse mediante lévedos e bacterias a partir de melazas da elaboración do azucre, de residuos da pasta do papel ou de soro. Aínda que este tipo de proteínas son apropiados e de alto valor alimentario, están maioritariamente destinados ao consumo do gando.

    4. Proteínas con estrutura moi semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • endopeptidase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concentración de proteínas no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico das fraccións proteicas do soro sanguíneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero formado quentando unha mestura adecuada de aminoácidos. Na auga forman estruturas de dobre membrana, chamadas microsferas, semellantes ás células.

    VER O DETALLE DO TERMO