"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

      1. Acción de contestar.

      2. Aquilo que se contesta ou os termos cos que se contesta.

      3. Resposta, ás veces violenta, que dá unha persoa que está en desacordo con algo.

      4. Manifestación de rexeitamento contra algunha cousa.

      1. Acto de comparecer nun xuízo para responder as demandas da outra parte.

      2. contestación á demanda

        Acto procesal no que a parte demandada, dentro do prazo establecido, contesta á acción do demandante, aceptando ou rexeitando os alegatos de feito ou dereito contidos na demanda. No tocante á forma que debe revestir, a lei equipáraa á da demanda.

    1. Actitude de enfrontamento coas estruturas e as ideoloxías dominantes nunha sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen contesta.

    2. Dispositivo conectado ao teléfono ou servizo telefónico que lle permite escoitar ao comunicante unha mensaxe gravada previamente e deixar rexistrada a súa propia mensaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos contestanos.

    2. Individuo do pobo prerromano peninsular dos contestanos.

    3. Pobo da Hispania prerromana, probablemente ibero, que na época da conquista romana (fin do s III a C), ocupaba gran parte da actual provincia de Alacant e rexións das provincias de Murcia, Albacete e València.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dicir ou escribir algo en resposta ao que alguén dixo ou escribiu anteriormente.

      2. Emitir os animais os seus sons característicos en resposta a algo.

      3. Responder de forma verbal ou escrita unha pregunta que fai alguén.

    1. Rexeitar enerxicamente ou non estar de acordo con algunha autoridade, acto de goberno, situación establecida, ideoloxía ou outro estado de cousas, especialmente incidindo na disconformidade cun acto de protesta.

    2. Dicir ou escribir a alguén como resposta ou comentario a unha pregunta, chamada ou expresión anterior.

    3. Actuar dunha determinada maneira en resposta á actuación de alguén.

    4. Amosarse disconforme ou opoñerse a aquilo que se ordena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen rexeita sistematicamente ou está en desacordo co sistema establecido e non se integra nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que testemuña o mesmo que outro ou outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo groso que lle axuda ao estai a soster o pau ou o mastro tirando del cara á proa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Suboficial da mariña de guerra que ten coidado das cuestións referentes á conservación do barco, manobra e mariñeiría.

      2. Persoa encargada de dirixir o traballo a bordo dun navío.

    1. Persoa que ten coidado do funcionamento dunha máquina ou dunha sección dun obradoiro ou dunha fábrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prestación coa que cada parte contratante corresponde á outra parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anular os efectos dunha forza, dunha acción, etc, mediante outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito que contradí un testemuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aumento da cantidade de sangue dun órgano ou dunha rexión orgánica. Denomínase activa cando se debe a un aumento do fluxo arterial e pasiva cando se debe a unha estase venosa.

      2. conxestión pulmonar

        Proceso agudo de tipo pneumónico no que, amais dun aumento da cantidade de sangue na rexión pulmonar, se produce unha inflamación alveolar.

    1. Obstrución orixinada por unha afluencia excesiva de persoas ou cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir unha conxestión a alguén ou a algunha cousa.

    2. Sufrir unha conxestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á conxestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito do Océano Pacífico que separa as illas do norte e do sur de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba coa que se avalía a capacidade de resistencia aeróbica e o estado de forma en xeral. Consiste en correr de xeito continuado sen paradas durante 12 minutos. Extrapolando a distancia percorrida en función do peso corporal, a idade e o sexo da persoa examinada, pódese obter o volume máximo de osíxeno que o organismo do individuo pode transportar nun minuto. O método deseñouno Kenneth H. Cooper na década de 1960, cando era instrutor das forzas aéreas dos EE UU. Pretendía comprobar a eficacia do adestramento aeróbico dos seus alumnos cun método sinxelo que non requirise moito persoal e demasiados recursos materiais. Despois de que en 1970, o seu inventor abandonase a carreira militar, o método difundiuse por todo o mundo e converteuse nunha das probas físicas máis empregadas nos exames de ingreso e capacitación para o desenvolvemento de actividades profesionais ou deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e crítico dramático francés. Coñecido como Coquelin cadet, estudiou no Conservatorio de París, onde obtivo o primeiro premio da comedia en 1867. Incorporouse sucesivamente ás compañías teatrais de L’Odeon, ao teatro de variedades (1875-1876) e á Comédie Française (1868 e 1879-1908). Interpretou múltiples personaxes, entre eles Monsieur de Pourceaugnac, Monsieur Jourdain e Argan, de Molière, e Fígaro, de Beaumarchais. Publicou os ensaios L’art de dire les monologues (A arte de recitar monólogos, 1884) e Le rire (A risa, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral formada por un grupo de pais de alumnas do colexio da Compañía de María de Cangas, coa colaboración de José Pena Collazo. Integrante da Federación Coral Galega (FECOGA), fixo a súa presentación en Lugo no ano 1974 co gallo da IV Asemblea de APAs dos colexios da Compañía de María. O seu repertorio abrangue obras do clasicismo, renacemento e música contemporánea, así como pezas populares galegas. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Ponferrada, Mérida, Zaragoza, Girona, Barcelona, Avilés, Santillana del Mar, Canarias e Lisboa) e participou no Festival Intercéltico de Lorient e na Temporada XIII Musical, organizada pola Agrupación Musical Toledana. Da súa discografía destaca Homenaxe a Castelao (1986) e Polifonía en Cangas (1988). Entre outros galardóns, obtivo o II Premio Bimilenario de Lugo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ingresou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión General de Trabajadores (UGT) en 1973 da man de Nicolás Redondo. Polo seu contacto cos Altos Fornos de Bizkaia, foi o organizador do sector do metal do sindicato, e secretario de Organización da Federación Sindical Socialista ata 1985. Foi deputado por Bizkaia en 1982 e por Burgos en 1993. No XXXI Congreso socialista (1988) conseguiu a secretaría de Política Institucional e, no mesmo ano, foi ministro de Interior como substituto de José Barrionuevo. Desde este posto propuxo unha nova Lei de Seguridade Cidadá (Lei Corcuera), que foi rexeitada polo Tribunal Constitucional en 1993 por excederse nos límites constitucionais referentes á privacidade legal. Neste ano dimitiu no seu posto pero continuou co seu labor dentro do partido.

    VER O DETALLE DO TERMO