"Arra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 638.
-
SEMANARIOS
Semanario editado en Vigo a partir do 6 de abril de 1912. Cesou a súa edición o 8 de novembro de 1813. Fundado por Xosé Carbonell e dirixido por Francisco Curty Martínez, a súa tendencia e contidos eran anticaciquís. Foi o voceiro oficioso da Liga de Defensores de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Atentado frustrado contra Afonso XIII acaecido durante a viaxe de volta a Madrid, despois da súa visita a Barcelona (6 de xuño de 1925). A policía descubriu a bomba colocada antes do paso do tren e detivo como autores a sete militantes de Estat Català, que foron amnistiados en 1930.
-
VER O DETALLE DO TERMO
asilla ampla, redondeada e co colo curto, xeralmente de vidro, barro ou metal, revestida de vimbios, esparto ou outros materiais similares, que se emprega para conter líquidos.
-
-
Garrafa grande.
-
Bebida alcohólica que ten as súas propiedades adulteradas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferida feita cun garrancho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte saínte e aguzada dunha rama cortada ou do tronco dunha árbore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quedar unha embarcación á garra por desprenderse ou non estar ben suxeita a áncora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Locomotora de vapor articulada, con dous grupos de eixes motores situados en chasis independentes e coa reserva de auga e a de carbón repartidas unha diante da caldeira e outra na parte traseira.
-
PERSOEIRO
Escultor e ceramista. Foi autor de Experimentación de las pastas cerámicas para una práctica artística (1995). Realizou numerosas exposicións dentro e fóra de España e participou, entre outras colectivas, nas mostras Keramik Europas, na Feria Internacional de Múnic e no Foro Atlántico de Arte Contemporánea. Membro da Academia Internacional de Cerámica, recibiu entre outros premios a Medalla de Ouro no 46º Concurso de Cerámica da Faenza (1992) e o Premio Escultura Pública Paseo Abandoibarra de Bilbao (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. De tendencia romántica, colaborou en diferentes periódicos e publicou a novela El señor de Bembibre (1844).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da Comunidad Autónoma de Madrid e da provincia de Toledo, afluente do Tajo pola dereita (144 km). Nace na vertente meridional da serra homónima, preto de Cercedilla e ao pé do porto de Guadarrama. Desemboca no Tajo, preto de Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama (10.546 h [2001]). Destaca a gandería (bovino e gando lanar), a apicultura e as industrias relacionadas coa construción. Do seu patrimonio cultural destacan a Plaza Mayor e os edificios das Paneras Reales (1785).
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Macizo montañoso do Sistema Central, situado entre as serras de Gredos ao SO e a de Somosierra ao NL, e que atravesa a Comunidad Autónoma de Madrid e a provincia de Segovia. Culmina no pico de Peñalara a 2.469 m de altitude. Nela nacen os ríos Manzanares, Guadarrama e Eresma. Converteuse nun centro turístico e de deportes de inverno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doce coroas, entre outras a de Recesvinto e a de Suintila, e oito cruces visigodas, consideradas obxectos votivos, localizado en 1858 na vila de Guarrazar (Toledo). Está repartido entre o Museo Arqueológico Nacional e o Musée de Cluny de París.
-
-
Instrumento cordófono da familia dos laúdes. A caixa de resonancia ten forma de oito e prolóngase cun mango sobre o que hai unha peza de madeira ou diapasón, dividido, habitualmente, en dezanove compartimentos ou trastes. No centro da mesa harmónica hai un orificio circular. Normalmente, consta de seis cordas e a súa afinación, do grave ao agudo, é mi, la, re, sol, si, mi. Fernando Sor e Mauro Giuliani foron dous dos máis influíntes compositores de música para guitarra e o fundador da escola moderna foi Francisco Tárrega. No s XX destacaron como virtuosos Narciso Yepes, Andrés Segovia, David Russell, Manuel Barrueco, Álvaro Pierri e Paco de Lucía. Entre os compositores para guitarra destacaron Joaquín Turina, Joaquín Rodrigo e Heitor Villa-Lobos.
-
ariedade de guitarra cunha sonoridade que se obtén amplificando electricamente as vibracións obtidas das cordas, en conexión cun altofalante ou máis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘galiña’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gulmarra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre austríaca orixinaria de Harruck, que se converteu en 1627 en condes imperiais e en 1861 en membros hereditarios do Reichstag austríaco. Entre os seus membros destacaron o conde Ferdinand Bonaventura von Harrach (1637-1706), ministro e embaixador do Emperador Leopoldo II na corte de Carlos II (1673-1680 e 1693-1698), e o seu fillo Ludwig von Harach (?-1742), embaixador na Corte de Carlos II (1698-1700) e vicerrei de Nápoles (1728-1733).
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Gipuzkoa, Euskadi (4.208 h [2001]). A industria papeleira, metalúrxica e de plástico é a principal actividade económica do municipio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Aprendeu o seu oficio en Madrid, na imprenta do seu tío Marín. En 1735 fíxose cargo da imprenta da Universitat de Cervera, axudado polo seu irmán Joaquín. O primeiro libro impreso foi Heroica vida de D. Francisco de Queralt (1736), de M. Conill, e en breve tempo destacou pola altísima calidade dos seus traballos, o que o levaron a ser unha referencia na Península Ibérica. Ao falecer, a súa viúva María Antonia Cous Benedicto seguiu o negocio familiar e asinou os seus traballos como María Antonia Ibarra.
VER O DETALLE DO TERMO