"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Dedicouse ao estudo dos cambios químicos que se producen nos tecidos orgánicos expostos a radiacións con gran cantidade de iodos radioactivos, das glándulas tiroides e do metabolismo dos glícidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Política. Diplomada en Graduado Social, foi membro do secretariado comarcal da zona sur de Pontevedra da INTG e membro do consello nacional do BNG, agrupación pola que foi elixida deputada do Parlamento galego na cuarta (1993-1997), quinta (1997-2001) e sexta (2001) lexislaturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Matemático. Estudiou arquitectura e ciencias exactas na Universidad Central en Madrid. Foi profesor de aritmética, xeometría práctica e elementos de construción na Escola de Artes e Oficios da Coruña (1912) e catedrático de Matemáticas no Instituto Nacional de Ensino Medio da mesma cidade (1914). Dirixiu a revista Galicia Nueva e publicou traballos en revistas científicas tanto nacionais como internacionais. Foi membro da Real Academia Gallega (1925), institución da que foi secretario (1926-1936) e presidente (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Ferreira, formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e despois de xeito autodidacta. Os seus estudios de psicoloxía levárono a indagar sobre o impacto da cor no home e no medio ambiente. Realizou exposicións individuais nas principais cidades galegas e participou en diversas colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, o terceiro premio nacional do XVII Certamen de Artes Plásticas do ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, a súa obra caracterízase polos trazos enérxicos, as figuras esquemáticas e o traballo de tintas de cores sobre papel. Traballa con grandes formatos. Das súas exposicións destaca a realizada na Casa da Parra en 1992. Participou, entre outras mostras, na XXI Bienal de Pontevedra, na II Mostra Unión Fenosa (1991) e na Trienal Latina (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Xavier Ríos, a súa obra moveuse entre a dualidade da pintura e da escultura, do orgánico e do xeométrico, e do concreto e do abstracto, que lle permiten analizar o espazo e os seus elementos. Realizou exposicións en cidades galegas e participou, entre outras mostras, en diversas convocatorias de Novos Valores (Pontevedra), Bienal Pintor Laxeiro (Lalín), Certame de Pintura de Cambre, De Costa a Costa (Gran Teatro de La Habana, 1998), Arte e Solidariedade (2000) e Brétema (Pontevedra, 2001). Recibiu, entre outros galardóns, a Bolsa Novos Valores da Deputación de Pontevedra (1995), o I Premio de Esculturas Artistas do Morrazo (1997) e o III Premio de Pintura Salón de Outono da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1998). A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Deputación de Pontevedra, no Museo Ramón María Aller de Lalín, na Colección Caixanova e en Caja Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guionista e realizador cinematográfico. Comezou a súa relación co cine no Cineclub Aldebarán. En 1977 realizou a súa primera película, A Semente (Super 8) e, posteriormente, formou parte do Grupo Imaxe, co que realizou varios filmes, como Malapata (1980), de C. López Piñeiro. En1983, xunto con outros socios, fundou Video Trama, unha empresa dedicada á produción publicitaria e de vídeos, entre os que destacan Rock, Rock (1983), Pánico en las Falkland (1983), Veneno Puro (1984), Viuda Gómez (1985) e Sexo Macumba (1985). En 1987, xunto co produtor Pancho Casal, fundou Villaverde Asociados que, máis adiante, se converteu en Continental Produciones S A. Con esta empresa puxo en marcha o proxecto do que foi a súa primeira longametraxe, Continental (1989), unha das primeiras producións do cine galego comercial. En 1998 realizou a súa seguinte película, Fisterra. Onde remata o mundo, na que pretendía facer unha reflexión sobre o baleiro ideolóxico das novas xeracións e sobre a ausencia da figura...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e político. Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou diversos cargos públicos como alcalde de Ourense (1963-1970) e presidente da Deputación (1970-1973; 1976-1979). Presidiu o consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1989-1998) e foi presidente da Federación Galega de Caixas de Aforros.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. De tendencia liberal, foi detido pola Inquisición e encarcerado en 1816, cando estudiaba leis na Universidade de Santiago de Compostela. Trasladouse a Madrid e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1836-1837, 1837-1838, 1839-1840 e 1841-1842, nas que participou no proxecto da lei de imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiron dúas dinastías de emperadores romanos. A primeira estaba formada polos descendentes do centurión Tito Flavio Petro, que combateu xunto a Pompeio en Farsalia e contou entre os seus membros co Emperador Tito Flavio Vespasiano (69-79). Sucedérono á fronte do Imperio os seus fillos Tito (79-81) e Domiciano (81-96). A segunda dinastía Flavia, que non tiña relación coa primeira, era de orixe iliria e foi iniciada polo Emperador Constancio I Cloro (305-306). Sucedeuno o seu fillo Constantino o Grande (312-337), que fundamentou o réxime político do Imperio Romano na herdanza e no dereito divino, e declarou o cristianismo a relixión oficial do Imperio. Pertenceron tamén a esta dinastía Constantino II (337-340), Constancio II (337-361), Constante (337-350) e Xuliano o Apóstata (361-363).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da cidade do pobo dos baedos, segundo as fontes da Antigüidade clásica, e que algúns autores contemporáneos identifican erroneamente con Viveiro.
-
PERSOEIRO
Bispo de Lugo (880-923). Segundo o Flavianus Bracare Lugo episcopus arce foi tamén bispo de Braga e Oviedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (446-449). Excomungou o monofisita Eutiques sen informar o Papa León I, pero foi deposto polo Emperador Teodosio II, instigado por Dióscoro de Alexandría no Sínodo de Éfeso (449). Morreu camiño do exilio. Foi rehabilitado polo Concilio de Calcedonia. A súa festividade celébrase o 18 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora, condesa de Agoult. Baixo o pseudónimo de Daniel Stern escribiu novelas e escritos políticos de signo republicano como Lettres républicaines (1848) e Esquisses morales e politiques (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico. Foi pioneiro no emprego dos tubos de neon para crear ensamblaxes luminosas cunha concepción minimalista. As súas composicións baséanse nas liñas verticais, horizontais ou diagonais, e están compostas por tubos fluorescentes de distintos tamaños e cores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos pigmentos amarelos de natureza nucleotídica, que teñen normalmente como base nitroxenada a isoaloxazina. Presentan unha fluorescencia amarela-verdosa, e localízanse en moitos tecidos de animais vertebrados e de plantas, como a riboflavina. Forman tamén complexos con proteínas nos que as flavinas fan de grupo prostético, como o FAD e o FMN.
-
-
Relativo ou pertencente á dinastía Flavia.
-
Arte romana da época dos emperadores da primeira dinastía Flavia. Desenvolveron unha arquitectura práctica e de carácter social. Entre os principais monumentos construídos destacan o anfiteatro Flavio, inaugurado por Tito no ano 80 e coñecido dende o s VII como o Coliseo; o arco de Tito; o foro de Vespasiano; a domus Flavia no Palatino, iniciada por Vespasiano e rematada por Domiciano; e o foro Transitorium, iniciado por Domiciano e coñecido tamén como foro de Nerva, emperador que o rematou. A escultura caracterizouse polo realismo das imaxes dos emperadores e polos peiteados das mulleres. Polo que respecta ao relevo destacan os das paredes interiores do arco de Tito. No eido da pintura desenvolveuse o cuarto estilo pompeiano.
-
-
PERSOEIRO
Sofista grego. Coñecido como o Ateniense, foi profesor de retórica en Atenas. Trasladouse a Roma onde foi protexido pola Emperatriz Xulia. Das súas obras consérvanse Vida de Apolonio de Tiana e Vidas de Sofistas.
VER O DETALLE DO TERMO