"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MONTES
Monte que marca o límite entre a parroquia de Arcos (Mazaricos), e a de San Mamede de Carnota (Carnota). 492 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adrián VI.
-
PERSOEIRO
Papa (772-795). Para facer fronte ás ameazas do Rei longobardo Desiderio, demandou axuda de Carlomagno, que venceu a Desiderio e outorgou ao Papa a súa protección. A cambio, Carlomagno atribuíuse unha certa autoridade sobre os Estados pontificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (867-872). Convocou o Concilio IV de Constantinopla, VIII ecuménico (869-870), que condenou o patriarca Foci e rehabilitou a Ignacio. Aprobou a liturxia eslava.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Nicolás Breaskpear, único Papa inglés da historia (1154-1159). Negouse a recoñecer a organización republicana establecida en Roma por Arnaldo de Brescia ao que expulsou da cidade e condenou a morte no ano 1155. Nese mesmo ano coroou o Emperador Barbarrubia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Adrián Floriszoon, coñecido tamén, despois de ser elexido Papa, como Adrián de Utrecht (1522-1523). Antes, na Península Ibérica (1515) xestionara a cuestión da sucesión de Fernando o Católico en favor de Carlos de Gante, futuro Carlos I. Foi Bispo de Tortosa (1516-1522), Cardeal (1517) e Inquisidor Xeral da coroa catalano-aragonesa (1517-1522). Ordenou as primeiras disposicións inquisitoriais contra os luteranos (1521), a instancias do Papa León X. Nomeado Rexente de Castela (1520-1522), houbo de enfrontarse co movemento das Comunidades de Castela (1520-1521). En política exterior, unha vez elexido Sumo Pontífice, púxose do lado do Emperador Carlos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo. Foi profesor en Cambridge. Cómpre destacar entre as súas investigacións as que dedicou á fisioloxía dos sentidos, á electrofisioloxía e á actividade eléctrica do cerebro. En 1932 recibiu, xunto con Charles Scott Sherrington, o premio Nobel de Medicina polos seus traballos orientados ao coñecemento da función das neuronas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s III-IV) Na tradición cristiá, foi un oficial romano que recibiu orde do Emperador Maximiano de presidir en Nicomedia (Turquía) os martirios dos cristiáns. Impresionado da carraxe desta xente ante os tormentos sufridos, converteuse á fe cristiá e fíxose bautizar. Prendérono e levárono á cadea, onde sufriu moitas torturas ata morrer decapitado. Na mitoloxía galega, Adrián predicaba polas comarcas marítimas occidentais, daquela atestadas de serpes. Nunha destas, deu un forte golpe co pé no chan e abriu un burato polo que desapareceron todas as cobras, quedando encantadas baixo unha laxa (a Pedra da Serpe de Gondomil-Corme, tamén chamada Altar de Gondomil) na que apareceu esculpido un daqueles grandes ofidios. Outra lenda comarcal di que librou os habitantes dun tributo de nenos que a gran serpe esixía anualmente. Adrián, patrón de canteiros, mariñeiros e soldados, é dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII). En Malpica ten unha ermida fronte ás Illas Sisargas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Hadrianus, sobrenome dunha estirpe romana que procedía da cidade italiana de Hadria (á beira do mar Adriático); topónimo, á súa vez, de orixe probablemente etrusca. Outra hipótese remonta o seu étimo a un posible *Ariainn das linguas célticas (divindade ligada ao pastoreo e á agricultura). Santo Adrián (ss III-IV), patrono de canteiros, mariñeiros e soldados na mitoloxía galega, é titular de 17 parroquias e conta con varias celebracións: en Cambados o 16 de xuño, en Malpica o 18 dese mes e en Verea o 31 de agosto; a festividade do mártir é o 1 ou 4 de marzo ou o 26 de agosto; a do Papa o 8 de xullo; e a do ermitán, o 4 de setembro. Outras variantes deste nome son: Adrán; Adrao, Adriao (dialectais); Adriano (cultismo); Hadrián, Hadriano (variantes gráficas). Un Adrián de noso moi sonado é o Adrián Solovio, protagonista da novela Arredor de si de Otero Pedrayo e símbolo dos homes do chamado Cenáculo Ourensán...
-
VER O DETALLE DO TERMO
ila palaciana monumental que fixo construír (117-138) en Tívoli (Lacio) o Emperador Adriano. Considérase unha das grandes obras de arquitectura civil do Imperio Romano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adrián.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación militar construída ao N da Britania baixo as ordes do emperador Adriano (122-127). Estendíase dende o esteiro do Tyne ata o golfo de Solway, coa finalidade de protexer a Britania romana das incursións procedentes de Escocia.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (117-138) da familia dos Antoninos. Parece que foi adoptado por Traxano. Deixou as conquistas deste en Oriente e organizou o Imperio. Fortificou os limes en Xermania e en Britania (muro de Adriano) e amurallou Roma. Aínda que se ocupou das deidades locais construíu, en Xerusalén, un templo para Xúpiter que provocou a revolta dos xudeus. Favoreceu a Atenas con bibliotecas e co templo de Zeus Olímpico; así mesmo, estableceu en Roma o Ateneo. Erixiu as estatuas dedicadas a Antinous. Adoptou a Tito Aurelio Antonino, futuro Emperador Antonino Pío.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo da cidade de Edirne, Turquía, onde en 1829 se asinou o Tratado de Adrianópole, que deu autonomía a Grecia, Serbia e ás provincias romanesas verbo do Imperio Otomano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manobra pola que desaparece ou diminúe o pulso radial, no caso dunha comprensión da arteria subclavia.
-
-
Administración encargada de percibir os dereitos establecidos sobre certas mercadorías na entrada e saída do territorio dun estado ou impedir a circulación de produtos prohibidos. A aduana cumpre unha dobre función: é un instrumento de política económica e unha fonte de ingresos públicos. Dentro do ámbito da Unión Europea, existe un mercado interior, vixente dende o 1 de xaneiro de 1993, caracterizado pola supresión, entre os estados membros, dos obstáculos á libre circulación de mercadorías, é dicir, entre estes suprímense os dereitos de aduana e as restricións cuantitativas na entrada e saída das mercadorías.
-
Oficina dunha aduana, situada normalmente nas fronteiras, portos e aeroportos para controlar a circulación de persoas e mercadorías.
-
-
-
Acción propia dos nenos que pode causar prexuízos.
-
Acción feita con maldade ou engano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistrar na aduana.
-
-
Relativo ou pertencente á aduana.
-
Funcionario de aduanas.
-
Que actúa con engano, trampa ou acostuma murmurar doutros.
-
Neno que anda enredando e facendo falcatruadas ou aduanadas.
-
abelurio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos tres maiores fabricantes de microprocesadores para PC, entre eles os da serie K-6. Coñécese tamén pola sigla AMD.