"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • REXIÓNS

    Rexión de Asia central fronteiriza polo S con India, Nepal e Bhutan que constitúe actualmente un zizhiqu de China (1.200.000 km2; 2.620.000 h [2000]). A súa capital é Lhasa. Está constituído por un vasto altiplano setentrional, o máis alto e o máis extenso do mundo (con altitudes de 5.000 m), rodeado de altas cordilleiras como o Altin Tagh e o a Nan Shan ao N, o Karakorum ao O, o Himalaia ao S e as montañas de Sichuan ao L. O clima é continental e rigoroso, influído pola altitude, e as precipitacións son escasas. Nos vales periféricos do S e o L nacen os ríos Indo, Brahmaputra, Mekong, Salween, Iang-Tsé e Huang He. Predominan as concas pechadas, que dan lugar a numerosos lagos, a maioría salgados. A vexetación, moi rica no val do Brahmaputra, ten carácter polar ou desértico nos relevos e nas concas do centro. A poboación, escasa, concéntrase no SL. A actividade principal é a gandaría seminómade de ovellas, cabras e cabalos, que proporcionan carne, leite...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao Tíbet, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante do Tíbet.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo tibetano.

      2. Individuo do pobo tibetano.

      3. Pobo de etnia mongola, con notables diferenzas étnicas segundo as rexións, que habita na rexión autonóma do Tíbet e en boa parte das provincias chinesas de Sikang, Quinghai e Sinkiang, no Ladākh e no Sikkim (India), en Nepal setentrional e en Bhutan.

    1. Lingua do phylum sino-tibetano que falan os tibetanos. Presenta numerosas variacións dialectais. De estrutura monosilábica, son característicos os diversos niveis de tonalidade e a variedade de formas honoríficas segundo a posición do interlocutor. A escritura e a gramática foron elaboradas no s VII por T’on-mi Sam-bho-ṭa a partir da escritura india. Usan a escritura alfabética horizontal, de esquerda a dereita, e de puntuación intersilábica, e consta de 30 consoantes e 4 vogais.

    2. Literatura cultivada en lingua tibetana. Eminentemente relixiosa, segue dous modelos ben definidos: o da India, para as obras de carácter ético e filosófico, e o de China, para as obras históricas. As primeiras obras de relevo (dos ss VII e VIII) son traducións do canon búdico, compiladas posteriormente (no s XIII) co nome de bKa’-’gwur, cuxos comentarios filosóficos formaron o bsTan-’gyur.

    3. Arte musical cultivada no Tíbet. Tivo influencia chinesa, india, árabe e indonesia, e os instrumentos máis característicos son unhas trompas xigantes e outras constituídas con ósos humanos. A percusión consiste especialmente en timbais e címbalos. Os cantos búdicos son homófonos, coa participación de campás, e ademais de culto do templo, destacan as danzas de máscaras, C’am; os cantos de traballo, t’on-skad, e as cancións con danza, glu-gar.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transferible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que atravesa Siberia.

    2. ía férrea que atravesa Siberia. Forma unha ampla rede que une Moscova con Vladivostok (9.000 km), penetra en Corea onde chega ata Pusan pasando por Seúl, e tamén chega a China ao cruzar Mongolia, onde enlaza coa rede ferroviaria chinesa. Foi proxectado en 1850 e a súa construción comezou en 1891.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transmisible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Período da historia de España (marzo de 1820-setembro de 1823) en que estivo vixente un goberno constitucional, establecido tras a aprobación da Constitución de 1812 por Rafael del Riego en Cabezas de San Juan, o 1 de xaneiro de 1820. O 9 de marzo, o Rei Fernando VII tivo que xurar a Constitución e axiña se formou o goberno Pérez de Castro-Argüelles e se reuniron as Cortes, formándose ademais dous partidos: o dos moderados, e o dos exaltados, partidarios da radicalización da revolta de 1820. As primeiras medidas tomadas foron orientadas cara á desamortización e a reforma das ordes monásticas, a supresión de morgados e vinculacións ou a formación de concellos constitucionais. O 1 de marzo de 1821 reuniuse a segunda lexislatura, da que xurdiu o ministerio Bardagí-Feliu, que se reorganizou ao final daquel ano como consecuencia da axitación provocada polo asasinato do capelán absolutista Matías Vinuesa y López de Alfaro. Logo dun intento de golpe de estado da garda real, en 1822 Evaristo San...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trienio Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político malgaxe. Foi deputado da Assemblée Française (1956-1959) e fundou o partido socialdemócrata (1956), de signo conservador e profrancés. Foi presidente de Madagascar en 1960, cargo para o que foi reelixido en 1965 e en 1972. Levou unha política pro-occidental e antimarxista, e foi derrocado en 1972 por unha revolta popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ultrasensible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político español nacido da alianza electoral concertada entre algúns moderados e progresistas a raíz da Revolución de 1854. Gobernou entre 1858 e 1863 e entre 1865 e 1866, baixo a presidencia de L. O’Donnell e F. Serrano, desde 1867 e participou na Revolución de 1868. A maior parte dos seus afiliados seguiron a Cánovas cando este fundou o Partido Conservador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro (desde 1923) e dirixente (desde 1927) do Partido Comunista Español e director de Mundo Obrero, desde o ministerio de Agricultura (1936-1939) propugnou a reforma agraria. Exiliouse en 1939. Foi autor de El problema de las nacionalidades en España a la luz de la guerra popular por la independencia de la República Española (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Presidente de Colombia desde 2002, foi secretario xeral do ministerio de Trabajo (1978), director da Aeronáutica Civil (1980-1982), alcalde de Medellín (1982), gobernador de Antioquía (1995-1997), onde puxo en práctica o modelo de estado comunitario, que defendía a participación cidadá nas decisións fundamentais do estado, e senador (1986-1990 e 1990-1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical dedicado á canción social e de protesta que naceu en Santiago de Compostela en maio de 1968, coincidindo co inicio das mobilizacións estudantís. Constituído inicialmente por Xavier del Valle, Benedito García, Xerardo Moscoso, Vicente Araguas, Miro Casabella e Guillermo Rojo, tamén formaron parte do grupo Tino Álvarez, Xaime Barreiro Chuspe, Bibiano Morón e Suso Baamonde. Interpretaban textos de autores como Celso E. Ferreiro, Lois Diéguez, Alfredo Conde, G. Rojo ou V. Araguas, cun marcado carácter reivindicativo, polo que foron censurados e perseguidos polo Franquismo, e colaboraron con destacados intépretes da época. Da súa discografía destaca Cerca de mañana (1972), en que participou, entre outros, L. Llach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia lingüística do phylum amerindio que inclúe o grupo xe, caribe, pano e mataco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos xibelinos.

    2. Membro dunha facción que na Idade Media era partidaria da política dos emperadores do Sacro Imperio Romano-Xermánico da dinastía Hohenstaufen. Contraria aos güelfos, que eran partidarios do papado e da independencia italiana, asumiron o poder en cidades como Luca, Pisa, Siena, Modena, Rimini, Pavia ou Cremona.

    VER O DETALLE DO TERMO