"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Biólogo. Foi director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia e asesor técnico en incendios e conservación da natureza da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Escribiu Forgoselo: espazo natural (1992), As Fragas do Eume (1993) e O Lobo, a extinción de especies e outros ensaios sobre conservación (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Carlos II en 1673 a Luís Sarmiento de Valladares e Meira, Arines e Troncoso , I vizconde de Meira e cabaleiro de Santiago. A súa filla, Catalina Sarmiento de Valladares y Toledo , foi a II marquesa de Valladares, pero ao morrer sen fillos, herdou a súa curmá Bernarda Dominga Sarmiento de Valladares e Guzmán , que tamén morreu sen descendencia, polo que o título foi parar a un parente, Bieito Alonso Enríquez e Sarmiento de Valladares (1700-1757), IV marqués de Valladares. O título continuou nos seus sucesores directos ata que á morte do IX marqués de Valladares, Fernando Quiñones de León e Elduayen (1883-1918), II marqués de Alcedo, VII marqués de Mos e grande de España, que cedeu á cidade de Vigo o pazo de Castrelos, o título pasou aos descendentes de María Dores Martínez e Montenegro, filla do VII marqués, liña na que continua. Trae por armas escudo cuartelado: primeiro, xaquelado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Colaborador da revista Dorna, publicou Historias da cidade do deserto (1988) e Paradise lost (1996), así como diversos relatos curtos en obras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das deusas da mitoloxía escandinava, virxes guerreiras ao servizo do seu pai, Odín, que acompañan os combatentes na batalla, levándoos despois da morte para o Valhalla. R. Wagner, na Valquiria, fixo a Brunilda protagonista da primeira xornada da Tetraloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Las Palmas, Canarias, na illa de Gran Canaria, no sector L da caldeira de Tirajana (7.964 h [2001]). A economía baséase na gandaría e na agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao vaqueiro.

      2. Persoa que se dedica ao pastoreo das vacas.

      3. Persoa que trata e negocia con gando vacún.

      4. Xinete americano que coida e conduce o gando.

      1. Aplícase ao tecido de algodón, resistente e moi forte, xeralmente de cor azulada, e que na súa orixe foi empregado polos vaqueiros americanos.

      2. Pantalón feito con esta tea. OBS: Emprégase indistintamente en singular ou plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo e escritor. Licenciado en Ciencias Químicas e doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como profesor de fotografía na facultade de Comunicación Audiovisual da USC. Impulsor do colectivo Canbranco, cofundou, en 1983, o Centro de Estudos Fotográficos, e participou na posta en marcha da Sala dos Peiraos de Vigo, onde exerceu o comisariado de exposicións de destacados fotógrafos, como B. Brandt, J. Fontcuberta, O. Lele e R. di Vicenzo, así como da Fotobienal de Vigo (1984). Colaborador das revistas fotográficas Foto Profesional, Galicia Moda, Tintimán e Vogue, expuxo parte da súa obra na I e II Fotobienal de Vigo (1984 e 1986); na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (1984); en Foco 85 (1985), en Madrid; na Fundação Gulbenkiam de Lisboa (1987); no Museu dos Biscainhos de Braga (1987); na Posada del Potro de Córdoba (1991); na Sala de exposicións da Estación Marítima da Coruña (1996) e na Casa das Artes e da Historia de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Pequena aliñación montañosa que forma unha unidade estrutural de dirección NNO-SSL coa serra do Mirador, que constitúe a súa prolongación setentrional, e coa serra de Puñago. Esténdese ao longo de 4 km nos que delimita as parroquias de Vilabade e Vilalle (Castroverde), coa de Librán (Baleira). O seu cumio acada os 917 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Vaqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1927), realizou, entre outras obras, o Colegio Mayor América e a colonia obreira El Rayu en Oviedo, ademais de diversas centrais eléctricas en Asturias. En Santiago de Compostela realizou o Mercado (1937-1941) e a Escola de Traballo. Cultivou tamén a pintura (paisaxe e arquitecturas) e a escultura. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Ouro da Arquitectura (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Foi campioa de España de 3.000 m (1991 e 1992), 5.000 (1993 e 1996), 10.000 (1998) e de cross 7 veces consecutivas (1992-1998). Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) na proba de 10.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde ás voces ‘vagamundo’ e ‘folgazán’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde ás voces ‘vagamundear’ e ‘folgazanear’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Estudou as doenzas do sistema circulatorio e do corazón e describiu a poliglobulia ou enfermidade de Vaquez-Osler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou na Guerra de Marrocos. Ascendeu a xeneral de brigada (1935), promoveu a participación dos carlistas contra a República e alzouse en Cádiz, cidade que ocupou (1936), así como Toledo. Foi ministro do exército (1939-1942), tenente xeneral (1941) e alto comisario de España en Marrocos (1945-51). En 1951 Franco concedeulle postumamente o título de marqués de Varela de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Lorenzo Varela, os seus primeiros anos transcorreron entre Cuba e Arxentina. Regresou á Península e na súa xuventude participou, xunto con Ramón Piñeiro, na fundación da Federación de Mocedades Galeguistas, en Lugo. En 1935 trasladouse a Madrid para estudar filosofía e letras, foi membro das Misións Pedagóxicas e colaborou no diario El Sol e, con outros intelectuais galegos, no grupo de Poetas Andantes e Navegantes (PAN). Afiliado ao Partido Comunista, durante a Guerra Civil Española comandou unha brigada, ademais de participar na redacción das revistas Hora de España e El Mono Azul, ata que se exiliou forzosamente en Francia e, posteriormente, en México (1940). Alí fundou e codirixiu a revista Romance e colaborou en Taller, dirixida por Octavio Paz. En 1941 estableceuse en Bos Aires e fundou, con A. Cuadrado e L. Seoane, Correo Literario; ademais colaborou con outros medios, como De Mar a Mar, La Nación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. En 1616 trasladouse a París, onde Maria de Medici lle encargou a decoración da gran sala do palacio de Luxemburgo, que fixo despois Rubens. Das súas obras destacan Les noces de Cana (1618-1620) ou L’ensevelissement du Christ.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Procónsul de África (8-7 a C) e gobernador de Siria (6-4 a C), someteu a insoburdinación xudia que seguiu á morte de Herodes o Grande (4 a C). Foi legado de Augusto na campaña do Rin (6-9) e derrotárono nunha emboscada na selva de Teutoburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Mon Vasco, formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña ata 1972. Nas súas primeiras obras traballou a madeira e realizou cabezudos de gran tamaño. Posteriormente realizou baixorrelevos caracterizados pola presenza da luz. En 1973 recibiu unha bolsa da Fundación Juan March coa que se trasladou a Senegal. Cultivou entón unha figuración formalista e unha abstracción volumétrica e traballou con diversos tamaños. De regreso a Galicia participou no colectivo A Carón e viviu durante un tempo en Ibiza. Instalado na Coruña continuou a traballar a madeira e realizou esculturas formadas por diversos bloques ensamblados. En 1977 foi un dos fundadores do grupo Galga. Comezou entón a traballar coa pedra tradicional, o ferro e o formigón. As súas obras caracterizáronse entón polo tenso diálogo entre o baleiro e a masa, o plano e a curva. Foi un dos integrantes do colectivo Atlántica. Da súa obra destacan Caprino (1973-1974), Adán (1976-1977), Eva...

    VER O DETALLE DO TERMO