"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • de desprover.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de despulir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de tropa militar naval ou aérea que se separa da súa unidade para cumprir unha misión determinada. A súa importancia ten relación directa coa misión que se debe cumprir e coa entidade da unidade da que se separa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición de + o demostrativo neutro esto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que desapareza a tolledura dun membro e que recupere a súa mobilidade.

    2. Recuperar o movemento un membro tolleito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de estar torto.

    2. Desfacer a torsión de algo enrolándoo no sentido contrario ao da torsión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar aquilo que atragoa a gorxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta utilizada para aparafusar ou desaparafusar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista. Activo entre 1351 e 1362, sucedeu a Ferrer Bassa como pintor da corte catalanoaragonesa. Realizou os retablos da capela real do palacio da Almudaina, en Palma de Mallorca (1353-1358), e da capela real de Zaragoza (1358). O seu fillo ou neto, Rafael Destorrents , pintor e miniaturista documentado entre 1391 e 1425, realizou as pinturas do Missal de Santa Eulàlia da catedral de Barcelona (1403) e do perdido Missal dels Consellers para a capela da casa da cidade (1410).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacar a touca da cabeza.

    2. Desfacer o toucado.

    3. Desfacerse o toucado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi músico da corte de Luís XV e ocupou un posto na Académie Royale de Musique. Introduciu importantes innovacións harmónicas. Da súa produción destaca a peza Issé (1697) e ademais compuxo motetes, cantatas, ballets e óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Céline Louis-Ferdinand, licenciouse en Medicina en 1924 e principiou a súa andaina como novelista con Voyage au bout de la nuit (Viaxe ao final da noite, 1932). Despois de Mort à crédit (Morte a crédito, 1936), redactou algúns panfletos antisemitas, e en 1940 uniuse ao goberno de Vichy. Exiliouse e, á súa volta, comezou de novo a súa actividade literaria, coa que conseguiu o respecto da crítica esquerdista. As obras D’un château l’autre (Dun castelo ao outro, 1957), Nord (Norte, 1960) e Rigodon (1968) son, quizais, a manifestación máis patética e elocuente do seu nihilismo corrosivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe o Parti Libéral Constitutionnel Tunisien, como consecuencia da súa reivindicación dunha constitución (dustūr) para Tunisia. Constituíuse o 3 de xuño de 1920 e tiña como antecedente o Parti Tunisien (1.3.1920), herdeiro do Mouvement des Jeunes Tunisiens. Liderado polo xeque al-Ta’ālibī, que asumiu a presidencia o 21 de maio de 1921, adoptou un programa moderado de oito puntos fronte a Francia, entre os que se incluía a reivindicación do final do protectorado e da elaboración dunha Constitución. Foi desmantelado en 1925, pero reviviu durante a depresión económica do decenio de 1930. O movemento dividiuse máis tarde en dous grupos: os partidarios dun réxime democrático, que se integraron no Parti Socialiste Destourien, chamado Neodestour e fundado por Bourguiba no 1934, e os continuadores do espírito tradicionalista e panarabista. Foi ilegalizado en 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición de + o demostrativo estoutro(s), estoutra(s).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de destripar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de destronar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen destrúe.

    2. Embarcación de guerra de tonelaxe media, de entre as que compoñen unha escuadra, que destaca pola súa velocidade e armamento. Na súa orixe tivo o nome de destrutor de torpedeiros, porque se utilizaba para combater este tipo de navíos. Acadou moita importancia na loita de todas as mariñas de guerra, que o consideraban un barco superior ao torpedeiro. Gracias á súa velocidade, facilidade de manobra, potencia de artillería e capacidade para transportar un gran número de cargas de profundidade, foi o antisubmarino máis empregado durante a Primeira Guerra Mundial, aínda que o seu apoxeo tivo lugar na Segunda Guerra Mundial. Actualmente comparte coa fragata e a corveta as funcións antisubmarinas e aéreas, debido á súa maior potencia e tonelaxe (8.000 t). Entre as clases de destrutores de última xeración cómpre salientar a Arleigh Burke, Uss Constellation e DD21 Zumbalt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político. Foi membro dos Estados Xerais en 1789. Elaborou a doutrina da Ideoloxía, que procuraba a análise das ideas co fin de descubrir as sensacións nas que se baseaban. Escribiu Les éléments d´idéologie (Os elementos da ideoloxía, 1801-1819), que comprendía: Idéologie (Ideoloxía, 1801), Grammaire générale (Gramática xeral, 1803), Logique (Lóxica, 1805), Traité sur la volonté (Tratado sobre a vontade, 1815) e Commentaire sur l’esprit des lois (Comentario sobre o espírito das leis, 1819).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación ou sentimento de abandono ou desamparo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desvencellar ou desvencellarse.

    VER O DETALLE DO TERMO